A Xunta Local do Partido Popular propón a Argimiro Marnotes como candidato á alcaldía para as vindeiras eleccións municipais

30, Xullo 2010

(Redacción. Rocío Campos) A xunta local do Partido Popular de O Carballiño elixe a Argimiro Marnotes como cabeza de lista para as vindeiras eleccións municipais.O actual portavoz do PP no concello e Xerente de Xestur en Ourense S.A foi nomeado por unanimidade candidato á alcaldía de O Carballiño para as vindeiras eleccións municipais nunha reunión celebrada na sede Local do Partido Popular. Argimiro Marnotes "recolle con responsabilidade a confianza que o Partido está a poñer nel", pero asegurou que "terá que dar un salto importante para conquerir a alcaldía que xa fai 14 anos está en poder do PSOE". Unha suma de esforzos por parte de todo o Partido, xunto co apoio dos votantes axudarían según os populares a conseguir o éxito nas vindeiras eleccións municipais.

A partir deste momento, o Partido Popular en O Carballiño, cunha xunta local renovada por medio dun congreso e con Argimiro Marnotes elexido como candidato á alcaldía, "está en disposición de traballar nun programa e na elección de persoas que lideren un proxecto político pensado no valor máis importante que ten o pobo, que son as persoas, pero sempre sen deixar de traballar durante os meses que quedan de mandato nas tarefas de oposición"