A Xunta podería anunciar de forma inminente que renuncia á planta incineradora do Irixo

8, Agosto 2012

Fontes coñecedoras da situación aseguran que a decisión podería facerse oficial nos próximos días e apuntan a que por parte da Xunta anunciaráse que descarta definitivamente o poroxecto da planta incineradora no Irixo.

Confirmariase asi a inviabilidade do proxecto promovido pola empresa Estéla Eólica e a súa renuncia a execución do mesmo.

Asi as cousas, todo apunta a que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras apostará pola ampliación da planta de Sogama na localidade de Cerdeda. Para elo, necesitaría modificar o Plan de Residuos de Galicia.

Non obstante o Alcalde do Irixo, Manuel Penedo, asegurou a esta emisora de radio que descoñecía esta decísión e que tampouco tiña coñecemento de que a empresa promotora renunciara ao proxecto.