A Xunta subvenciona melloras na praza de abastos, cun orzamento de 125.844 euros

28, Xullo 2015

O proxecto -informa o Partido Popular- xa fora consensuado cos praceiros por parte do anterior grupo de goberno.

Inclúe a mellora da accesabilidade, a automatización das portas de entrada, obras de contrucción do falso teito, pintura, asi como modernización da instalación eléctrica e nas persianas dos locais.

A Consellería de Industria destina a este proxecto 88.000 euros, mentres que o concello deberá aportar 37.844. A mairoes, a consellería achega 3.000 eruos para a promoción da actividade comercial dos praceiros.