A Xustiza estima demandas dos Auxiliares de Policia Local recoñecendo a súa condición de traballadores indefinidos

5, Abril 2017

 Auxiliares de Policia que os últimos anos foron contratados polo concello carballiñés por medios de subvenciós concedidas para esta finalidade pola Xunta de Galicia consiguen agora mediante sentencia xudicial que se recoñeza a súa condición de traballadores indefinidos discontinuos.

Xa son dúas as sentencias neste sentido, do Xulgado do Social nº 2 de Ourense, que estiman as demandas interportas por Auxiliares da Policia Local do Carballiño e condenan ao concello do Carballiño a recoñecer a estes traballadores como indefinidos discontinuos con antiguidade dende o mes de Xullo de 2011.

O alcalde Francisco Fumega recoñeceu no transcurso dunha internveción nesta emisora de radio que estas sentencias comprometen seriamente a contratación de Auxiliares de Policia para este ano 2017.

Fumega dixo que o concello do Carballiño recurrirá estas sentencias, pero no caso de que non prosperen os recursos, o concello poderíase  ver obrigado a renunciar á contratación de Auxiliares de Policia, o que agravaría a precariedade do servizo tanto no verán como nos meses posteriores.