Opinión

Gardar os cartos no colchón

Debo recoñecervos de antemán que esto da macroeconomía supérame, e que non deixa de ser unha osadía pola miña parte meterme neste lío. Pero con tanto falar últimamente da crise económica, despértaseme a curiosidade por entender, e tamén o atrevemento a arriscarme con estes temas.

DE CREENCIAS E SAETAS VAI O CONTO

Francamente que decepcionada se sinte unha cando non se lle da o mesmo trato a todos os veciños do pobo. Decepción cando abertamente se fan distinccións ben por cor polítia ou ben por creencias relixiosas como é iste o caso. É unha magoa que, non se fagan estas distinccións a hora de solicitar mesmo rogar nalgún caso o voto, porque si se fixera, máis dun partido non recibiría nin a cuarta parte dos votos que no seu día levou.

De muros, muriños e muretes

Cando no ano 1989 unha marea de ilusión derrubou o muro de Berlín, algúns ilusos ou utópicos deixámonos inundar da esperanza dunha Europa sen fronteiras, dun mundo sen barreiras…Sabiamos de outros muros, Xibraltar, Ceuta, Melilla, Guantánamo…confiabamos que xa lles chegaría a súa hora. Ahora os israelitas constrúen un novo muro en Gaza e tomamos conciencia de que hai unha morea de barreiras e muros, de razas, de relixións, de ideoloxías,  de sexos…Sería moi longo de explicar e non collería neste humilde artigo. Só vou opinar dos muros físicos e próximos.

O noso amigo Carliños

Xa vos teño falado algunha vez de Carliños, e os que me teñades escoitado xa sabedes que non me refiro a Carlinhos Brow, persoa á que admiro, non xa como artista, senon pola gran laboura social que desenvolve nas favelas de Candeal.

            Este Carliños é un canciño, de raza indefinible, que ten por nome propio Charly, pero a min, como se me da por ser antianglosaxón, galeguízolle o nome. El non debe tomalo moi ben, Charly resultaralle máis acorde cos novos tempos educativos, e cando lle chamo Carliños, mantense teso, mira para outro lado e fai que non me escoita.

TODO O QUE NOS FALTA

A verdade é que, canta razón ten o veciño ou veciña que me chama a atención por pretender ter acceso fácil e a bó prezo das novas tecnoloxías no noso rural, cando onde él vive, ainda hai veciños que non dispoñen de saneamento. Pero tamén é verdade que parece tan inverosímil que a estas alturas o noso rural non esté debidamente preparado, alomenos nas zonas de fácil acceso, que me esquezo dese tipo de reclamacións, e non debería.

2010

Aproveito este espazo para desexarlle a todos e todas un bó ano 2010.

Sen querer caer nos tópicos, son sincera cando o que máis desexo para os vindeiros meses é que non falte traballo en ningún dos fogares, que haxa saúde e que non lle falte axúda para quen a precise.

Que se cumpran os vosos desexos, e sinon todos, a maioría.

ANO NOVO...VELLOS PROXECTOS

Xa pasadas as Festas do Nadal, fin de Ano e os Reis, o que nos queda é poñer en marcha todos eses proxectos que nos veñen a cabeza é a alma cando rematamos un ano. Que si deixar de fumar, facer deporte, perder peso, facer un cursiño....etc. Pero, porque casi ningún de nos se plantexa seriamente rematar todo aquelo que ven deixando a medio facer dende hai tempo? O mellor un bó plantexamento sería non facer novos proxectos ata non haber rematado os que só se quedaron niso, en proxectos.

O IMPORTANTE

Quen sabe, si quizais un dia destes, tomaremos en serio as labores de cada un de nós, e lle concedamos importancia o que realmente a ten. Resultase que, dun tempo a esta parte, nos preocupa máis barrer diante da porta dos outros, sen mirar ou sin querer ver o que hai diante da nosa, e iso, é malo para todos. Deixemos de preocuparnos polo que fan ou fixeron, miremos para diante e busquemos solucións rápidas e eficaces para que a Capitalidade Comarcal sexa un referente en canto a todos os beneficios que tanto os que viven nela como os que a visitan ben amiudo, ben de pasada, poden atopar.

O CONTO DO LEÓN

Fillo dun estibador portuario, de profesión Garda Civil. E contoume o chiste do león. ¿Querédes que vo-lo conte?   Partamos do feito incostestable de que un león pode comer a calquer individuo da especie humana nun espacio relativamente curto. E incluso dixerilo. Aínda que acostuman a deixar algunhas sobras para que as aproveiten os carroñeiros de turno.

Coñecín a esta persoa nunha cea, e explicoume o conto, ou máis ben parábola do león. Non me esforcei en falarlle do Sansón Bíblico, nin do cristianismo nos anfiteatros romanos.

Escoiteino.

Estudar ¿ para qué ? Sr. Rajoy

Tempo atrás  nun programa de Tv facianlle diversas preguntas ó canditato do PP ó candidato á presidencia do goberno  reino de España. Unha determinada pregunta facía referencia ó nivel do noso sistema educativo. O Sr. Rajoy, falou de que na educación  debese recuperar o espirítu de sacrificio. E estou dacordo. Dixo que non se podía pasar de curso con catro asignaturas suspensas. E estou dacordo. Falou do imprescindible sentido da autoridade que se está perdendo na educación.

Páxinas