Deportes

12, Outubro 2019

O Arenteiro sumou un punto na súa visita ao campo do Poboado de As Pontes, nun partido xogado na tarde deste sábado ante apenas 150 afeccionados, que viron como o seu equipo -As Pontes- conseguía o primeiro punto da tempada no seu campo, mentres os verdes confirmanse como o rei do empate neste inicio de liga.

Puxeronse os locais moi pronto cunha ventaxe de dous goles no marcador, pero a partir de ese momento viñeronse abaixo, o que aproveitou o Arenteiro para darlle  a volta ao resultado,  en apenas 20 minutos e desta maneira irse ao desncanso cun favorable 2-3, remontando o partido con goles do debutante Wadir, Jony e Fajardo. 

Na segunda parte o Arenteiro non soupo manter a ventaxa ante un equipo que estaba tocado anímicamente e deixouse empatar o partido no minuto 77,co 3-3 que sería xa o resultado final. 

As Pontes: Paco, Berto (David Pájaro, min. 75), Óscar Rivas, Dani, Álex Cabarcos, Quique (Álex Sánchez, min. 65), Gonzalo, Fidi, David García (Cambón, min. 65), Rubén Pardo y Carlos López. 

Arenteiro: Rui, Iago, Oca, Toño (Padrón, min. 46), Ross, Fajardo,  Manu, Albertito,Javi  Rey (Mitogo, min. 81), Wadir y Jony (Ricar, min. 59). 

Goles: 1-0: Carlos López (min. 12); 2-0: Quique (min.24); 2-1: Wadir (min.25); 2-2: Jony (min.39); 2-3: Fajardo (min.44); 3-3: Rubén Pardo (min.77).

Árbitro: Figueiredo Comesaña. Amonestou por As Pontes a David García e Álex Sánchez. E mostrou carton amarelo polo Arenteiro a Manu, Fajardo e expulsou a Ross por doble cartón amarelo co tempo regulamentario xa cumplido, no minuto 90.

6, Outubro 2019

Por fin, o sétimo partido do curso foi o da vencida para o Arenteiro, derrotando por 2-1 ao Estradense en Espiñedo nunha tarde na que o mellor foi o resultado e o tempo, practicamente veraniego que trouxo ata O Carballiño a un numeroso grupo de seguidores do equipo da Estrada.

Tras unhos minutos inicais de tanteo por ambos equipos, sen nada reseñable, os verdes atinaron a adiantarse no marcador no minuto 24 cunha boa triangulación en ataque que culminou Javi Rey co primeiro gol da tarde, apenas 6 minutos despois  Joni aproveitouse dun erro defensivo do Estradense para poñer o 2-0.

Tardou pouco tempo o Estradense en meterse no partido, no m. 34  Borja Miguez recurtou a diferencia e asi se chegou ao descanso.

E tamén ao final dos 90 minutos, porque a segunda parte é desas que decimos que sobran, e que so o axustado do resultado mantén a emoción na grada, xa todo foi un querer en non poder por ambos equipos, que se viñeron abaixo físicamente.

Aínda asi, e consecuencia dos desaxustes defensivos en ambas áreas máis que por xogo, chegaron un par de ocasións por cada bando, as do Arenteiro moi claras nas botas de Mitogo, pero o marcador non se moveu, e a afección local agradeceu cun suspiro de alivio o pitido final do árbitro.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614719&cod_acta=614719

29, Setembro 2019

O mellor, que un empate fora da casa sempre é positivo, e sobre todo o regreso de Mitogo que reaparecía nove meses despoís da súa grave lesión e deixou boas sensacións nos minutos que desputou.

E tamén pode verse como positivo que o Arenteiro logrou marcar un gol despóis de 460 minutos sen facélo, aínda que fose de penalti, maxistralmente lanzado por Fajardo.

Foi o gol do empate, no minuto 71, antes -10 minutos antes- os locais adiantáranse no marcador nunha xogada que comezou cunha perda de balón do Arenteiro.

O pior, que foi un partido pésimo, sen apenas ocasións, e practicamente sen tiros entre os tres paus en ambas porterías, proba delo é que o meta local pasou inadvertido e Rui tan só tivo que intervir para desviar a córner un cabezazo do dianteiro local Pedrosa.

Resultado xusto para un partido carente de emocións, ambos equuipos igual de inoperantes de medio campo para adiante. 

Unha mágoa, porque despóis do empate de Fajardo os ourensanistas quedaron completamente groguis no campo, pero o Arenteiro non soubo aproveitarse.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: 

http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614709&cod_acta=614709

 

22, Setembro 2019

Partido con pouca historia o visto esta tarde de domingo no Estadio de Espiñedo, con apenas ocasións de gol en ambas áreas,  nin Arenteiro nin Polvorín foron capaces de facer mover o marcador.

Con este resultado, ambos equipos caen a postos de descenso cando van consumidas cinco xornadas, ainda que tanto Arenteiro como Polvorín son aínda equipos en construcción polos moitos cámbeos que tiveron en relación á tempada pasada, e ambos están chamados a escalar na táboa de clasificación conforme vaia avanzando a competición.

Eso si, o Arenteiro deberá resolver o problema que ten cara o gol, porque un único gol en cinco partidos está penalizando e moito a este equipo. 

No partido ante os lucenses apenas unha ocasión clara de gol, a de Joni na segunda parte, que so ante o porteiro do Polvorín cruzou demáis o balón e saíu fora.

Tamén os visitantes tiveron dúas ocasións para adiantarse na primeira parte, pero afortudamente para os intereses do Arenteiro, fallaron ambas.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614698&cod_acta=614698

15, Setembro 2019

Os verdes sairon goleados(3-0) do Baltasar Pujales de Bouzas, a pesar do prometedor inicio de partido o Arenteiro acabou encaixando máis goles nesta cuarta xornada de liga e en apenas 65 minutos de xogo que nos 270 precedentes das 3 primeiras xornadas.

Porque en efecto, aos 65 minutos o Rápido de Bouzas marcaba o terceiro gol da tarde deixando sen opcións a un Arenteiro que non foi capaz de marcar nin en superioridade, xa que o último cuarto de hora os locais xogaron con 10 futbolístas por expulsión dun dos seus defensas.

Pero, da mesma maneira que ata hoxe o equipo verde mostraba unha gran solvencia defensiva, na parte máis negativa do equipo está a dificultade para facer goles, completadas  as catro primeiras xornadas o Arenteiro cun solitario gol é agora mesmo o equipo menos realizador da categoria.

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614688&cod_acta=614688

15, Setembro 2019

O Sp. Carballiño goleou na Uceira a un flouxo Molgas, logrando asi a súa primeira victoria nesta tempada de estrea na primeira autonómica, mentres no Outeiro Grande Maside e Covadonga repartiron puntos nun partido no que sobresae o hat trick de Manu Bardelás.

Partido con pouca historia dun Sporting moi superior que xa ao descanso deixaba sentenciado o partido cun claro 4-0, na segunda parte que estivo protagonizada pola treboada que caeu nesta tarde de domingo no Carballiño, aínda marcaría outros 3 goles, ata chegar ao 7-2 final.

O Maside está véndose penalizado neste inicio de liga pola súa fraxilidade defensiva, e desta maneira pouca renda está sacando a súa gran bagaxe goleadora, xa que suma 7 goles en dous partidos. No desta tarde ante o histórico Covadonga, foi sempre por detrás no marcador pero un sensacional Manu Bardelás evitou a derrota empatando o partido a un minuto para cumplirse os 90 regulamentados.

9, Setembro 2019

O Arenteiro volveu mostrar a súa solvencia defensiva ante o Fabril Deportivo, e suma o seu terceiro empate consecutivo neste inicio de liga, repetindo o marcador de 0-0 da pasada xornada en Carballo.

Ante un visitante de luxo en Espiñedo, que decepcionou a moitos, os verdes deron a talla en defensa e poideron marcar nalgunha das ocasións das que gozaron no transcurso do partido. Unha mágoa.

Na primeira autonómica, o Sporting debutou na categoria con derrota no campo de Eiroás, nun partido no que a AD Covadonga venceu por dous goles a cero.

Pola súa parte, Ourense CF B e Maside ofreceron un recital de goles no campo de Oira, cun total de oito goles que se repartiron a partes iguais, deixando un 4-4 final no marcador que outorga aos masidaos o primeiro punto da tempada.

 

1, Setembro 2019

Os verdes consiguen arrancar un punto tras empatar sen goles no partido da segunda xornada do campionato nacional de liga de terceira división xogado ante o Bergantiños no campo das Eiroas de Carballo, que rexistrou unha flouxa entrada.

Crónica do partido en "La voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2019/09/02/bergan-estreno-casillero-solo-punto-frente-arenteiro/0003_201909C2C59923.htm

28, Agosto 2019

Tres equipos da Liga galega infantil, U.D Ourense, Ourense D.F., e E.F. Lalín, xunto ao equipo infantil de C.D. Arenteiro, que milita na Liga provincial, disputarán esta próxima fin de semana o XI Memorial Faustino José Pérez Sanmartín “Fusi”.

Os encontros terán lugar o sábado 31 no campo da Uceira e a final será en Espiñedo, cos seguintes enfrontamentos e horarios:

Sábado, 31.
10:30 h.: C.D. Arenteiro-U.D. Ourense.
12,15 h.: Ourense D.F.-E.F. Lalín.

Domingo, 1.
11:30 h. Final entre os equipos gañadores do sábado.

O evento foi presentado este mediodía nun acto celebrado no concello ao que asistiron a concelleira de Deportes, Silvia Baranda; o concelleiro e Vicepresidente de C.D. Arenteiro, Manuel Sotelo; o coordinador da Escola de fútbol, Raúl Nogueira, e Faustino Pérez, pai de Fusi.

Silvia Baranda recordou que coincidira co homenaxeado sendo tamén concelleira de Deportes e que por iso amosaba dun xeito especial o seu orgullo pola undécima celebración deste memorial.

Manuel Sotelo, en cualidade de coordinador do fútbol base de C.D. Arenteiro, agradeceu a participación dos equipos convidados e desexou que o torneo tivese un amplo seguimento da afección.

Raúl Nogueira explicou que, tras a participación na décima edición de equipos de Portugal e Galicia, vólvese ao torneo tradicional con catro equipos galegos. Ao respecto destacou a gran calidade e interese dos equipos participantes.

Finalmente, Faustino Pérez agradeceu aos organizadores este memorial, amosando o seu orgullo por comprobar como once anos despois Fusi segue sendo recordado no Carballiño.

25, Agosto 2019

O Arenteiro comezou a súa terceira tempada consecutiva na liga de terceira división empatando a un gol ante o Centro de Deportes Barco, nun partido igualado e que foi de máis a menos en intensidade, algo propio do inicio da competición para dous equipos que ademáis se presentan moi renovados en relación á pasada tempada.

Entrou mellor no partido o Arenteiro, pero foi o Barco quen se adiantou por medio do seu capitán Rubén Garcia ao transformar un penalti. Despois do gol, chegaron os mellores minutos dos valdeorreses no partido e certo desconcerto na defensa do Arenteiro, con dúas xogadas polémicas moi protestadas polos xogadores e afección barquense, xa que nun  contra un de David Alvarez co porteiro Rui, éste arrebatoulle o balón, pero entendían que o fixo fora da área, despois tamén protestaron un gol anulado a Ivi Vales por fora de xogo. 

Tamén volveu entrar mellor o Arenteiro tras a reanudación, e elo provocou boas ocasións ante a portería do Barco, nunha dela Iván logrou empatar o partido. O máis difícil estaba feito, pero a patir dese momento o partido foi perdendo ritmo e nin un nin outro equipo foron capaces de mover o marcador ata o pitido final.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:  http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614656&cod_acta=614656

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes