Deportes

24, Marzo 2013

O Arenteiro acabou por entregar un partido que ía gañando ata o minuto 74, unha derrota que complica aínda máis a situación na táboa clasificatoria dos carballiñeses e mingua considerablemente as aspiracións de salvación do descenso directo.

C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo ( Tacón, m.73 ), Carlos Escudero, Dabarca, Tazos, Gabriel ( Iago, m.88 ), Alex, Pablo Piñeiro, Martín ( Iglesias, m. 63 ), David Soares ( Bardelás, m. 80 ) e Prada.

O Partido: Con dúas partes claramente diferenciadas, na primeira sen que ningún dos dous equipos conseguise facerse co control do xogo e tampouco sen ocasións manifestas de gol, salvo unha xogada en cáda área, o Lalín desperdiciouna e aproveitouna o Arenteiro para adiantarse no marcador no minuto 41. Martín consigue por tesón levarse un balón que envia cara o centro da área onde David Soares remata sobre o porteiro do Lalín, no rexeite Prada non falla e adianta os carballiñeses. Na segunda parte os dezanos fixeronse progresivamente co control do centro do campo e pasaron a dominar claramente o partido, aínda que os 52 m. unha gran galopada de Pablo Piñeiro pudo servir para ampliar a ventaxa local  no marcador,  puxo un magnifico balón aos dianteiros carballiñeses pero nin Martín nin Soares, que rematou moi alto, souberon resolver. O Lalín seguía avisando, e tras ver como lle anulaban un primeiro gol por fora de xogo, aínda tería tempo para darlle a volta ao marcador con dous golazos nos minutos 74 e 91 de partido. Lamentablemente, o Arenteiro tirou o partido na segunda parte e os dezanos non perdoaron. 

20, Marzo 2013

O deportista do Ximnasio Taebek do Carballiño proclamouse sub-campión de España na categoria absoluta, a reservada para pesos pesados de máis de 87 kilos.

O campionato desenvolveuse na localidade de Oropesa del Mar, na provincia de Castellón, este pasado sábado 16 de marzo. O deportista carballiñés Cristobal Amoedo Losada formaba parte da delegación da Federación Galega de Taekwondo e conseguíu o subcampeonato na súa categoria, na que se impuxo o madrileño Adrián Cabo.

17, Marzo 2013

O Arenteiro logrou adiantarse moi pronto no marcador, faciao aos 10 minutos nunha xogada de intelixencia da dianteira carballiñesa cando David Soares en situación de fora de xogo quedase parado pero dando opción a Kennedy que, vindo dende atrás gaña en velocidade á defensa local e cruza coa esquerda ante a saída do porteiro do Valadares.

A partir de adiantarse no marcador os carballiñeses, que xogaban a favor do intenso aire que facía no campo da Gándara, souberon aguantar ben atrás, sen pasar por grandes apuros. Á media hora de xogo o partido poñíase un chisco máis de cara para o Arenteiro ao quedar o Valadares con 10 xogadores no campo por expulsión do seu gardameta, que víu a vermella directa por xogar coa man fora da área un balón de David Soares.

Logo de comezar a segunda parte, aos 5 minutos, o árbitro volvía equilibrar aos dous equipos expulsando a Kennedy, que caeu na trampa das continuas provocacións dos xogadores locais. Os minutos ían transcurrindo e o Arenteiro non pasaba or situacións comprometidas, mentres que á contra tivo aínda un par de ocasións para incrementar un resultado que, polos méritos de unhos e outros pode considerarse xusto.

O mellor, evidentemente os 3 puntos que lle permiten ao Arenteiro seguir con opcións de salavarse do descenso. O pior, a expulsión de Kennedy, que será sancionado e a lesión de Tazos, que se suma a xa ampla lista de baixas no equipo. E o domingo outro partido decisivo ante o C.D. Lalín.

10, Marzo 2013

A victoria ante o Unión Grove mete ao Arenteiro na loita para salvarse do descenso, tras os 3 puntos ante os grovenses queda antepenúltimo  na clasificación, aínda que agora a tan só 4 puntos do Verín C.F., o equipo que marca a liña para conservar a categoria, polo menos para librarse do descenso directo.

C.D. Arenteiro: Pachi, Xurxo, Gabriel, Carlos, tazos, Alex (Iago), Pablo Piñeiro, Kennedy, Prada (Bardelás), David Soares (Martín) e Marcos Sotelo (Tacón).

O Partido: Polo menos emoción non lle faltou a un encontro no que os xogadores de ambos equipos tiveron que facer un esforzo físico extra polo lamentable estado do campo de Espiñedo, moi tocado pola chuvia, emoción polo marcador e a importancia dos puntos en xogo nun partido no que houbo atá 3 penaltis, dous a favor do Arenteiro. O primeiro aos 10 minutos sobre David Soares, que Kennedy desperdicia lanzando o balón fora. Aos 36 minutos o árbitro decreta un novo penalti na área visitante, esta vez sobre Kennedy, que transforma Tazos adiantando aos verdes. Xa na segunda parte, aos 66 minutos trallazo de Alex dende 25 metros directamente á escadra da portería do Grove, inalcanzable para o porteiro. Cando o partido parecía definitivamente resolto volve a incertidume tras marcar os visitantes de penalti, cometido por Iago, que víu a vermella directa nesa xogbada, corría o minuto 82 e o Arenteiro quedabase con 10 xogadores, foi suficiente para aguantar o resultado atá o final.

3, Marzo 2013

Un gol en propia meta dos carballiñeses no minuto 22 fixo que os carballiñeses tivesen que encarar o partido co marcador en contra, que acabarían por ampliar os locais co tempo xa cumplido, no minuto 92.

O infortunio de Pablo Dabarca, que fixo o gol en propia meta, descompuxo a un Arenteiro que xa non foi quen de enderezar o rumbo do partido xogado no campo do Carballo da localidade de Atios, no municipio de Porriño, onde os verdes ofreceron unha bastante pobre imaxe. Os xogadores do Arenteiro reclamaron un penalti sobre Soares no minuto 73 de partido, que o colexiado pontevedrés Veiga Gómez non quixo ver na área do equipo local. Xa no tempo de desconto,  Fondevila facía o 2-0 defintivo. O Arenteiro perdeu a Iglesias no minuto 15 de partido, por lesión.

24, Febreiro 2013

Xa no tempo engadido, cando se xogaba o minuto 93 de partido, conseguiu o Arenteiro resolver ao seu favor o encontro de colistas desputado no municipal de Espiñedo, no que se enfrontaban o penúltimo e antepenúltimo clasificados. Providencial regreso ao equipo do dianteiro Iglesias que marcou os dous goles locais.

C.D. Arenteiro: Macía, Xurxo, Gabriel (Iago, m. 86), Carlos Escudero, Pablo Dabarca, Alex, Pablo Piñeiro, Marcos Sotelo (Tacón, m.89), Kennedy, Iglesias e David Soares (Prada, m. 78).

O Partido: O Arenteiro remontou no último suspiro dun partido no que se adiantaron os visitantes no minuto 9, tras un balón que parecía fácil para Macia pero o porteiro non logra bloquear, o rexeite aprovaitao o dianteiro centro mariñense para marcar. Á media hora chegaba o empate, tras un medido centro de Marcos Sotelo sobre a área que cabecea Iglesias, inalcazable para o porteiro visitante Pablo. A segunda parte é de dominio total dos verdes aínda que atá o tramo final do partido non lograría o Arenteiro crear ocasións claras de gol, con boas oportunidades para Soares, que completamente só cabeceou ás mans do porteiro e un tiro de Xurxo que saca da liña de gol un defensor visitante. Tras anular o árbitro un gol ao Arenteiro por fora de xogo a Iglesias no minuto 90, o mesmo xogador protagoniza a xogada do segunndo gol xa co tempo cumplido, vaise en velocidade polo centro e aínda que o seu disparo é rexeitado en primeira instancia polo porteiro do Marín, o balón introducese finalmente na portería.

17, Febreiro 2013
10, Febreiro 2013

A derrota ante os pontevedreses, un rival directo na loita pola permanencia, deixa ao Arenteiro nunha moi difícil situación tras perder un partido que era clave para conservar as opcións dos carballiñeses para seguir con vida nesta liga. Un gol en propia meta e un penalti fallado conderaron ao Arenteiro na primeira parte, despóis foi un querer e non poder ante un Pontevedra B que marcaba o 0-2 no minuto 84 e sentenciaba o partido.

C.D. Arenteiro: Macía, Prada, Carlos, Dabarca, M. Sotelo, Alex (Iago), Tacón, Bardelás (Marquina), Pablo, Dacosta (Oli) e David Soares.

O Partido: O Arenteiro quedabase no minuto 23 con 10 xogadores tras ver a vermella directa M. Sotelo por unha forte entrada a un contrario, non sería o único xogador do Arenteiro expulsado polo árbitro, que foi moi protestado pola escasa afección local, xa que na recta final do partido tamén enviou a vestiarios a Tacón. Nun intervalo de 3 minutos sucederonse as dúas xogadas claves do partido, no 40 gol en propia meta de Carlos e no 43 o porteiro  visitante detén o penalti que lanzou Dabarca. Na segunda parte o Pontevdra B non pasou por apuros para defender o resultado, que ampliaría cun gol no único tiro dos pontevedreses entre os 3 paus. O lamentable estado de Espiñedo condicinou o xogo e un partido ao que o Arenteiro se presentou con numerosas baixas debido a sancións e lesións no seu plantel.

3, Febreiro 2013

Os verdes regresan de Ribadumia cun punto que sabe a pouco, xa que tal como se desenvolveu o partido o Arenteiro pudo dar a campanada e conseguir a victoria, non obstante o empate ten o mérito de logralo no campo dun equipo que levaba nos últimos meses conseguido 19 puntos de 24 posibles.

C.D. Arenteiro: Macia, Carlos, Gabriel, Xurxo, Tazos, Alex ( M. 85,Tomás), Prada (M. 70, Dacosta), Pablo Piñeiro, Bardelás (M. 75 Marquina), Kennedy e David Soares (M. 84, Martín).

O Partido: Excelente tarde de fútbol do Arenteiro que non pudo culminar cunha victoria porque non quixo o árbitro. Adiantaronse os carbaliñeses no marcador no minuto 50, Carlos lanza unha falta sobre a área local e Kennedy de cabeza pon o 0-1. No minuto 65 chega a xogada clave do partido, David Soares volve marcar para o Arenteiro un gol absolutamente legal que incompresiblemente anula o árbitro por suposto fora de xoga. Cinco minutos máis tarde, no 70 de partido, o veterano Changui logra o empate para o Ribadumia. Non se descompuxo o Arenteiro que aínda dispuxo de dúas boas ocasións de Kennedy que a punto estivo de marcar, pero luciuse o porteiro local. Bó traballo de todo o equipo, con mención especial para Kennedy, Gabriel, Piñeiro e o debutante Alex.

27, Xaneiro 2013

Nin o Arenteiro mereceu tan severa derrota nin o Arousa un premio tan grande, pero cando un equipo -neste caso o carballiñés- está en recha negativa parece que todo é moito máis difícil para quen a padece e moito máis fácil para o rival. Salvarse do descenso comeza a estar moi complicado.Mención aparte merece o calamitoso estado do terreo de xogo do municipal de Espiñedo a estas alturas do inverno, algo teráse que pensar en facer, e a quen corresponda, porque o recinto vai camiño de convertirse nun auténtico patacal.

C.D. Arenteiro: Macía, Carlos, Xurxo, Dabarca, Tazos (Bardelás), Iago (Omar), Gabriel (Tomás), Kennedy, Prada (Dacosta), Martín e David Soares.

O PARTIDO: Comezou o Arenteiro dominando nos primeiros minutos de partido pero sen embargo foi o Arousa quen anotou o primeiro gol no seu primeiro tiro a portería -minuto 14- nun trallazo de Camiño dende fora da área. Aos 23 minutos pudo empatar Kennedy cando enviou un balón de cabeza que repeleu o poste, o mesmo Kennedy rematou -tamén de cabeza- outro balón ao 42 minutos, que saíu lixeiramente desviado cando o meta visitante estaba batido. Trala reanudación, en 7 minutos o Arousa deixou sentenciado o partido, primeiro foi novamente Camiño quen aproveitou un rexeite na área local e despois unha xogada de astucia dos visitantes, que aproveitan para sacar rápidamente unha falta ao borde do área ante o despiste xeral dos xogadores verdes e marcan o terceiro. Xa co tempo cumplido chegaría o cuarto e definitivo gol dos arousanos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes