Deportes
O At. Vilariño chegaba a Espiñedo como vicecolista da categoria, e tras 90 minutos de partido demostrou o porqué ocupa esa posición na clasificación. Gañou o menos malo, o Arenteiro, que de esta maneira volve conseguir unha victoria despois de seis partidos sen logralo, xa que desde a xornada octava, tamén por 3-0, daquéla fronte ao Covadonga e tamèn en Espiñedo, non sabían os carballiñeses o que era gañar.
Tanto Arenteiro como Vilariño afrontaban o partido con numerosas baixas, certo é que ambos equipos ofreceron unha pobre tarde de fútbol, na que todo se puxo de cara para os verdes no minuto 4 de partido, no primeiro regalo da defensa visitante e autogol do Vilariño cando os equipos aínda apenas estaban tomando posicións no campo. Vinte minutos despois Alén facía o segundo gol dos carballiñeses ao controlar un baón na área a pase de Canexón e batir por baixo e axustado o pau ao porteiro visitante. E sen nada interesante que reseñar, irían pasando os minutos atá que xa no solpor do partido un centro-chut de Cataña sobre a portería do Vilariño pon o 3-0 no marcador.
O mellor para o Arenteiro o resultado, aínda que outra xornada máis, o equipo sigue ofrecendo moitas dúbidas, menos mal que de esta vez enfronte estaba un inocente At. Vilariño. Por quedarnos con algo positivo, farémolo có traballo no medio campo de Gabriel Carballeda, que xogou o mellor partido desde que viste a camiseta do Arenteiro, e tamén as gañas que puxeron algunhos dos xogadores, como Cancelas.
Os responsables do C.D. Arenteiro non acudiron ao acto de conciliación có Ex-Adestrador Marcos Vázquez "Marquitos", tras unha denuncia presenta por éste na Federación Galega de Fútbol, e pola que reclama o pago da débeda contraida durante a súa etapa de adestrador, que ascende a 2.400 euros máis xuros.
Atá que se resolva esta denuncia, o club non pode tramitar novas fichas ante a FGF, polo que non podería agora mesmo realizar a fichaxe de calquera posible reforzo para a plantilla do equipo. Marquitos mostrouse moi decepcionado con esta actitude da Directiva do Club "ningúen se presentou en Santiago para a conciliación e tampouco ningúen se puxo en contacto conmigo por teléfono, estou na mellor disposición de non facer dano ao Arenteiro, pero é que ningúen me chamou".
Desde o Club, o Presidente Antonio Iglesias "Cadavid" asegurou a esta emisora de radio que "inicialmente non tiñamos coñecemento desta citación, pero xa nos puxemos en contacto coa Federación e xa lle comunicamos que o Arenteiro solucionará o problema".
Máis do mesmo, un Arenteiro na súa liña dos últimos partidos, incapaz de marcar un gol en 270 minutos, tampoouco hoxe no campo de Santa Marta de Velle o equipo de Dacosta ofreceu síntomas de melloría, volveu a amosarse como un equipo sen recursos e totalmente inoperante. Non é capaz de crear ocasións de gol e as poucas que fai en cada partido non acerta a resolvelas, no de hoxe apenas anotamos dúas xogadas de perigo dos carballiñeses, cando estaba a punto de rematar a primeira parte un balón que se cola polo medio da defensa local non é aproveitado por Alén, no ún contra ún, o meta local logra interceptar o balón. A outra única ocasión do partido na que o Arenteiro creou perigo foi xa na segunda parte, cando Cancelas rematou de cabeza un balón que o porteiro local Jacobo enviou a corner. Pola contra, o Velle soubo aproveitar moi ben as súas ocasións e tranformalas en goles, todas elas no segundo periodo do partido, xa que atá o descanso o xogo foi unha sucesión de imprecisións por ambos equipos sen apenas aproximacións de perigo ás dúas porterias.
Foi entón na reaunudación, aos 5 minutos, cando o Velle inaugubaba o marcador nunha xogada a balón parado, ao saque dunha falta, coa defensa do Arenteiro dormida, que deixa libre de marca ao dianteiro do Velle, que remata a placer. Os locais ampliaban a súa renda no marcador á media hora desta segunda parte, ao tranformar un penalti, e xa cando se entraba en tempo de desconto chegaría o terceiro gol do Velle, nun tiro desde fora da área que sorprendeu por completo a Samuel.
Có de hoxe en Velle, son xa 3 os partidos que suma o Arenteiro sen marcar un gol, se ademáis de esta inoperancia da dianteira verde, sumamos os despistes defensivos, como o que propicia o primeiro gol dos locais, e ademáis as evidentes carencias e desaxustes no medio do campo, é fácil concluir que asi é moi dificil gañar un partido. O Arenteiro é un querer e non poder partido tras partido, sen dar síntomas de melloria, aínda que o 3-0 de esta tarde acaso sexa un castigo excesivo para o visto no campo de herba artificial da parroquia de Santa Marta de Velle. Ou se endereza o rumbo ou a este Arenteiro se lle vai complicar e moito o ascenso de categoria, e éste e non outro é o único obxetivo de este equipo, o non logralo sería un fracaso. E visto o visto o equipo aumenta as dúbidas conforme vai avanzando a competición.
As verificacións técnicas levanse a cabo na tarde do sábado, aínda que será xa o domingo 27 pola mañá cando se celebre esta espectácular proba motorística de Cross Country.
A carreira está prevista a partir das 11,30 horas e as 14,30 horas será a entrega de premios. A competición será puntuable para o campionato de España de modalidade. A Actividade chega ao Irixo por medio da colaboración que o Concello da localidade mantén có "Moto-Club Móvete na moto", serán 3 horas de puro espectáculo motorístico na matinal deste derradeiro domingo de novembro.
E con ésta son xa catro as xornadas consecutivas que levan os carballiñeses sen gañar un partido. O Arenteiro sigue deixando moitas dúbidas, e ante o Nogueira volveu a repetir erros de anteriores partidos, parece que mellora en defensa, pero sigue con moitos problemas no centro do campo e no ataque, onde tanto Alén -que tivo que abandoar o campo lesionado e deixou o equipo con 10 nos últimos minutos - como Iglesias, que tan só xogou a última media hora de partido, non parecen estar no seu mellor momento.
Sen embargo, a alarmante falta de gol de este Arenteiro tamén tén seguramente outras causas, que pasan por un centro do campo que da escasas asistencias aos dianteiros, e asi é moi complicado marcar goles. En todo o partido, o Arenteiro dispuxo dunha única e clara ocasión fallida de gol, foi no minuto 35 da segunda metade, un balón metido polo centro sobre Alén, éste salva a saída do porteiro índose cara a dereita pero o seu tiro vaise fora de portería. A outra única vez en toda a tarde na que o Arenteiro pudo adiantarse no marcador foi no minuto 26 do primeiro periodo, nun magnifico tiro desde fora da área de Marcos Sotelo que se foi o longueiro. Esta foi toda a pólvora dos carballiñeses no partido. Enfronte tivo a un Nogueira que chegaba e saíu de Espiñedo como líder da categoria, tampouco é que fixera máis que o Arenteiro, creou outro par de ocasións de perigo e para de contar, bastoulle estar ben plantado en defensa para levarse un punto e seguir comandando a clasificación.
E pouco máis deu de sí un partido xogado no día de reflexión previo á xornada dominical de votaciós, tamén este Arenteiro debería flexionar un chisco sobre qué obxetivos quere para esta liga, porque desde logo facer 3 puntos de 12 posibles nos 4 últimos partidos non parece que sexa ir polo mellor camiño.
Nin A Peroxa nin Arenteiro conseguiron marcar, asi que empate a cero goles, e tamén empate en canto a ocasións, as máis claras chegaron na segunda parte en ambas porterias, pero tanto o gardameta local Rubén como o carballiñés Pachy resolveron ben as situacións comprometidas que se lle presentaron.
En consecuencia, o reparto de puntos pode considerarse un resultado xusto. Con este marcador, o Arenteiro sigue fora de postos de ascenso, e ademáis acumula xa 3 xornadas sen conseguir a victoria, con dous empates e unha derrota nos 3 últimos partidos, e tan só dous puntos, unha bagaxe moi pobre para un equipo coas máximas aspiracións nesta liga e cun único obxetivo, como é o ascenso á preferente.
RESULTADOS DA XORNADA
J11 | UD Barbadas B | 2 - 2 | CD Allariz |
J11 | Ponte Ourense SAD | 2 - 1 | CF Monterrey |
J11 | Maside CF | 3 - 2 | CF Cortegada |
J11 | AT Villarino | 1 - 2 | Poligono San Ciprian |
J11 | CD Velle | 4 - 1 | CD Maceda |
J11 | SD Nogueira Ramuin | 3 - 2 | SD Melias |
J11 | A Peroxa CF | 0 - 0 | CD Arenteiro |
J11 | CD Ramiranes | 2 - 4 | AD Covadonga |
J11 | UP Taboadela | 1 - 1 | SD Valenza |
CLASIFICACIÓN
Pos | Equipo | Ptos | Ju | Ga | Em | Pe | Gf | Gc |
1 | SD Nogueira Ramuin | 24 | 11 | 7 | 3 | 1 | 22 | 12 |
2 | UP Taboadela | 21 | 11 | 6 | 3 | 2 | 19 | 11 |
3 | CD Arenteiro | 21 | 11 | 6 | 3 | 2 | 17 | 9 |
4 | CD Velle | 21 | 11 | 6 | 3 | 2 | 21 | 16 |
5 | CD Ramiranes | 20 | 11 | 6 | 2 | 3 | 20 | 14 |
6 | CD Allariz | 19 | 11 | 5 | 4 | 2 | 20 | 12 |
7 | AD Covadonga | 19 | 11 | 6 | 1 | 4 | 27 | 21 |
8 | A Peroxa CF | 18 | 11 | 5 | 3 | 3 | 18 | 11 |
9 | Ponte Ourense SAD | 18 | 11 | 5 | 3 | 3 | 15 | 13 |
10 | SD Valenza | 17 | 11 | 4 | 5 | 2 | 12 | 7 |
11 | CF Monterrey | 14 | 11 | 4 | 2 | 5 | 18 | 25 |
12 | Poligono San Ciprian | 13 | 11 | 3 | 4 | 4 | 13 | 13 |
13 | UD Barbadas B | 11 | 11 | 3 | 2 | 6 | 11 | 17 |
14 | SD Melias | 10 | 11 | 2 | 4 | 5 | 12 | 12 |
15 | Maside CF | 9 | 11 | 2 | 3 | 6 | 13 | 24 |
16 | AT Villarino | 8 | 11 | 2 | 2 | 7 | 13 | 22 |
17 | CF Cortegada | 5 | 11 | 1 | 2 | 8 | 12 | 25 |
18 | CD Maceda | 3 | 11 | 0 | 3 | 8 | 9 | 28 |
No mesmo escenario no que Manolo foi xogador e adestrador, na "Pista Roxa" do Carballiño, tivo lugar este emotivo acto que consistíu na entrega ao homeaxeado dunha placa e unha camiseta do Club Ourense Baloncesto, por parte do actúal Presidente do COB, Jorge Bermello. Ademáis, tamén estiveron presentes numerosos ex-xogadores e compañeiros das disntintas etapas que tivo o Club Baloncesto Carballiño, do que Manolo Celta foi sempre o seu alma-mater, con él ascendeu o baloncesto carballiñés as suas cotas máis altas, chegando a competir un par de temporadas en liga EBA. A falta de apoios e axudas, sobre todo por parte das institucións, como o Concello do Carballiño, levou a desaparición do club. Sen embargo, a este acto no que se recoñeceu a labor de tantos anos de Manolo Celta, acudíu unha representación política da Corporación do Carballiño encabezada polo seu Alcalde Argimiro Marnotes.
O Ramirás chegou a Espiñedo co propósito de gañar o encontro e conseguíuno, cun plantexamento do partido moi valente, o Ramirás sacou a relucir as carencias que sigue amosando nesta liga o Arenteiro. Nin indo por diante no marcador os de Ramirás se botaron atrás, pola contra, seguiron practicando a súa proposta de fútbol ofensivo, e consegurion o seu obxetivo, levarse os 3 puntos en xogo.
No primeiro minuto de partido xa se adiantaban no marcador os visitantes, aínda que logo chegaría a resposta do Arenteiro cunha combinación -das poucas desta primeira parte- que nacía nas botas de Canexón e culminaba dentro da área Marcos Sotelo, cumpliase o minuto 8 de partido, e parecía que o Arenteiro logo se faría co mando do encontro. Nada máis lonxe da realidade, porque apenas 7 minutos tardaría o Ramirás en volver situarse por diante no marcador, faciao por medio dun zurdazo que o seu lateral lanzaba desde as inmediacións da área que se colaba na portería carballiñesa. Aínda había moito partido por diante, pero o marcador sería xa inamovible. Durante toda esta primeira parte o Ramirás xogou máis e mellor, estivo moi ben posicionado no campo e xogando sen ningún tipo de complexo, multiplicando os seus efectivos cada vez que atacaban e replegando moi ben as súas liñas cando trataban de facélo os locais. Mentres, o Arenteiro era incapaz de aproximarse con perigo á portería visitante, o seu recurso era enviar balóns aéreos a Iglesias, que pouco podía facer en solitario.
Xa no inicio do segundo periodo, os carballiñeses tiveron unha boa ocasión de empatar, pero o remate de Iglesias saíuse fora. Tras unhos minutos iniciais nos que parecía que o Arenteiro ía polo partido, o xogo volveu nivelarse atá o tramo final, cando o Arenteiro volveu apretar, con duas boas oportunidades que Marcos Sotelo e Iglesias non souberon aproveitar. Tralo pinchazo desta tarde, o Arenteiro perde fuelle nesta liga, e tras sumar unicamente un punto nos dous últimos partidos, situase fora de postos de ascenso.
O Arenteiro volveu ofrecer fora de Espiñedo a súa pior versión nesta liga, igual que 15 dias atrás en Taboadela, os carballiñeses volveron xogar un lamentable partido, desta vez no campo dos Carrís, ante a S.D. Valenzá. A diferencia entre aquél e este partdo foi que de esta vez o Arenteiro contou coa sorte ao seu favor, e tamén porque os locais fallaron varias ocasións de gol, ún par delas moi claras, unha delas a porteria valeira, e outra como consecuencia dunha falta lanzada sobre a área carballiñesa, atá 3 dianteiros da S.D.Valenzá viron pasar por diante un balón que ningún deles acertou a rematar, indose directamente fora de portería. Ainda no primeiro periodo os da Valenzá enviaron un disparo desde fora da área que foi pegar na cruceta da porteria defendida por Pachi. O Arenteiro non era capaz de entrar no partido e o único que parecía querer ganalo era a S.D. Valenzá.
Xa na reaunudación, chegarían os dous goles do partido. Aos 8 minutos adiantabanse os locais nun balón que cun bote envenenado nin a defensa nin o porteiro carballiñeses lograron atallar e introdúcese no fondo da porteria, apenas unhos minutos despois, cando se xogaba o minuto 15 desta segunda parte empataba o Arenteiro. Marcos Sotelo facíase cun balón, íase pola banda esquerda para sacar un centro raso que Iglesias rematou tal como viña, logrando unha igualada no marcador que xa non se movería atá o final.
Non mereceu máis este Arenteiro, acaso o punto obtido esta tarde pode considerarse un premio excesivo para o feito no campo dos Carrís, que foi moi pouco, e se gañou un punto foi porque os dianteiros da Valenzá non tiveron a súa tarde. Mentres, os carballiñeses tiveron hoxe unha altísima efectividade, xa que rentabilizaron a única ocasión que tiveron en practicamente todo o partido. Por quedarnos con algo positivo, farémolo co regreso ao equipo de Takón, que xogou o último tramo do partido, asi como de César, recuperado da súa lesión. Tamén é de xustiza salientar o traballo de Luis Vilachá no medio campo.
A segunda parte xogouse con lúz artificial, cunha iluminación deficiente. e bastantes afeccionados do Arenteiro na grada, que regresaron ao Carballiño decepcionados con este Arenteiro, malia sumar un punto.
O sábado 29 en horarios de mañá e tarde, e o domingo 30 en xornada matinal, a praza do concello do Irixo e o circuíto de trial da Pedriña, situado a carón da estrada O Carballiño-Lalíin, acollerán a última e decisiva proba do campionato galego de trial 4X4. A actividade conta coa colaboración do Concello do Irixo, o Alcalde Manuel Penedo invitaba nos micrófonos de COPE "a toda a xente para que visite o concello do Irixo, para ver este espectáculo e tamén para darse unha volta polo Irixo, onde temos bós restaurantes, bonitas paisaxes, e sobre todo, boa xente". Pola súa parte, o 1º Tenente de Alcalde, Lito Cerdeira destacaba "a continuada aposta que desde o concello do Irixo facemos en favor da promoción do deporte, con actividades como ésta do trial ou o espectáculo das motos que logo terémos e que traen moita xente atá O Irixo, e tamén co apoio que prestamos a outras actividades, como o fútbol de veteranos, o fútbol-sala, o cachibol ou a festa do cabalo".
Pola súa parte, o organizador da proba, Raúl López, comentaba que esperan a participación de unhos 20 vehículos, entre os que evidentemente se atopan os que teñen posibilidades de ganar o campionato, entre os que estarán os 2 pilotos do Irixo, o propio Raúl López e Javier González. O circuíto da Pedriña foi especialmente acondicionado para a ocasión, e ofrecerá varias novidades nas distintas zonas nas que se desenvolverá o recorrido desta emocionante competición.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- …
- seguinte ›
- última »