Deportes

2, Abril 2019

Tras moitos anos sen celebrarse, o 13 e 14 de abril volta ao Carballiño a Subida automobilística á Saleta, e o fai con ánimo de dar continuidade a esta proba de grande prestixio no seu tempo.

O evento, que foi presentado este mediodía na Praza Maior do Carballiño, reunirá arredor de setenta coches procedentes de toda Galicia, entre eles uns vintecinco da comarca do Carballiño.

Asistiron a este acto o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral; o presidente da Escudería Carballiño, Alfonso García García, e o tamén directivo desta entidade Jesús López e varios pilotos locais, así como portavoces e concelleira do BNG e AV-Son, e o candidato do PP á alcaldía, Ricardo Perea.

Francisco Fumega amosou o seu agradecemento e orgullo polo traballo que se está realizando desde a Escudería Carballiño e a Federación Galega de Automobilismo por recuperar esta proba e volver a situar ao Carballiño no panorama do mundo do motor en Galicia, no que a vila carballiñesa ten moita afección.

Nos mesmos termos pronunciouse Manuel Dacal, que destacau o grande interese desta proba a todos os niveis: económico, turístico e deportivo.
Iván Corral agradeceu á corporación municipal e ao alcalde a colaboración que se estaba prestando para facer realidade a Subida, e amosou o seu orgullo polo feito de que se retome esta proba para volver a situala no primeiro orde da competición deportiva do motor en Galicia.

Lembrou os inicios da Subida á Saleta e á histórica Peña 9, como precursores desta actividade, que –dixo- xunto coa etapa do Rali de Ourense que se vai desenvolver no Carballiño, atraerá a moitos afeccionados de Galicia pero tamén de Portugal, Castela-León e Asturias. Finalmente, invitou a todo o mundo a acudir o 13 e 14 de abril ao Carballiño, onde se ía recibir a todos con moito agarimo.

Patricia Torres tamén agradeceu o esforzo pola recuperación deste evento deportivo que transcorre en parte polo concello do Boborás, e reiterou a súa importancia dentro do panorama automobilístico ourensán e galego.

Finalmente, Alfonso García, ademáis de agradecer ás institucicións e patrocinadores a súa colaboración, destacou o esforzo realizado para recuperar a proba despois de tantos anos sen actividade. Adiantou que ían participar entre vinte e vintecinco pilotos da comarca do Carballiño, e que esperaban a inscrición de entre sesenta e setenta coches. Ao respecto dixo que o prazo de inscrición está aberto ata o xoves da próxima semana, e que normalmente os pilotos inscríbense nos últimos días.

1, Abril 2019

O equipo do Morrazo levouse os tres puntos de Espiñedo grazas ao seu bo final de partido, tras adiantarse o Arenteiro cun gol de Hugo Sanmartín no inicio da segunda parte, o Alondras deulle a volta ao marcador nos últimos 20 minutos aproveitandose de dos fallos defensivos dous verdes.

Tras unha primeira parte con apenas dúas ocasións de gol, unha en cada portería, todo se decidiría tras o paso por vestiarios.

Hugo Sanmartín lograba o 1-0 cunha acción personal e un tiro a media altura dende a frontal da área, despois o Arenteiro replegouse buscando ás contras para resolver o partido, pero desta vez a aposta saíu mal, porque en dous erros defensivos os de Cangas non perdonaron e por dúas veces Yelco Pino logrou perforar a portería de Rui.

O partido complicouse aínda máis no minuto 82 coa expulsión de Pol, que deixou ao Arenteiro en inferioridade no campo, circustancia que propiciou as máis claras ocasións de gol do partido a favor do Alondras, que pudo ampliar a ventaxa no marcador.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459726&cod_acta=459726

29, Marzo 2019

O Carballiño terá esta próxima fin de semana unha intensa actividade deportiva. Así, celebrarase un Campionato de Scalextric, e dúas Copas Deputación de Balonmán e Ximnasia Rítmica.

O sábado, 30 de marzo, terá lugar no auditorio municipal Manuel María o Campionato Scalextric O Carbaliño 2019 que organiza a Asociación Auria Slot en colaboración co concello do Carballiño.

Esta actividade desenvolverase na sala de exposicións do auditorio, onde se colocarán dous circuitos de grandes dimensións. Pola mañá, entre as 10 e 12h, todos aqueles que o desexen poderán adestrar sen custo algún, xa que pola tarde dende ás 15.30h terá lugar o campionato. O prezo de inscrición é de 4€, e os que desexen participar e non teñan coche poderán facelo cun coche prestado pola propia organización, que anima a cativos e adultos a vivir a experiencia do scalextric.

Tamén o sábado 30 de marzo, no pavillón de deportes Paco Chao, terá lugar a Copa Deputación Base Infantil, Alevín e Benxamín de Balonmán. Participarán 10 equipos formados por 100 rapaces e rapazas, pertencentes ás provincias de Ourense e Lugo.

E o domingo, 31 de marzo, tamén no pavillón de deportes Paco Chao disputarase a Copa Deputación de Ximnasia Rítmica. Desenvolverase en xornada de mañá e tarde, correspondente a unha fase da Copa Deputación na que participarán ao redor de 720 ximnastas.

A este evento calcúlase que acudirán unas 2.000 persoas entre deportistas e familiares. Os clubes participantes neste trofeo son o Club Burgas, Ximnasia Pavillón, Celanova, Barbadás, Maceda, Xinzo de Limia e o club anfitirión Marusia.

24, Marzo 2019

Empate sen goles entre Cétiga e Arenteiro no partido correspondente á 29ª xornada do campionato de liga na terceira división xogado nunha tarde con tempo veraniego no coqueto campo do Salvador Otero da Ila de Arousa.

O partido tivo unha parte para cada equipo. No primeiro periodo o Arenteiro foi o claro dominador sobre o rectángulo de xogo,  sobre todo nos primeiros 25 minutos marcando un ritmo moi alto e embotellando ao locais na súa área, pero sen fortuna para poder abrir o marcador.

Tiveron varias aproximacións moi perigosas os verdes sobre a portería do Céltiga, onde o seu porteiro Marcos Bermúdez tivo que empregarse a fondo para evitar o gol dos carballiñeses, despexando un tiro a media altura de Fajardo e sobre todo, facendo o paradón da tarde cando tras un centro medido de HUgo Sarmantín cabeceou ben Pol,  pero o meta local conseguíu desviar o balón, que petou no pau da portería, cando se cantaba o gol por parte dos numerosos afeccionados do Arenteiro desplazados a Illa de Arousa.

Na segunda parte, saíu mellor o Céltiga, que dispuxo tamén dun par de  ocasións, pero fallo na definición. No último cuarto o partido nivelouse e ata pudo o Arenteiro marcar nun pase sobre o punto de penalti de Rubio que sacou un defensa in extremis cando Hugo Sanmartín estaba coa caña preparada.

Para ver a ficha do partido segue o seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459717

Crónica do partido no Diario de Arousa: 

https://www.diariodearousa.com/articulo/deportes/empate-apenas-ocasiones/20190324221031237652.html

17, Marzo 2019

Os verdes enfrontábanse na xornada 28 da competición de liga na tercveira división a un dos mellores equipos da segunda volta, e a pesar de sair derrotado o filial do Lugo foi un dos consxuntos que mellor xogou ao fútbol de todos cantos pasaron este ano por Espiñedo, por eso a victoria do Arenteiro cobra aínda máis valor.

Un triunfo fraguado sobre todo na primeira parte do Arenteiro, que tivo a fortuna de marcar o primeiro gol da tarde no minuto 1 de partido, cando tras unha asistencia de cabeza de Adil, o balón foi aos pes de Rober e éste enganchou un dereitazo que se colou pola escadra da portería visitante. Maxistral.

Tras unha bonita combinación do ataque verde pola banda esquerda que conseguiu culminar Adrián Pol chegou o 2-0, que deu tranquilidade ao equipo e tamén na grada.

A segunda parte xa foi outra historia. O Lugo traballou arreo para meterse no partido, aínda que non o conseguíu ata o minuto 76 por medio do seu goleador Antón Escobar, seguíu apretando, pero foi non obstante neste tramo final do partido cando ao contragolpe pudo sentenciar o partido o Arenteiro, con dúas xogadas nas que Sanmartín e Iván Rubio tiveron sendas ocasións.

Xa no tempo de desconto chegou a xogada polémica do partido, que ata ese momento era de total correción. Un xogador do Lugo, sen posibilade algunha de xogar o balón, simula unha agresión de Maxi -inexistente- e o árbitro coruñés Rodrigo García pica e expulsa con vermella directa ao defensa do Arenteiro. Para completar o despropósito sinala fora de banda a favor do Lugo cando era ao contrario, tiña que haber sacado o Arenteiro. 

Para ver a ficha do partido segue o seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

9, Marzo 2019

O Arenteiro gañou (0-1) 3 puntos de ouro no partido de rivalidade co Ourense CF, eso si, sufrindo unha arbitraxe do colexiado Alexandre López Vila absolutamente tan desafortunada como lamentable e vergonzosa para un partido de terceira división.

O despropósito arbitral foi tal que chegou a convertir en saques de esquina a favor do Ourense foras de banda, sacou da chistera un penalti favorable aos locais que só él víu, e sobre todo, tivo un trato desigual á hora de xulgar aos dous equipos, cargou aos xogadores do Arenteiro con cartóns amarelos, oito en total, por ningún dos locais. E durante os 7 minutos de desconto expulsou con vermella directa a Noguerol por protestarlle un libre indirecto co que castigou ao Arenteiro ao interpretar non se sabe qué cando Rui Santos ía xogar o balón. Desquiciante.

Ao marxe da polémica arbitral e da victoria, o partido volve deixar danos colaterais para o Arenteiro, a maiores da sanción que terá Noguerol, tiveron que abandonar o terreo de xogo lesionados Hugo Sanmartín, con 27 minutos de xogo transcurridos, e Rober na segunda parte, tras sufrir unha entrada dun rival, que nin xiquera mereceu amonestación en opinión do colexiado.

No futbolístico, o único gol do partido foi obra de Rober cun tiro a media altura dende a frontal que sorprendeu a un adiantado Diego García, tras perder os locais o balón en defensa, ían apenas 7 minutos de partido. Despois da lesión de Hugo Sanmartín, o Arenteiro botouse atrás para defender a renta, e desta vez saíulle ben. O Ourense fallou un penalti no minuto 50, e os seus continuos ataques sobre a portería do Arenteiro foron infructuosos durante os 97 minutos de partido.

Para ver a ficha do partido preme no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

2, Marzo 2019

Empate a un gol no partido correspondente á 26ª xornada no campionato de liga de terceira división adiantado á tarde do sábado e desputado ante unha boa concurrencia no graderío de Espiñedo, que estreaba bancada con asentos.

O Arenteiro desaproveitou a oportunidade de quedarse cos 3 puntos ante un dos equipos máis flouxos de cantos este ano pasaron por Espiñedo, pouco máis fixo o Somozas que valerse dunha acción de Gerardo, tan bó xogador como marrullero, para empatar o partido cando o tempo xa estaba cumplido e xogábanse os últimos minutos do desconto.

Antes, Fajardo adiantara aos verdes no último minuto da primeira parte ao tranformar un penalti, se ben Rubio -que tivo que retirarse lesionado nun tobillo- a piques estivera de marcar vunta magnífica vaselina pero o meta visitante enviou a córner coa punta dos dedos.

Despois, no segundo periodo, o Arenteiro cedeu terreo buscando sentenciar á contra, e tivo dúas ocasións bastante claras para facélo pero perdoou, e quen perdoa no fútbol acabao pagando ao final, como asi foi no útimo suspiro do encontro.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte ligazón: 

http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

24, Febreiro 2019

O deste Arenteiro é "para mirarllo" como se dí popularmente, está empeñado partido a partido en encaixar gol nos primeiros minutos, é como se lle quixera comezar os partidos dándolle ventaxa ao rival, e asi volveu suceder esta tarde no campo da Senra de Ribadumia.

Apenas ían 11 minutos cando os locais se adiantaron no marcador, aínda que en realidade xa tiveran polo menos dúas ocasións para facélo incluso antes. 

Iván Rubio lograba empatar ao pouco tempo, apenas 3 minutos despois. Pero o Arenteiro seguíu empeñado en dar facilidades defensivas e se ao final da primeira parte chegouse con empate a un gol foi en gran parte mérito dun enorme Rui Santos, de largo o mellor do Arenteiro, que ata en 3 ocasións gañou o man a man cos dianteiros locais cando a afección local xa cantaba o gol.

O porteiro portugués do Arenteiro conseguíu que o partido seguise igualado no marcador ata 3 minutos para o final, cando o Ribadumia logrou o gol da victoria (2-1) e cando o Arenteiro xa estaba con 10 xogadores no campo tras a expulsión de Padrón no minuto 85 de partido ao ver o segundo cartón amarelo.

Con éste e o resto de resultados que se deron esta tarde, o Arenteiro cae a postos de descenso por primeira vez no que vai de liga.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

17, Febreiro 2019

Unha mala primeira parte e a falta de pegada tras a reanudación motivaron a derrota dun Arenteiro que acabou con 9 xogadores polas expulsións de Rober e Fajardo. O equipo da Terra Cha, que gañou 0-1, levouse 3 valiosos puntos do Estadio de Espiñedo, que rexistrou unha boa entrada.

O outravolta temperán gol do equipo contrario puxo o partido moi costa arriba para os verdes, que en toda esta primeira parte so inquietaron a meta visitante nun tiro lonxano de Ross, e puco máis, xa que a zona ancha foi durante os primeiros 45 minutos do Vilalbés, que xogou moi cómodo e sobre todo despóis de adiantarse no marcador.

Na segunda parte o Arenteiro intentouno, mellorou coa entrada no campo de Noguerol e Adil, e de feito xerou ocasións ante a portería do Villalbés, pero a falta de pegada dos verdes impedíulles polo menos o empate, que sería o máis xusto.

Ademáis das citadas expulsións de Rober e Fajardo, que se perderán o partido en Ribadumia, haberá que estar atentos a evolución de Portela e Martín, que tiveron que retirarse lesionados,asi como Ross, mancado nunha man.

Tampouco parece que Cassio chegará a tempo para ese partido, igual que Rubio. 

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

10, Febreiro 2019

Quizás o resultado sexa algo abultado de máis, pero nada que obxetar á victoria dos coruñeses pola súa superioridade no transcurso do partido, sobre todo durante a segunda parte na que marcaron os 3 goles, xa que ao descanso chegouse co 0-0 inicial que facía albergar aos verdes esperanza de lograr algo positivo.

Pero todo se torceu aos 20 minutos da reanudación co primeiro gol local e á media hora desta segunda aproveitou o Laracha un penalti ao seu favor para poñer o partido moi de cara aos seu favor ao transformar a pena máxima dende os once metros. Xa co tempo cumplido redondeou o resultado o equipo larachés, xusto gañador do encontro.

E é que interpretacións aparte, no fútbol se concedes facilidades atrás e non estás fino adiante, pouco ou nada tes que facer. 

Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes