Deportes


Entre dezaoito e vinte equipos representativos da provincia de Ourense disputarán o I Maratón Fútbol-Sala O Carballiño 2018, que se celebrará este sábado 14 e o domingo 15 de xullo no pavillón de deportes Paco Chao.
O evento foi presentado este mediodía polo concelleiro de deportes, Manuel Dacal; os representantes da Asociación Amigos do Deporte, Jesús González e Alberto Montes, así como Alfonso, promotor das primeiras edicións deste torneo, e o xogador de élite do fútbol sala Juan Puertas.
Manuel Dacal agradeceu a iniciativa da recentemente creada Asociación Amigos do Deporte, promotora deste maratón, así como a presencia de Alfonso, que empezara a organización das primeiras maratóns, e do xogador Juan Puertas, do que recordou a súa fichase polo equipo histórico do fútbol sala do Carballiño antes de emprender unha exitosa carreira deportiva como xogador de élite en equipos de Ourense, Santiago e incluso de Italia. Así mesmo, amosou o seu desexo de que este maratón poida recuperar o gran nivel acadado había anos cando o fútbol sala carballiñés atopábase na élite deste deporte.
Juan Puertas agradeceu a invitación para asistir á presentación do maratón, asegurando que o facía con moito gusto, xa que O Carballiño era sempre algo especial para él. Ao respecto, recordou a súa fichaxe polo equipo de fútbol sala carballiñés cando ainda non era ninguén neste deporte. Augurou un gran éxito neste maratón, e amosouse dispoñible en todo momento para promocionar este deporte no Carballiño.
Jesús González e Alberto Montes comezaron por explicar a creación da Asociación Amigos do Deporte, da que dixeron nacía para promover especialmente o fútbol sala, e que para isto organizaban este primeiro maratón, asegurando que esperaban que tivese continuidade nos próximos anos. Tamén agradeceron a colaboración do concello e dos patrocinadores, especialmente o Bar Soldado.

Tras o éxito conseguido no campionato celebrado na cidade de Vitoria, Chema Ferreiro foi agasallado na capital alavesa no restaurante-cafetería "La Carballinesa", propiedade dunha familia orixinaria de Longoseiros.
Neste campionato de España Master de Atletísmo, Ferreiro conseguíu a medalla de Ouro en 100 metros e medalla de Prata en 200 metros, na cateroria Master-65.

As bancadas do estadio municipal de Espiñedo contarán esta nova tempada con cadeiras individuais para os afeccionados por medio dunha subvención de 13.000 euros concedida pola Deputación de Ourense, según informa o concello carballliñés.
Trátase da segunda axuda do organismo provincial para a mellora das instalacións do estadio municipal de fútbol, tras a reforma efectuada na zona dos vestiarios esta tempada pasada, e que supuxo un investimento de 60.000 euros.
O compromiso para este novo investimento, que fará máis cómoda a asistencia dos afeccionados durante os encontros, ademáis de mellorar a imaxe das bancadas, con cadeiras de cor verde, fora adquirido polo presidente da Deputación, José Manuel Baltar, durante a visita ralizada a estas instalacións deportivas en febreiro deste mesmo ano.

Arredor de oitenta deportistas participarán este sábado, 23 de xuño, na III Copa Deputación de Patinaxe Artístico, que organiza o Club FENIX, en colaboración coa concellería de Deportes do concello do Carballiño, e que se celebrará no pavillón de deportes Paco Chao.
O evento foi presentado esta mañá nun acto ao que asistiu o alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; a entrenadora do club FENIX, Noelia Silva Rodríguez; a presidenta do club, Marta Domínguez, e Celia Rodríguez. Francisco Fumega agradeceu o esforzo que leva a cabo o club Fénix para poromocionar o deporte do patinaxe no Carballiño, así como por traer esta copa ao Carballiño.
Manuel Dacal tamén felicitou ao club e á directiva por incentivar o deporte base e por apostar polo Carballiño como vila de acollida de grandes eventos deportivos que repercuten no eido deportivo pero tamén no turístico.
Así mesmo, agradeceu á Deputación a súa colaboración coa promoción deportiva no Carballiño, así como os patrocinadores que fan posible a realización desta competición: Frigoríficos Florindo, Pastelería La Creme, Gadis, Flor de Lis e o Centro Comercial Aberto. Noelia Silva destacou a importancia deste campeonato, que espera sexa oficial no calendario da Federación Galega de Patinaxe para o próximo ano. Neste senso, recalcou o avance conseguido en pouco tempo para promocionar este deporte no Carballiño e integralo a nivel provincial e galego.
Así, dixo que ía ser un gran día para os nenos e nenas patinadores, e que esperaba unha boa afluencia de afeccionados nas bancadas. As portas do pavillón abriranse ás 10,45 h., para dar comezo ás probas das categorías inferiores.
Ás 13,30 realizarase a primeir entrega de trofeos. A partir das 16,00 h., continuará o campeonato coas seguintes categorías, ata as mais altas, a rexional. Está prevista a entrega de trofeos a partir das 19,30

Club Deportivo Arenteiro vivirá a 17ª tempada na terceira división, nos seus 60 anos de historia, na próxima tempada 2018-2019, non fará falta esperar que haxa ningún ascenso á Segunda B dun equipo galego nas promocións que se están desputando porque o Coruxo salvou a categoria, os verdes e O Carballiño xa non teñen que agardar máis para saber que seguirán disfrutando do fútbol de terceira outro ano máis.
Tras alcalzar o posto 14 na tempada rematada, o Arenteiro podería verse obrigado a esperar un mes para confirmar a súa participación cara a tempada que ven na terceira división, pero eso xa non sucederá, como si terán que facer Laracha e Cultural Areas, para ver se se libran dos arrastres de descenso provocados pola caída á terceira do Cerceda e o Racing de Ferrol, equipos cos que para a próxima tempada competirán os carballiñeses

800 deportistas de toda a provincia de Ourense participarán este sábado, 26 de maio, na fase final da Copa Deputación de Ximnasia 2018, que se celebrará no pavillón de deportes Paco Chao do Carballiño.
O evento desenvolverase durante todo o día, en xornada de mañá e tarde; comezará ás 9 da mañá e rematará sobre as 8 da tarde.
As modalidades a competición son: TUMBLING e MINITRAMP, nas categorías prebenxamín, benxamín, infantil, alevín, cadete e senior; RÍTMICA INDIVIDUAL, nas categorías cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e iniciación; e RÍTMICA CONXUNTOS, nas categorías senior, cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e iniciación.
Calcúlase que esta competición atraerá ao pavillón de deportes carballiñés a preto de 2.000 persoas, entre ximnastas e acompañantes, polo que está previsto un operativo especial de regulamento do tráfico e do aparcamento nesta instalación deportiva.

O Arenteiro remata a liga no posto 14 da clasificación tras gañar 0-2 ao Cultural Areas, polo que os verdes logran evitar os dous postos de arrastre polos descensos dende a Segunda B de Cerceda e o histórico Racing de Ferrol, tan so toca esperar que o Coruxo gañe a promoción de descenso, se eso non ocurrise habería que agardar un ascenso dun dos 4 equipos galegos que promocionan á Segunda B, para asegurar definitivamente a presenza do Arenteiro na terceira división para a vindeira tempada.
No partido que baixaba o telón da liga no campo da Lomba de Ponteareas, os verdes fixeron un partido moi serio, e tanto que apenas pasaron por apuros ante un Cultural Areas que tamén se xogaba bastante, xa que ao perder podería meterse en descenso directo, o que finalmente non ocurríu porque Noia e Negreira perderon os seus respectivos partidos.
Carlos de Dios adiantou no primeiro tempo ao Arenteiro ao finalizar unha boa xogada en ataque dos verdes, e na segunda parte un gol en propia meta do Areas, foi a sentencia definitiva.
O Arenteiro non estivo so neste transcendental partido, xa que a maioria dos afeccionados que se deron cita no campo da Lomba foron os desplazados dende O Carballiño, que ao final festexaron o triunfo do equipo, sabedores das grandes posiblidades que hai para que o Arenteiro siga tamén o ano que ven na terceira división.
Para ver a ficha do partido, sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

O Arenteiro xógase este domingo dende as 6 da tarde no campo da Cultural Areas unha gran parte das posiblidades de permanecer na Terceira División, no caso dun triunfo dos verdes e que non gañen Laracha e Céltiga, o Arenteiro podería evitar o descenso por arrastres dos equipos galegos da Segunda B.
Para aqueles afeccionados que non dispoñán de vehículo propio para desplazarse a Ponteareas, ou prefiran a comodidade do autocar, o club en colaboración con Autocares Rodríguez organiza un desplazamento organizado, por 5 euros o billete, con saída dende o Carballiño ás 4 da tarde do domingo. A reserva de billetes faise nas oficinas de Autocares Rodríguez.

Aos cinco minutos o partido púxose de cara para o Compos que logrou adiantarse no marcador cun gol que sería o único da tarde en Espiñedo, nun partido no que na segunda parte o Arenteiro tirou de orgullo e xogou máis que o líder, que tivo a sorte do campión da súa parte.
Porque todo houbese cambeado si tras o descacnso o Arenteiro aproveitase o seu dominio, cunha moi clara ocasión de gol nun balón ao que Iker Hurtado non chegou por milímetrros, ou se o árbitro sinalase un clamoroso penalti sobre Rubén Arce mediada a segunda parte. Nin o árbitro principal nin o seu asistente quixeron velo, e igual tampouco viron como quedou sangrando o dianteiro verde despóis de que nesa xogada o defensor do Compos lle clavase un taco na perna. É dificil de entender como non se pita un penalti tan, tan claro.
Ao final, alegría no equipo e na afección da S.D. Compostela, que logrará a fase de promoción de ascenso a Segunda B, na súa condición de campión.
Ao Arenteiro tócalle seguir loitando pola permanencia, que cos resultados rexistrados nesta xornada, pasa por un triunfo na última xornada no campo do Cultural Areas.
Para ver a ficha do partido, sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- …
- seguinte ›
- última »