Deportes

Un gol "delicatessen" de Rubén Arce e outro de Igor Sevivas certificaron o triunfo dos verdes en Barbadás, ainda que os locais recortaron no marcador no minuto 77 e ao final tocou sufirir, nun partido con exquisita deportividade a pesar do que se xogaban ambos equipos e cun protagonista negativo, o árbitro coruñés José Manuel Cives.
Quen non vise o partido e vexa a acta arbitral, con ambos adestradores expulsados e ata 13 cartóns amarelos e doble a Igor Sevivas, pensará que o partido foi unha batalla campal, nada máis lonxe da realidade, a pesar da tensión en ambos equipos, nin un mal xesto, nin unha mala entrada, nun partido exemplo de deportividade.
Desafortunada actuación do trio arbitral, abuso de tarxetas sin ton nin son, e con contínuos erros, o demáis bulto no gol do Barbadás, que chega nunha xogada despois de que o balón saíu claramente do campo.
O partido estivo moi trabado durante toda a primeira parte, e condicionado polas características do terreo de xogo dos Carrís, cos dous equipos temerosos de cometer erros en defensa, e moi atentos ás segundas xogadas.
Tras o descanso, chegou a "exquisitez" de Rubén Arce, o dianteiro verde ao borde da área grande víu ao porteiro local lixeiramente adiantado, e lanzou o balón cun curva perfecta que superou ao bo meta portugués do Barbadás, Rui.
O gol exploleou aos locais que se foron polo empate, pero foi o Arenteiro que volveu golpear no minuto 66 por medio de Igor Sevivas, cun tiro raso que se colou na portería do Barbadás.
O gol local que volvía meter aos azulóns no partido chegou no minuto 77, aínda quedaba moito partido, pero os verdes defenderon con uñas a renda no marcador, logrando así tres importantísimos 3 puntos para avanzar cara a permanencia.
Na foto, o golazo de Rubén Arce.

Xornada de contrastes para a afección verde, dunha parte feliz pola celebración dos actos conmemorativos do 60 aniversario da fundación de Club Deportivo Arenteiro, unha felicidade que non pudo ser completa porque tivo que conformase cun empate no partido ante o Boiro.
Ë igual que fose sábado e a unha hora bastante cedo, a das catro e media da tarde, nada impedíu que a gran afección do Arenteiro acompañase ao equipo neste partido que foi histórico, xa que por vez primeira na historia do club a Televisión de Galicia retransmitíu en directo e íntegro o partido a través da TVG-2.
Nos prolegómenos, o presidente da Real Federación Galega de Futbol, Rafael Louzán, fixo entrega ao club dunha placa conmemorativa coincidindo con este 60 aniversario.
Xa no puramente deportivo, o Boiro adiantouse no marcador aos 36 minutos de partido, no primeiro tiro que facía entre os 3 paus, un auténtico golazo dende fora da área, nunha primeira parte na que o Boiro puxo o fútbol e o gol e o Arenteiro as ocasións, dúas moi claras que non culminaron os verdes.
Na segunda parte o Arenteiro, sabedor do que se estaba xogando, saíu a por todas e nos primeiros 25 minutos acorralou ao Boiro na súa área ata que chegou o gol do empate, obra de Brais Vidal.
Cando todo parecía indicar que podía chegar a remontada despóis de facer o máis difícil, o certo é que a partir do gol o xogo do Arenteiro xa non fluíu tan ben, aínda que seguíu creando ocasións ante a portería rival, que non soubo culminar. Mentres, nesta segunda parte o Boiro tan so tivo unha oportunidade clara, pero o cabezazo do brasileño Igor de Souza foise fora.

O equipo chairego tan so foi capaz de inquietar a meta de Pachi no tramo final dun partido no que o Arenteiro estivo moi serio á hora de defender durante os 90 minutos e incluso tivo as súas ocasións de gol para traerse os 3 puntos para O Carballiño.
No seguinte enlace podes ver a crónica do partido no xornal "El Progreso": https://www.elprogreso.es/articulo/deporte-local-lugo/0-0-vilalbes-manti...

Os pucelanos de Rolling Lemos e os coruñeses del Alquimia e Galicia Rollers acaparon os podios do Trofeo Federación Española de Patinaxe na modalidade de freestyle celebrada no pavillón Paco Chao de O Carballiño baixo a organización do club local Aehde O Carballiño.
Na proba de speed, en categoría femenina impúxose Lucía Rodríguez, do Rolling Lemons de Valladolid, mentres a súa compañeira Julia Cortejoso era segunda e a coruñesa do Alquimia, Candela Suárez Terceira. Na modalidade de derrapes foi Lucía Antruejo a gañadora e en speed masculino Óscar Pedrós do Galicia Rollers de A Coruña foi o primeiro.
Na modalidade de salto a primeira posición foi para o pucelano Pablo López, seguido polo seu compañeiro de equipo Miguel Cournane e María Rúa do Alquimia completaba o podio. Tamén se rexistrou triunfo galego en classic mixto, onde Candela Suárez (Alquimia) facíase co triunfo, mentres na mesma discipliña pero para maiores de 16 anos o triunfo íase ata Valencia da man de José Escobar (Uniteam).
No battle feminino Lucía Truejo (Rolling Lemons) se llevó el triunfo absoluto por delante de la madrileña Sara Sánchez (InGravity), mientras que Candela Suárez (Alquimia) se hacía con la victoria en menores de 14 años.
O evento celebrouse ao longo de toda a xornada do sábado no polideportivo de O Carballiño baixo a organización do Club de Patinaxe Aehde O Carballiño e co apoio do concello local. Era a primeira vez que unha cita de patinaxe da rango estatal se celebraba na provincia de Ourense.

O Club Deportivo Arenteiro celebrará por todo o alto o sesenta aniversario da creación da entidade, e por iso ten previsto desenvolver un programa de actos que terán lugar o sábado, 28 de abril.
Este programa foi presentado esta mañá polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; o presidente do club, Xan Fernández Pinal; o vicepresidente, Manuel Sotelo; e Paco Cachorro. Ese día, o sábado 28 de abril, ás 12,30 h., inaugurarase na casa do concello unha exposición fotográfica e de material histórico de C.D. Arenteiro, que consta de oito paneis.
Esta exposición permanecerá ata o 4 de maio, e a partir desa data colocarase de forma permanente no túnel da entrada de Espiñedo. Ás 13,00 h., desenvolverase no salón de plenos do concello un acto institucional ao que están invitados todos os afeccionados que queiran asistir, ademáis de autoridades, xogadores e directivos.
Neste acto estrenarase o Himno do 60 aniversario de C.D. Arenteiro, con letra de Emilio Rodríguez e música de Cristian Casas, que será interpretado polo Orfeón do Carballiño. Ás 14,00 h., terá lugar un xantar de confraternidade no restauraunte A Fuchela, para o que xa están á venda as tarxetas ao prezo de 25 euros, que se poden adquirir ata o xoves, 26 de abril, no propio restaurante.
E pola tarde, ás 16,30 h., a TVG retransmitirá íntegramente dende o estadio de Espiñedo o encontro correspondente á xornada 35, que disputarán C.D. Arenteiro e C.D. Boiro. Neste partido, o Arenteiro lucirá unha camiseta conmemorativa deste aniversario, que foi deseñada cunha clara evocación á camiseta dos primeiros anos de C.D. Arenteiro, o que se percibe, sobre todo, no escudo.
Na presentación deste programa, Francisco Fumega amosouse moi honrado por poder participar, como alcalde e como carballiñés, no acto que conmemora non só o nacemento do club de fútbol, senón unha época de fulgor do Carballiño a mediados do século XX. “A historia do Arenteiro é a historia do Carballiño –dixo ao respecto-; unha época na que se viviu intensamente as cores, o sentimento do pobo e levar o nome do Carballiño por toda Galicia. Por isto, expresou os seus parabéns ao club. Manuel Dacal compartiu esta felicitación e lembrou a súa época de ligazón co Arenteiro como xogador.
Lembrou a traxectoria do club, en consonancia co crecemento da vila, e tivo unha mención xenérica para os xogadores e directivos que fixeron historia no equipo. Tamén resaltou as melloras que se levan a cabo nas instalacións do estadio.
Finalmente, Xan Fernández Pinal referiuse a esta efeméride como unha opoetunidade de facer memoria do Carballiño dos últimos sesenta anos. Expuxo polo miúdo o programa previsto, destacando a exposición na que se recollen episodios, tanto alegres como algúns tristes, de sesenta anos de andaina, recollidos en oito paneis que serán ubicados de forma permanente a partir do 4 de maio no estadio de Espiñedo. Agradeceu ao delegado do club Julio Nóvoa, así como a Paco Cachorro e Manuel Sotelo, entre outros, a colaboración para recopilar o material que figura na exposición.
O presidente do club tamén tivo unas palabras de agradecemento para os creadores do Himno do 60 Aniversario, e, especialmente, para os afeccionados da diáspora, que dende os países máis remotos do mundo seguen cada domingo a marcha do equipo. Neste senso, recordou a importancia da retransmisión do partido contra o Boiro pola TVG, xa que hai emigrantes carballiñeses en Australia, Suíza, México, Panamá e outros países, que seguen os resultados pola Radio Galega.
Finalmente, convidou a todos os afeccionados e veciños a participar nos actos, e agradeceu a colaboración das empresas patrocinadoras e do concello. Para difundir este programa de actos, C.D. Arenteiro editou un díptico no que se resume a historia do club e se reproducen os nomes dos vintedous presidentes e trinta e cinco adestradores que tivo a entidade nestes sesenta anos.

Dous goles de Rubén Arce dan 3 puntos de ouro ante un rival directo como é o Laracha CF, ao que ademáis os verdes gañan o coeficiente particular xa que no partido da primeira volta, tamén precisamente cun gol do mesmo Rubén Arce, os verdes gañaran aquel partido.
Espiñedo volveu rexistrar unha gran entrada, con máis de 1000 afeccionados, para presenciar un encontro cualificado coa primeira das varias finais que restan ao Arenteiro neste tramo final da competición na terceira división, para sumar o maior número de puntos posibles ante unha posible devacle dos equipos galegos de segunda B, que motivaría unha cascada de descenso por arrastres na terceira división.
No partido desta tarde ante o equipo coruñés, o Arenteiro xogou un moi serio partido na parte de atrás, mentres que Arce encargouse do resto. Na primeira parte nunha acción persoal conseguíu abrir a lata batendo ao meta visitante cun tiro a media altura e ao primeiro pau.
Tras o descanso, ao pouco de iniciarse a segunda parte, outra vez Arce fabricou o segundo gol para poñer o 2-0 que ao final sería definitivo. O dianteiro verde provoca un penalti que él mesmo se encarga de transformar.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

Encher Espiñedo e axudar ao equipo no momento máis complicado da competición, éste é o obxetivo e por eso a directiva do club decidíu rebaixar a 5 euros a entrada para o público en xeral, os socios do Arenteiro coma sempre entrarán gratis.
Enfronte, un rival directo, o Laracha CF, un deses partidos nos que unha victoria vale máis que 3 puntos. A cita, o domingo 15 de Abril, dende as 17:30 horas no Estadio de Espiñedo.

O Arenteiro perdeu unha oportunidade de ouro de sacar algo positivo do campo do Ribadumia, pero tamén esta tarde a falta de acerto ante a portería contraria volve penalizar a un equipo que, para colmo de males, marcou en propia meta nunha desafortunada acción coa que os do Salnés lograron sacar adiante un partido (1-0) que xogaron en inferioridade numérica dende o minuto 16.
Crónica do partido en "La voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2018/04/09/zancada-gigante-...

Duro revés para os verdes en Espiñedo, tiveron varias ocasións de gol, e moi claras, para marcar pero a falta de puntería ante a portería rival volve ser unha excesiva condena para un Arenteiro negado ante o gol.
E outra vez volve a ser a historia que pudo ser e non foi, porque xa na primeira parte primeiro Iker e despois Igor puderon adiantar ao Arenteiro, pero os dianteiros locais fallaron, Iker nun man a man co porteiro visitante e Igor xa co meta batido.
Apenas unhos minutos antes do descanso, primeira xogada de mérito dos coruñeses e bingo, gol para irse a vestiarios con ventaxa visitante, e mazazo para os verdes.
Na segunda parte o Arenteiro saíu con decisión para revertír a situación, o equipo loitou pero sen recompensa, ata o punto de fallar incluso a portería vacía, sen dúbida a máis clara do partido nas botas de Vilachá. Antes, Pachi fixera o máis difícil ao evitar que o partido seguise vivo ao impedir que o Silva marcase de penalti.
Excesivo castigo para o Arenteiro e demasiádo premio os 3 puntos para o Silva, polo visto no cómputo dos 90 minutos.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

A palista do Fluvial Avión suma unha nova medalla ao seu palmarés, neste caso un bronce no Campionato de España Master de Piraguismo celebrado este pasado sábado 17 de Marzo no río Guadalquivir, en Sevilla.
Mónica Piñeiro conseguíu a 3ª posición na categoria máster 40-44, nesta mesma categoria, pero na masculina, o tamén palista do Fluvial Avión, Pedro Andrés, clasificouse no posto 19.
As regatas desenvolveronse nunhas condicións meteorolóxicas moi adversas, e numerosos participantes tiveron que ser rescatados polas lanchas de salvamento.
Na foto, Mónica Piñeiro, no acto de entrega de medallas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »