Deportes

O Arenteiro estaba aguantando ben no partido no Estadio da Lomba de Vilagarcía e a portería de Pachi apenas pasaba por situacións de perigo, pero todo se torceu mediada a primeira parte cando un regalo dos verdes permite ao Arousa marcar o primeiro gol.
Antes do descanso, o trigoleador esta tarde do Arousa Javier Pazos, aproveitaría un rexeite de Pachi para marcar o segundo e poñer o partido moi favorable aos locais.
Non obstante, á saída de vestiarios foron os mellores minutos do Arenteiro, e pudo meterse no partido se Borja acertase nun remate no que se cantaba o gol, pero o balón foise un chisco desviado.
E xa no minuto 68 chega a xogada que finiquita o partido, penalti e expulsión de Portela, que permite ao Arosa facer o 3-0. Logo, aínda tería outra boa oportunidade de gol Igor Sevivas, pero o seu tiro rexeitouno o poste, antes de que o Arousa fixera o cuarto e derradeiro gol da tarde.
Crrónica do partido en "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2018/0...

Os verdes volveron encontrar o camiño do gol e superaron desta maneira a vaga de resultados negativos das últimas xornadas, conseguindo tres importantes puntos para recuperar a tranquilidade, e ademáis, ante un rival directo como o Céltiga ao que tamén gaña o coeficiente particular.
A primeira parte resultou igualada, cunha ocasión de gol para ambos equipos, a do Céltiga foise ao pau e a do Arenteiro resolveuna de cabeza Carlos de Dios aproveitando un centro de Rubén Arce, no minuto 38, e asi chegou o descanso.
Nada máis comezar o segundo tempo empatou o equipo arousano. Falta ao borde da área grande e Adirán Camiño lanza un trallazo que describe unha parábola perfecta que se cola na portería de Pachi.
Malia o mazazo do empate, o Arenteiro soubo repoñerse e e ata por dúas veces as magníficas intervencións do gardameta do Céltiga Manu Taboas impedíron que os verdes marcasen, ata que no minuto 64 un córner lanzado por Dani Chimpín foi aproveitado maxistralmente por Igor Sevivas para conectar un cabezazo que desta vez fixo inútil a estirada do porteiro visitante.
No tramo final do partido o Céltiga foise a polo empate e consegíu meter o medo no corpo á afección do Arenteiro, xa que os verdes -á contra- tiveron un par de boas aproximacións, pero non souberon culminalas nos metros finais, pola que a incertidume no marcador mantívose ata o pitido final do árbitro.
Podes ver a ficha do partido no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...


Os valdeorreses conseguiron encarrilar moi pronto o partido, xa que apenas ían 12 minutos cando o dianteiro cántabro Iván Argos lanzou un tremendo chut dende a frontal da área grande que se colou como un obús pola escadra da portería defendida por Alex.
Xa co marcador a favor, o Barco seguíu sendo moito máis agresivo que o Arenteiro, asi e todo os verdes estaban atentos e correctos atrás e apenas concederon ocasións claras aos locais, eso sí, ao pasar do centro do campo para adiante o Arenteiro estaba bastante espeso, e non era capaz de xerar sensación de perigo ante a portería local.
Tralo paso por vestiarios con mínima victoria dos de Calabagueiros, o Arenteiro deu un pasiño adiante e tratou de ser algo máis incisivo ante a portería rival, por momentos tivo o control da pelota, pero igual que na primeira parte, con pouca claridade de ideas.
Xa a dez minutos para o final, os barquenses conseguiron o gol da tranquilidade e finiquitaron un partido pouco vistoso para o espectador, que polo menos para os locais deixoulles o sabor da victoria que os mantén en postos de promoción de ascenso.
Para ver a ficha do partido, preme no seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...
Crónica en "Somos Comarca": https://somoscomarca.es/barco-doblega-arenteiro-desdibujado/

A nova tarima flotante do pavillón anexo de Deportes xa está plenamente operativa para a práctica de todas as modalidades deportivas en pista cuberta. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou hoxe esta instalación acompañada polo alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Deportes, Manuel Dacal; e o voceiro e o concelleiro do Partido Popular, Argimiro Marnotes e Emilio Carballeda, respectivamente.
Francisco Fumega agradeceu o compromiso e a colaboración da secretaria xeral para levar a cabo a renovación desta pista, que era unha verdadeira necesidade, pois atopábase en malas condicións dende había tempo, e cuxo proxecto tivo un investimento de 61.000 euros, que foron aportados pola Xunta e o concello. O alcalde recordou o elevado uso desta instalación por parte das escolas deportivas municipais e clubs nas máis diversas modalidades, que serán os grandes beneficiarios da reforma realizada.
Marta Míguez tamén destacou a colaboración das administracións autonómica e local, “que é básico e é a línea que hai que seguir” –según dixo-. Tamén se referiu ao enorme potencial da práctica deportiva na vila do Carballiño, e asegurou que os grandes beneficiarios desta mellora do pavillón anexo serán os veciños e veciñas.
Finalmente, Manuel Dacal explicou as características da nova tarima flotante, que permitirá a práctica deportiva e a organización de competicións oficiais de calquera ámbito de balonmán, baloncesto, fútbol sala, patinaxe, ximnasia rítmica, taekwondo e outros deportes de pista cuberta. De feito, avanzou que hai peticións dalgunha federación para traer unha competición deportiva de ámbito nacional.
O proxecto foi executado pola empresa Mondo, especializada neste tipo de instalacións, e consistiu na resolución dos problemas anteriores de humidade e afondimento da pavimento nalguhas zonas, colocando unha nova tarima de madeira e pavimento de parqué enriba. Así mesmo, a pista leva un zócalo arredor, cunha lixeira separación das paredes, para evitar os posibles problemas derivados da dilatación.

Quen non estivese en Espiñedo e cun 0-4 final no marcador pode pensar que o equipo ferrolán foi unha apisonadora, pero equivocaríase, porque en realidade o único que fixo a UD Somozas foi aproveitarse dos regalos do Arenteiro.
Non lle fixo falta máis aos visitantes para levarse os 3 puntos do Carballiño, catro fallos defensivos dos verdes e catro goles do Somozas, e pouco máis, éste é o mellor resume do partido que abría a segunda volta na terceira división.
Outro partido para olvidar do Arenteiro, absolutamente plano durante toda a tarde, e incluso fallando un penalti, aínda que tal como foi o partido non pasa de ser máis que unha anécdota.
Para ver a ficha do partido, preme no seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

O 2018 comeza cun partido histórico xa que por vez primeira visitará Espiñedo a UD Somozas, un dos equipos referentes do fútbol galego da última década, recén descendido de 2ª división B, e un dos equipos punteiros da actúal competeción.

Non pudo o Arenteiro despedir o ano cunha alegría ante a súa afección en Espiñedo nunha tarde para esquecer canto antes, os verdes tiraron o partido nunha paupérrima primeira parte, que ademáis rematou coa expulsión de Rubén Arce por doble amarela.
E non foi a única da tarde, xa que con aínda máis de media hora de partido por diante o Arenteiro quedouse con 9 xogadores ao ver Portela vermella directa, noutra rigurosa decisión arbitral.
Asi que ante o Somozas no primeiro partido da segunda volta o Arenteiro quédase sen dous dos seus baluartes.
Aos 34 minutos marcaron os visitantes o 0-1, e xa a piques de cumplirse o tempo regulamentado chegou a sentencia, 0-2. Por salvar algo, decir que cando meno mal estivo o equipo foi cando se quedaron con 9 xogadores no campo, polo menos demostraron amor propio e non perderon a cara ao partido.
Con moi pouco o Cultural Areas levouse os 3 puntos, que enganchan aos ponteareáns na lea pola permanencia e deixan tocado a un Arenteiro que terá que reflexionar sobre a pobre imaxen dada nos últimos partidos.
Afortunadamente, os 25 puntos conseguidos, fan que o equipo poida encarar a segunda volta do campionato ainda nunha boa posición cara o obxetivo da permanencia, pero necesitará canto antes recuperar as boas sensacións.
Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...

A 9ª Carreira Solidaria do Arenteiro, que se ía celebrar este domingo, 10 de decembro, queda suspendida ante a alerta meteorolóxica de temporal, con fortes ventos e chuvias intensas, previstas para esta xornada dominical.
A proba, na que estaba previsto que participasen arredor de 600 persoas, aprázase para o domingo, 7 de xaneiro.
A decisión foi tomada na mañá do sábado polo concello do Carballiño, xunto co resto de colaboradores do evento, para evitar que se corra ningún tipo de risco por parte das persoas participantes na carreira. Por iso, tomouse a decisión de suspender a proba e trasladala ao7 de xaneiro.

O Arenteiro xogou en San Lázaro un partido de 45 minutos, competíu ben duarante a primeira parte e o Compostela so pudo marcar de penalti para ir con mínima ventaxa no marcador ao descanso, na segunda metade o Arenteiro foi amplamente superado polos locais.
Todo ía ben ata o minuto 36 de partido,cando o Compostela marca de penalti, ata ese momento o único perigo sobre a portería de Alex foi un tiro que ía camiño de gol pero que o hoxe debutante novo gardameta do Arenteiro evitou nunha gran intervención. E foi todo na primeira parte, o Compos tocaba e tocaba pero non era capaz de crear perigo ante a portería carballiñesa.
Pero a segunda parte xa foi outra cousa moi distinta. E eso que nos primeiros compases empezou ben o Arenteiro, pero so foi un espellismo que se acabou co segundo gol local no minuto 57. A partir dese momento, o Compostela sentíuse amo e señor dun encontro no que o Arenteiro veuse abaixo e xa non tivo capacidade de reacción.
Outro penalti no m. 65 propicíou o 3-0, e aos 80 m. o definitivo 4-0.
Para acceder a ficha do partido preme no seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- …
- seguinte ›
- última »