Denuncias

Faime gracia que este anónimo que ven co título de democracia plural chame anónimo ó resto. Mire anónimo de democracia plural, leccións de democracia as xustiñas. É unha perogrullada preguntar se un bipartito ou tripartito é malo. Claro que non é malo. O malo é non recoñecer que se fai de bipartito.
Vaia por diante todo o respecto por calquera formación política e polos compoñentes das mesmas. Pero o respecto non está reñido coa crítica. E a actitude de Alternativa Veciñal en Marea ten que ser sometida á crítica   por unha carencia absoluta de coherencia. Nestes tempos é máis necesario ca nunca cando falamos de xestionar recursos públicos: Competencia, integridade e coherencia.
 Sr.Sra Anonymus  opina por este foro de xeito malicioso.Non hai ningún pacto segredo.Alternativa Veciñal-En Marea ,confluencia de distintos correntes cidadáns que o único que lle importa é o ben común , sen obediencia partidaria algunha , fai todo via pleno, ou sexa con transparencia.Votouse a favor dos orzamentos en base a dar cumplimento a acordos plenarios(recadación , medios publicos de co
Un saudo a todas e todos os que seguides dunha maneira máis ou menos directa a política municipal e os entresixos que se veñen dando.Son Manuel Nogueira, covoceiro de En Marea Comarcal e integrante de Alternativa Veciñal do Carballiño.
Con respecto ao do bipartito carballiñés e a persoa que dí que non ten esa percepción. Pode que sexa un tripartito entón: O PsdeG, Alternativa veciñal (a cara que representa estar cos veciños) e En Marea (a cara ideolóxica) que unhas veces sube e outras baixa según os intereses.
O bipartito carballiñés? Non o vexo por ningures Se o comentario anterior se refire a Alternativa Veciñal... Pois como veciña non percibo eso é máis cabe recordar que aínda non fai 3 meses que o Sr. Bernardo García ameazou con acudir aos tribunais para denunciar ao Alcalde e Concelleiro de Tráfico polo asunto das terrazas.  
Totalmente de acordo co BNG que o que fixo o alcalde xunto co das mareas é pailán e unha auténtica cacicada. Iso de ir a falar cos veciños, no seu nome, cando se fai cos cartos de todos é de cacicato tercermundista. E falando dos cartos de todos, a ver se aclaran que vai pasar coa recadación. Porque seguro que este bipartito pretende pasar un tupido velo sobre o asunto.
Esta é unha chamada á responsabilidade para quén lle competa no Concello de Maside. Xa que temos poucos cativos no pobo, polo menos, que a Administración municipal procure garantizar a seguridade pública nos espazos destinados a aquéles.
Como se pode ver na imaxe, tomada às 10:15 do día 12 de abril frente á gasolineira da Piteira, estanse a podar as árvores do Carballiño en plena época de brote das follas. Algo totalmente fora de lugar e sorprendente nunha Vila onde a maior parte dos veciños temos raíces no rural e sabemos de sobra que non son datas para podas.
Este ano, dentro da promoción turística da Semana Santa do Carballiño decidiuse apostar pola colocación de duas vallas publicitarias de empresas distintas na rotonda da Fontela.

Deportes

Os verdes non estiveron solos na súa visita ao Reina Sofía de Salamanca, onde os animosos e numerososos afeccionados do Arenteiro deixaron a gorxa para facer oir entre os 4.000 espectadores que se deron cita no estadio charro na tarde-noite de venres santo.
Un moi inspirado Marqueta, o gardameta zaragozano do Ourense CF, foi coas súas grandes intervencións baixo paus o gran artífice do seu equipo para non sair derrotado de Espiñedo ante un Arenteiro que fixo méritos para máis que un empate. 

Páxinas