O Arenteiro perdeu unha oportunidade de ouro de sacar algo positivo do campo do Ribadumia, pero tamén esta tarde a falta de acerto ante a portería contraria volve penalizar a un equipo que, para colmo de males, marcou en propia meta nunha desafortunada acción coa que os do Salnés lograron sacar adiante un partido (1-0) que xogaron en inferioridade numérica dende o minuto 16.
Deportes
Duro revés para os verdes en Espiñedo, tiveron varias ocasións de gol, e moi claras, para marcar pero a falta de puntería ante a portería rival volve ser unha excesiva condena para un Arenteiro negado ante o gol.
A palista do Fluvial Avión suma unha nova medalla ao seu palmarés, neste caso un bronce no Campionato de España Master de Piraguismo celebrado este pasado sábado 17 de Marzo no río Guadalquivir, en Sevilla.
De nada valeu o golazo de Iker Hurtado que empataba un partido que moi pronto, aos 6 minutos, se puxo favorable para os locais nunha tarde inspirada do futbolista local Ricar, que conseguíu un hat trick e fixo que o Arenteiro regresase de vacio da súa visita a Redondela ao caer derrotado por 3-1.
Dúas accións a balón parado na primeira parte puxeron o partido en franquicia para o Bergantiños, que marcou nos minutos 25 e 34, antes Iker Hurtado -por dúas veces- pudo adiantar o Arenteiro, pero nunha ocasión non chegou por pouco e noutra o porteiro local sacou unha man prodixiosa que impedíu que os verdes se puxeran por diante no marcador.
Os verdes resolveron en 9 inspirados minutos un partido que había que gañar sí ou sí, e fixerono entre os minutos 36 ao 44 marcando 3 goles que deron tranquilidade ao equipo e á grada antes de que chegase o descanso, na segunda parte outros dous goles para redondear o marcador co 5-0 final.
Definitivamente os verdes perden o colchón que mantiñan cos postos de descenso tras perder por un gol a cero na súa visita ao campo do Negreira, onde a falta de acerto ante a portería contraria volve condenar ao Arenteiro a un derrota, tamén desta vez demasiádo castigo para o visto no Jesús García Calvo.
O Arenteiro repetíu ante o Ourense CF a película dos últimos partidos, xoga tanto ou máis que o rival, incluso é manifestamente superior, traballa e crea ocasións, pero perde o partido.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- …
- seguinte ›
- última »