Deportes

Non pudo o Arenteiro despedir o ano cunha alegría ante a súa afección en Espiñedo nunha tarde para esquecer canto antes, os verdes tiraron o partido nunha paupérrima primeira parte, que ademáis rematou coa expulsión de Rubén Arce por doble amarela.
A 9ª Carreira Solidaria do Arenteiro, que se ía celebrar este domingo, 10 de decembro, queda suspendida ante a alerta meteorolóxica de temporal, con fortes ventos e chuvias intensas, previstas para esta xornada dominical. A proba, na que estaba previsto que participasen arredor de 600 persoas, aprázase para o domingo, 7 de xaneiro.
O Arenteiro xogou en San Lázaro un partido de 45 minutos, competíu ben duarante a primeira parte e o Compostela so pudo marcar de penalti para ir con mínima ventaxa no marcador ao descanso, na segunda metade o Arenteiro foi amplamente superado polos locais.
Non tivo a súa tarde o Arenteiro ante un combativo Barbadás con efectividade máxima, dúas chegadas e dous goles, mentres que os verdes a pesar de xogar por debaixo do seu nivel habitual tiveron varías ocasións pero volvereron estar erráticos ante a portería rival.
Unha pena, porque por xogo e ocasións o Arenteiro non mereceu sair derrotado deste partido en Barraña, tan so a falta de definicion ante a portería local privou aos verdes de puntuar ante un Boiro que acabou pedindo a hora e co Arenteiro perdonando o empate.
Con este empate, os verdes frenan a racha de cinco victorias consecutivas coas que o equipo chairense chegaba na tarde deste domingo a Espiñedo, que volvía presentar un gran aspecto no graderío con arredor de mil afeccionados, a entrada habitual no municipal carballiñés.
O Racing club Vilalbés visita O Carballiño 23 anos despóis, tantos como hai que o Arenteiro non xogaba en terceira división, na tempada 1993-1994. Xa choveu.
E tan lonxe que foi en terras coruñesas preto da costa da morte, no estadio municipal da Laracha, onde o Arenteiro cun gran gol de Rubén Arce na segunda parte, trouxo os tres puntos para O Carballiño. E con estes son xa 24 os puntos que os verdes teñen no seu casilleiro tras xogadas 14 xornadas do campionato de liga no grupo 1º da Terceira División.
Tarde de mércores e de festividade de todos os santos, e de fútbol en Espiñedo, con outra magnífica entrada no graderío e victoria dos verdes ante o Ribadumia con goles de Pana, Dani Chimpin e Igor Sevivas.
O encontro matinal xogado no campo da Grela en A Coruña entre o líder Club Silva e Arenteiro tivo dúas partes absolutamente diferenciadas, e unha calamitosa actuación arbitral que perxudicou descaradamente ao Arenteiro.

Páxinas