Deportes

O Arenteiro recupera posto de ascenso directo na clasificación da Preferente Galicia tras gañar ao Erizana CF no campo Val de Martín, de Baiona, e grazas a un gol de Carlos de Dios no minuto 73 de partido.
Os verdes perderon en Portonovo un partido que tiñan gañado ata o minuto 71 de xogo, pero no fútbol afirma a máxima que quen perdoa acabao pagando, e eso aconteceu, pudo o Arenteiro ter sentenciado o partido con antelación, e ao final rematou perdendo.
Os equipos C.D.Arenteiro e Sporting Carballiño disputarán este sábado un encontro solidario a favor da Cruz Vermella. Trátase do I Trofeo Benéfico Vila do Carballiño que foi presentado este mediodía polo concelleiro de Deportes, Xosé Manuel Dacal, e directivos de ambos equipos e da Cruz Vermella do Carballiño.
Con esta victoria ante o Uníón Grove, os verdes cumplen un ano invictos en Espiñedo na competición da Preferente Galicia, xa que non perden un partido dende aquél 1-2 ante o Marcón At. o dia 13 de decembro de 2015.
A organización da 8ª Carreira Solidaria do Arenteiro espera acadar unha participación semellante a do pasado ano, que foi de 750 persoas. A día de hoxe as inscricións achéganse ás 400, e ainda se poden realizar ata o xoves, 15 de decembro. No caso das categorías infantiles, incluso poden apuntarse ata as 11 da mañá do propio día da carreira, este domingo, 18 de decembro.
Difícil resulta explicar como a un equipo como ao Arenteiro que nas últimas 13 xornadas de liga os rivais tan so foron capaces de facerlle 6 goles, pode encaixalos nun mesmo partido e ademáis, ante o colista da clasificación, que derrotou aos verdes por 6-2.
Non pudo ser, o Arenteiro, campión das dúas últimas edicións da Copa Deputación quedou apeado da competición na eliminatoria coa UD Ourense, tras empatar a 3 goles no partido de volta desputado no Estadio de Epiñedo, que rexistrou unha gran entrada. No partido do Couto os unionistas gañaran 1-0, polo que se clasifican para a seguinte ronda copeira.
Tres goles de alta definición conseguidos polos xogadores do Arenteiro poideron verse no Estadio de Espiñedo no partido correspondente á 16ª xornada do campionato da Preferente Galicia, que con esta victoria ante o Atios siguen liderando os verdes por novena xornada consecutiva.
Aos dez minutos os verdes xa gañaban 0-2 no Arjiz verinense, e á media hora o partido quedaba liquidado cun contundente 0-4 a favor do Arenteiro, con doblete de Dani Vázquez e Rubèn Arce. Xa co tempo culplido, os locais fixeron o chamado gol da honra.
O Arenteiro continúa outra xornada máis, e con ésta van xa sete consecutivas, como líder da Preferente Galicia tras vencer á SD Nogueira por dous goles a cero no Estadio de Espiñedo, que rexistrou outra gran entrada no graderío, con máis de 700 espectadores.

Páxinas