Deportes

O Arenteiro 2016/17 comezará a traballar o mércores dia 20 de Xullo ás 20:30 horas no Estadio de Espiñedo, no que será a xornada de presentación e inicio das sesións de adestramento para preparar a súa participación na Preferente Galicia.
O capitán Pachi levantou a terceira Copa Deputación na historia  do club, a segunda consecutiva, desta vez contra o Poligono S.C, que foi un digno rival e non se entregou ata o pitido final.
O equipo dirixido por Manel Vázquez adestrou esta semana no Estadio do Couto, no propio escenario da gran final da Copa Deputación, onde este sábado dia 11 o CD Arenteiro pode facer historia na historia do club se é capaz de gañar o título por segundo ano consecutivo.
Un gol de Vitti nos primeiros compases do partido en Bande igualou a eliminatoria, despois o Arenteiro tivo varias ocasións para sentenciar pero as sensacionais intervencións do meta local Suso levaron a eliminatoria á tanda de penaltis, na que os verdes gañaron 4-5.
Máis de 200 deportistas citaranse esta fin de semana no pavillón Paco Chao, na clausura dos cursos das escolas municipais de Ximnasia Rítmica-Club Marusia e de Patinaxe Artística. Asemade, máis de 200 futbolistas participarán nos dous eventos que terán lugar o domingo en Espiñedo: a clausura das escolas municipais de fútbol e a final da Copa Delegación.
O Arenteiro, que xogou un mal partido en Espiñedo e acabou perdendo por 0-1, necesitará unha remontada o pròximo domingo en Bande, para superar esta eliminatoria de semifinais da Copa Deputación.
O Arenteiro acabou perdendo en Atios por 3-1 un partido que ía gañando ata o minuto 78, non obstante a derrota deixa aos verdes no sétimo posto da liga 2015/2016 da Preferente, nunha das mellores clasificacións do Club nos últimos 20 anos.
Tarde primaveral e gran afluencia de público ao "Luis Cid Carriega" de Allariz para ver o encontro de volta de cuartos de final da Copa Deputación de fútbol, que clasificou ao Arenteiro para semifinais tras vencer por 1-3 aos alaricanos.
No derradeiro partido de liga xogado no Estadio de Epiñedo, ante unha boa entrada no graderío, os verdes derrotaron 3-1 ao CD Lalín, unha victoria que aupa aos verdes ao sexto posto na clasificación da Preferente a falta dunha xornada para completar a competición, e condena virtualmente ao histórico Lalín a xogar o ano que ven na 1ª autonómica.
Un gol de Dani Vázquez no minuto 38 deu os 3 puntos ao Arenteiro na súa visita ao campo pontevedrés do Marcón Atlético, unha victoria que consolida aos verdes na séptima posición da táboa de clasificación na Preferente Galicia, a falta de tan so dúas xornadas para a conclusión do campionato.

Páxinas