Os locais non deron opción a un Arenteiro que tirou -literalmente- a primeira parte, do minuto 1 ao 45, o Porriño Industrial foi netamente superior, unha superioridade fraguada no centro do campo, onde unha e outra vez marcaron a difererencia, levandose todos os balóns nesta parcela e superando a un fráxil Arenteiro con dous goles nos minutos 14 e 31. Partido correspondente á 28ª xornada na Preferente Galicia, desputado no campo de Lourambal, con presenza de afeccionados do Arenteiro, entre eles varios carballiñeses residentes en Vigo.
Deportes
Luis Iglesias e Beatriz Fernández, resultaron vencedores absolutos, nas categorías masculina e feminina, da IV Media Maratón disputada este domingo no Carballiño.
Iván Docampo e Marina Losa, resultaron vencedores na categoría de 7 Km.
O deporte acaparará a actualidade informativa esta proxima fin de semana no Carballiño. Trátase de dous eventos de gran significado, tanto pola participación como pola repercusión que terán na vila, sobre todo, no sector hostaleiro e entre as afeccións ao motor e ao atletismo.
O conxunto carballiñés impúxose aos vigueses do AlertaNavia tras voltear o marcador, xa que os visitantes cobraron ventaxa á media hora de partido. A un minuto para chegar ao descanso, o árbitro sinalou como penalti unha man dentro da área dun xogador vigués, e Martín Pérez empatou para o Arenteiro, nunha xogada que seguramente resultou providencial para o desenlace final do partido.
O Arenteiro abríu o marcardor cun gol de Alberto aos 10 minutos de partido, acaso na mellor xogada dos verdes de toda a tarde, co 0-1 chegouse ao descanso, tras unha primeira parte na que o Arenteiro trataba de propoñer algo de fútbol mentres que os locais dedicabanse a bombear continuamente balóns sobre a área do Arenteiro, creando unha sensación de perigo, maís ficticia que
O vixente campión, o CD Arenteiro mediráse na eliminatoria de cuartos de final ao Allariz, que agora mesmo lidera a 1ª Autonómica. O partido de ida en Espiñedo e a volta no Luis Cid "Carriega".
Pola súa parte, o Maside recibirá primeiro no Outeiro Grande á SD Bande, e a volta no campo do equipo da Baixa Limia.
Reparto de puntos entre Domaio e Arenteiro, ningún dos dous equipos logrou marcar polo que o partido rematou co resultado inicial de 0-0. O árbitro santiagués Miguel A. Castro non quixo ver dous claros, moi claros, penaltis na área local, recoñecidos ata polo público local. No Arenteiro, que afrontaba o partido con numerosas baixas, debutaron as últimas fichaxes, Aitor Martínez e Alberto.
Chegaba o equipo do Vilalonga a Espiñedo coa vitola de líder intratable da categoria, con tan so un partido perdido no que ía de liga. Pero enfronte estaba a mellor versión do Arenteiro desta tempada, a pesar das numerosas baixas, os verdes realizaron un sensacional partido conseguindo unha desas victorias que dín "de prestixio".
Pronto se puxo de cara o partido para o equipo local que se adiantaba aos 10 minutos de xogo e aínda sen cumplirse a media hora marcaba o Sanxenxo o segundo gol co que se chegaría ao descanso. En ningún momento conseguíu o Arenteiro meterse no partido, mentres un Sanxenxo superior poñía terra por medio no marcador no minuto 70 cun terceiro gol.
Victoria importante dos verdes para volverse creer equipo e alonxar fantasmas.
Últimas novas
Últimas denuncias
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- 57
- 58
- …
- seguinte ›
- última »