Deportes

O C.D. Arenteiro empatou en Espiñedo ante o Ribadumia nun partido que foi gañando ata o minuto 80 e pudo incluso perder nos minutos finais, cando o equipo do Salnés dispuxo dun par de ocasións para levarse os 3 puntos.
O Arousa S.C. impuxose por 3-1 ao C.D. Arenteiro no partido xogado no campo municipal da Lomba de Vilagarcia, tras intensos 90 minutos de futbol por ambos equipos, con tres goles locais que chegaron noutros tantos desaxustes defensivos dos carballiñeses, que maquillaron o marcador cun gol de penalti transformado por Dabarca.
O Arenteiro tivo que remontar o gol do Mondariz F.C. que se adiantou no marcador cando se xogaban aínda os primeiros minutos do partido, logo, dous goles de Iglesias, ún que cada parte, deixaron os 3 primeiros puntos do campionato en Espiñedo.
No Arenteiro será baixa o dianteiro David Soares, ao que o árbitro ensinou a segunda amarela unha vez rematado o partido de Sanxenxo, o que conleva un partido de sanción. Non obstante, Dacosta xa poderá contar con Marcos Sotelo e Cristian.
Un solitario gol no minuto 38 de partido derrotou ao Arenteiro no regreso dos carballiñeses á preferente no encontro xogado no campo do Baltar de Arriba ante o equipo local do Xuventude Sanxenxo.
Os carballiñeses abren este domingo a competición de liga en Sanxenxo, no campo do Baltar de Arriba. Dacosta poderá contar para este partido coa practica totalidade dos xogadores da plantilla, salvo Tacón, que se incorporará ao grupo no vindeiro mes de setembro.
Quen vexa o marcador e non vise o partido pudera pensar que foi fácil para o Arenteiro, nada máis lonxe da realidade. O equipo da 1ª autonómica vendeu cara a súa derrota e ata os últimos minutos de partido o Arenteiro non pudo resolver a eliminatoria.
A baixa de Kennedy, que deixou a disciplina do C.D. Arenteiro por decisión do propio club, será cuberta por Javi López, un xogador que chega O Carballiño despois de militar a tempada pasada no equipo de As Pontes, da 3ª división.
Duas victorias, ante Coruxo F.C. e Valenzá, e dúas derrotas, as colleitadas ante Barbadás e C.D. Ourense, é o balance do C.D. Arenteiro nesta pretempada.
  Un total de 23 xogadores iniciaron este pasado lúns as sesións de pretempada ás órdes de Ramón Dacosta. A falta de algunha incoporación de última hora para reforzar a parte de atrás do equipo, dase por practicamente pechada a composición dun plantel que terá unha media de idade de 23,5 anos.

Páxinas