Deportes

A área de Deportes do concello do Carballiño invita a todos os afeccionados ao futbol sala ás semifinais e a final do campionato de seleccións locais bases, que terá lugar o domingo 5 de febreiro.
O Arenteiro tan só pudo sumar un punto na súa visita ao campo do antepenúltimo clasificado, o Cortegada, na vixésima xornada do campionato de liga na 1ª autonómica.
Tivo que sufrir o Arenteiro ante o Monterrei para sumar os 3 puntos en Espiñedo. Ao final, un gol de Iglesias  resolveu un partido no que o mellor para o equipo carballiñés foi o resultado, unha sufrida victoria que permite ao Arenteiro seguir no pelotón de cabeza da liga na 1ª autonómica. No Arenteiro debutou Kennedy.
O xogador nixeriano, afincado en Vigo, regresa asi unhos meses despois á disciplina do Arenteiro, no que militou na última tempada, sendo o máximo goleador do equipo.
Paso atrás do Arenteiro na súa loita polo ascenso ao caer derrotado na súa visita ao campo do C.D. Allariz, que foi xusto vencedor do encontro desputado nas coquetas instalacións deportivas do Seixo, nunha tarde invernal, e na que por momentos chegou a caer auga neve.
Un golazo de Iglesias no minuto 53 de partido deu ao Arenteiro os 3 puntos no partido xogado esta tarde no campo dos Carrís ante o Barbadás B, desta maneira os carballiñeses comezan o ano con victoria, no partido que completa a primeira volta do campionato, conservando a segunda posición na táboa de clasificación, en posto de ascenso directo á preferente.
Plácido partido do C.D. Arenteiro en Espiñedo ante un inofensivo equipo, A Ponte SAD, quen te víu e quen te ve, un dos equipos históricos do fútbol ourensano, que chegou a desputar unha fase de promoción de ascenso á 2ª B, e que languidece agora na 1ª autonómica, polo visto esta tarde, ún dos equipo máis flouxos dos que durante a primeira volta pasaron polo Carballiño.
 O At. Vilariño chegaba a Espiñedo como vicecolista da categoria, e tras 90 minutos de partido demostrou o porqué ocupa esa posición na clasificación.

Páxinas