Política

19, Xuño 2009

O distrito forestal Arenteiro-O Ribeiro, con base operativa na localidade de Seoane, onde se concentran os recursos humanos e materiais da Xunta de Galicia na loita contra os incendios forestais, tén un total de nove parroquias que foron catalogadas de moi alto risco, e que serán obxeto dun plan especial de vixiancia. Son as de Nieva, no Concello de Avión, Abelenda das Penas en Carballeda de Avia, A Corna e Loeda en Piñor, Melón e Quíns en Melón, Lobás no Carballiño, Amarante en Maside e, finalmente, a parroquia de Oseira no Concello de San Cristovo de Cea. Todas estas parroquias, consideradas como de risco extremo serán obxeto dun operativo especial de vixiancia e control. Ademáis, neste mesmo plan de prevención e defensa contra os incendios forestais, que ven de aprobar o Consello da Xunta de Galicia para este ano 2009, figuran como Concellos que tamén se catalogaron como de risco elevado os de Boborás, O Irixo, Maside, Piñor, San Cristovo de Cea, Melón, Carballeda de Avia, Cortegada e Melón, todos eles pertecentes a este mesmo distrito forestal que agrupa a totalidade dos Concellos das Comarcas do Ribeiro e O Carballiño.

17, Xuño 2009

O Presidente da Entidade Local de Berán, José Luis Rodríguez, calificou como de "dia histórico o de hoxe para Berán", tras a aprobación das bases que deberán regular a convocatoria do concurso público para adxudicar a concesión do novo balneario de Berán. Nunha intervención a través do programa "A Mañá de Cope O Carballiño" posterior á celebración da Xunta da Entidade na que se aprobou o documento por unanimidade, O Presidente non desimulou o seu sentimento de satisfacción, xa que atrás queda un longo proceso de ano e medio no que as diferencias có vocal socialista Tomás Lorenzo foi retrasando sucesivamente a súa aprobación. Agora, as bases serán remitidas á Xunta de Galicia e o Concello de Leiro para a súa ratificación, antes de proceder a súa publicación no DOGA. As empresas que opten ó concurso terán 40 dias para presentar ás suas ofertas,  deberán abonar cen mil euros á sinatura do contrato, e un canon anual mínimo de 18 mil euros. Os veciños de Berán disfrutarán das novas instalacións balnearias cun rexime especial de prezos e tarifas reducidas.

16, Xuño 2009

A solicitude de recoñecemento dos perímetros de protección presentada ante a Xunta por parte dos Balnearios do Carballiño e As Caldas de Partovia está xerando certa inquietude entre a veciñanza, sobre todo na parroquia de Partovia, o que levou a asociación de veciños desta localidade a convocar unha reunión informativa que terá lugar este mércores dia 17 de xuño ás 8,30 da tarde na sede da asociación veciñal, no lugar das Cabadas. A esta reunión foron invitados os Alcaldes dos Concellos de Maside, San Amaro, Boborás e O Carballiño, ós que abarca os rerspectivos perímetros de protección, ós que ambos - As Caldas e O Carballiño- teñen dereito como balnearios históricos. O perímetro de protección recolle tres franxas distintas, sendo a primeira e máis próxima a estos centros balnearios a máis restrictiva en canto a certas actividades industriais e agrícolas, que aparecen recollidas no Real Decreto 116 do ano 2001. O departamento Territorial da Consellería de Economia e Industria somete a información pública esta solicitude, desde o pasado dia 10 de xuño e por un periodo de 20 dias hábiles, ós efectos de presentación de alegacións por parte dos propietarios de terreos, bens e dereitos comprendidos neste perímetro de protección.

15, Xuño 2009

A resolución da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tén data do pasado dia 26 de abril, e xa foi comunicada  ás partes o dia 4 deste mes de xuño, e na mesma desestimase o recurso de súplica interposto polo Concello do Carballiño e a promotora Fanjol contra o auto do pasado mes de marzo no que solicitaba a inexecución da sentencia que obriga ó Concello do Carballiño á demolición da útlima planta do edificio do antigo hotel Rogelia, entre as praza dos Irmáns Prieto e a avda. de Julio Rodríguez Soto, tras o recurso contencioso promovido por un grupo de veciños do edifcio colindante, e os que a xustiza deu a razón. O TSXG estimou parcialmente a inexecución solicitada polo Concello Carballiñés, pero ordenou a demolición dos áticos da última planta do edificio. Agora, a resolución do recurso de súplica, manifesta que  "con independencia de los perjuicios que ello suponga para quien, según el contenido de la sentencia, ha vulnerado la normativa urbansitica y que era aplicable al caso, y que debe afrontar las consecuencias de ese proceder antijurídico".

14, Xuño 2009

Simpatizantes e persoas afíns ó bng carballiñés están trasladando ós responsables deste grupo municipal o seu malestar polas negociacións que se están levando a cabo co psoe para acadar un pacto de goberno no Concello do Carballiño. Malia que a dirección local do bng consultou á militancia nunha asemblea local e conta inicialmente coa a súa aquiescencia para negociar cos socialistas un goberno bipartito, o certo é que nos últimos dias son numerosas as persoas próximas ó bng que veñen manifestando o seu rexeitamento ante este anuncio, que está a despertar certo recelo nos ambientes afíns ó bng carballiñés. "Onte mesmo chamei persoalmente a Amil paa preguntarlle que estaba pasando e manifestarlle a miña opinión totalmente contraria o acordo que se pretende", comentaba unha destas persoas, "sumiron o Concello nun caos económico e político e agora veñen pedir socorro, atá agora estiveron ninguneando o bng, non o entendemos". Estas reticencias que se están detectando entre o electorado nacionalista máis fiel, podería facer reflexionar ós concelleiros do bng, que non son alleos a esta realidade, e saben que os remisos a asinar un pacto de goberno con psoe son numerosos nestes momentos no entorno nacionalista.

Mentres, as negociacións poden entrar nunha fase decisiva esta mesma semana. Os negociadores do Bng presentarán un compromiso de mínimos que deberían asumir os socialistas, e no que entrarían a realización dunha auditoria das contas muncipais e un plan de pago ós acreedores do Concello. Tamén está ainda por decidir o reparto de áreas entre unhos e outros. No bipartito que ambos protagonizaran entre 1995 e 1999, o bng daquéla con 3 concelleiros, ún memos dos que tén na actúal corporación, tivera ó seu cargo as concellerías de obras e urbanismo, medio ambiente e servizos sociais, e a primeira tenencia de Alcaldia.

 

 

14, Xuño 2009

As axudas, procedentes da Consellería de Traballo e Benestar, permitirán a contratación de 130 traballadores no conxunto dos Concellos das dúas Comarcas. Na do Carballiño serán contratados un total de 57 traballadores, para o que se destinan 456.000 euros, sendo as actividades nas que se incidirá maiormente as de servizos de interese social e os Grumir. No caso dos Concellos do Ribeiro empregaránse  73 traballadores, cun orzamento de 618.000 euros, sendo as actividades máis comúns as relativas ó acondicionamento de espacios naturais e rehabilitación de espacios públicos.

A duración dos contratos oscilará entre os tres e os doce meses. Con este plan de emprego a través dos Concellos, a Xunta de Galicia pretende xerar novos postos de traballo no medio local e rural, disminuindo desta maneira as consecuencias da crise económica que estamos padecendo. A adxudicación de fondos fíxose, según a Consellería de Traballo e Benestar, tendo en conta criterios non só de poboación e taxas de desemprego, senón tamén na solidariedade e o reequilibrio territorial.

12, Xuño 2009

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións de Carlos Montes, Alcalde do Carballiño

11, Xuño 2009

Unha  veciña da localidade carballiñesa de San Fiz do Varón faleceu esta tarde nun acccidente de tráfico na estrada do eixo do ribeiro, a altura da propia parroquia do Varón, a unhos catro kilómetros do Carballiño. O sinistro aconteceu minutos antes da oito da tarde, cando un vehículo se saíu da calzada e posteriormente producíuse un choque entre dous turismos. Atá o lugar desplazouse o helipcótero medicalizado do servizo 112 con base no hospital provincial de Ourense. Por parte da garda civil de tráfico non se falicitou a identidade da persoa falecida, ainda que se confirma que se trata dunha muller do pobo de San Fiz do Varón.

11, Xuño 2009

Primeiro, o rexeitamento por parte da Corporación dos orzamentos do 2009, e a conseguinte asfixia económica que se agravou aínda máis no Concello Carballiñés, sen posiblidade de poder realizar operacións de tesorería -tan habituais neste Concello- nin poder solicitar préstamos, e xa agora, os resultados nas elecións ó Parlamento Europeo rexistrados no Carballiño este pasado domingo, nos que o Partido Popular obtivo 400 votos máis que a suma Psoe-Bng, fixo saltar as alarmas, toda vez que o PP obtería unha ampla maioria absoluta se os resultados se extrapolasen a unhas eleccións municipais. As consecuencias poden ser inmediatas, e asi pudemos sabelo de fontes de toda solvencia, un sector do grupo de Psoe presiona a Carlos Montes para que acelere un acordo co Bng. Neso consistiría xa que logo o "plan B" ó que fai unhas semanas atrás se referira o Alcalde Carballiñés, un acordo que que serviría non só para garantir a aprobación dos orzamentos do 2009, que serían novamente presentados ante o Pleno da Corporación, senón que iría máis alá e buscaría un acordo estable para os dous anos que restan do actúal mandato muncipal, un acordo que se plasmaría entón nun novo goberno muncipal bipartito entrre socialistas e nacionalistas para gobernar conxuntamente o Concello do Carballiño nos dous vindeiros anos, e no que os concelleiros do Bng asumirían responsabilidades nalgunas das áreas do organigrama  muncipal.  Montes conservaría a Alcaldia do Carballiño e o Bng entraría a formar parte do Goberno Muncipal.

9, Xuño 2009

Para participar na campaña haberá que solicitar a entrega dunha "cartilla" en calquera dos 91 establecementos do "centro Comercial Aberto do Carballiño" , para posteriormente completar as dez partes dun puzzle coa fotografia do vehículo que será sorteado, un peugot 107, cos gastos de maticulación incluidos, sorteo que se realizará ante notario  o dia 11 de agosto na sede da Asociación de Comerciantes do Carballiño entre todos os clientes que completen o puzzle. Haberá un prazo dun mes para reclamar o premio, e se transcurrido ese periodo non aparecese o gañador, entón sería novamente sorteado o dia 12 de setembro. A campaña inciase o dia 15 deste mes de xuño no que andamos,  e durante a mesma está previsto que se repartan arredor das 55.000 pegatinas para completar os puzzles.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Política