Política

Rosa González Doporto convértese na primeira muller na historia municipal de Boborás que preside o pleno da súa corporación.
A ausencia do alcalde Cipriano Caamaño propiciu este feito histórico no concello de Boborás, ao presidir a sesión ordinaria deste mes de Febreiro. Caamaño delegou as competencias da alcaldía na súa primeira tenente de alcalde entre os dias 21 ao 28 deste mes de febreiro, pero aínda asi mantivose a convocatoria que está fixada para o derradeiro venres dos meses par. Caamaño atópase de viaxe fora do país para participar nunha misión humanitaria nunha aldea africana, según apuntaron a esta emisora de radio persoas próximas ao rexedor municipal.
A alcaldesa en funciós conducíu unha sesión na que o grupo de goberno do Partido Popular aprobou os orzamentos municipais de Boborás para o ano 2013, cifrados en 1,4 millóns de euros, cun aumento do 5% en relación o do exercicio pasado. Os 3 grupos da oposición votaron en contra.
Os concelleiros de PSdG e MOVE criticaron o documento aprobado, facendo especial fincapé no alto endebedamento da institución municipal. O socialista Alberto Otero incidíu no aumento da débeda viva, que se "incrementou desde 558 mil euros aos 687 mil euros no último exercio", asegurou. José Benito Trigás, do grupo MOVE, lamentou "que a inversión real neste ano sexa de só 186 mil euros, apenas o 13% real do orzamento", Trigas dixo que "Boborás é un concello enfermo e sen futuro con 214 parados sen ningunha expectativa". O representante de MOVE incluso chegou a propoñer "un referendum entre os veciños" para preguntarlle "sobre a utilidade do concello na actualidade", apuntou.

O Grupo socialista ve "finalidade electoralista do Partido Popular" no proceso de selección, que defenden dende o goberno municipal do Carballiño.
"A realidade é que familias con unha situación desesperada quedaron totalmente excluidos deste proceso", manifestou o portavoz dos socialistas Paco Fumega. A este procedemento de selección presentaronse preto de 200 persoas, das que 24 resultaron seleccionadas para formar parte do Obradoiro de Emprego que na actualidade e durante 6 meses desenvolve a súa actividade.
Fumega asega que "mun primeiro barrido vemos que 12 ou 13 persoas que son axentes do Partido Popular" e considera que "esto pode que non sexa casual", polo que "pretendemos coñecer os baremos que se utilizaron para deducir se é unha casualidade que estea o Obradoiro de Emprego plagado de xente afín ó PP". O portavoz dos populares anuncio que seguirán investigando o proceso "presentamos xa un escrito pedindo toda a documentación" e unha vez estudiada a mesma "reservamonos emprender accións onde corresponda para depurar responsablidades", remarcou.
A este asunto referíuse o portavoz do grupo municipal de goberno, Martín Nogueira, defendendo a legalidade e transparencia do proceso de selección "nas bases, ún dos puntos que aparecen é a valoración que se fai da experencia, moitos dos aspirantes tiñan esa experiencia por ter participado en anteirores obradoiros cando precisamente gobernaban no concello os socialistas, non sei se é o máis xusto ou non, pero éstaba nas bases".
O portavoz dos populares engadíu "nós non somos da mesma condición e non entramos en política para facer o que durante tanto tempo criticamos, si realmente fixeramos unhas bases para que entrara a xente do PP é que somos parvos, porque entón tería que entrar en masa a xente do Partido Popular e non foi o caso", asegurou.
A valoración económica do material roubado feita polos responsables municipais ascende a 4.000 euros.
Tras a denuncia presentada polos responsables muncipais de Maside, a Garda Civil abríu unha investigación que culminou coa detención de dous mozos de 19 e 20 anos de idade, ambos veciños do municipio de Maside. A Garda Civil prendeunos, tras recuperar parte do mateiral sustraído, como presuntos autores dun delito de roubo con forza que terían cometido na madrugada deste pasado martes dia 19 na nave municipal propiedade do concello de Maside.
O Pleno do Consorcio reuniuse para aprobar os orzamentos do ano 2013, que ascenden a 2,1 millóns de euros.
As maiores contías destinanse á adquisición dos vehículos que integrarán o equipamento do parque móbil e o gasto de construcción do edificio, stio na zona empresarial do Carballiño. O Presidente do Consorcio, Ernesto Pérez, avanzou en manifestacións a esta emisora de radio que a mediados de abril esperase proceder á licitación do concurso para a adquisición dos catro vehículos contra incendios cos que contará o parque, que dará cobertura aos concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Nesta mesma reunión, celebrada na sede da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, fixouse a data para a posta en marcha do servizo, será o 1 de xaneiro de 2014.
O 3 operadores son Vodafone, Movistar e o galego R Cable. O procedemento de adxudicación púxose en marcha tras a apertura dos primeiros sobres, nos que se presentaban a documentación administrativa e as propostas de cada empresa concursante. Agora ábrese un prazo de dez días para que os técnicos municipais valoren cada unha das propostas, antes de proceder á adxudicación do servizo.
Mediante esta licitación a unha única compañía de toda a telefonía fixa, móbil e datos, os responsables municipais esperan "aforrar ata un 50% no gasto relacionado coa telefonía, tanto exterior coma interna". A duración deste contrato será de dous anos, contados a partir da formalización do mesmo, prorrogable por mutuo acordo das dúas partes, por outro dous anos máis, ata un prazo máximo de catro anos.
O adxudicatario deberá realizar a portabilidade dos números telefónicos dos que dispón actualmente o concello do Carballiño, e considerar as esixencias propias de servizos de emerxencias como o da Policía Local

Os populares abandonaron o pleno extraordinario da corporación masidá "porque non podemos votar o que non coñecemos".
O Partido Popular solicitara a convocatoria para "aclarar os verdadeiros motivos" que levaron ao redactor do PXOM a presentar a súa renuncia. Tamén quería a oposición saber dos traballos realizados polo técnico redactor durante os últimos anos e ata o momento de presentar a renuncia. Nin unha cousa nin a outra, no primeiro punto do pleno "renuncia do adxudicatario" volveuse dar conta -xa se fixera no anterior pleno ordinario- da renuncia do redactor e aceptouse a mesma por parte da corporación.
No segundo punto da orden do dia "convocar concurso para continuar a redacción do PXOM sobre o traballo realizado polo adxudicatario dimisionario", o alcalde alegou non dispoñer desa información, asegurando que unha vez aceptada formalmente a renuncia do redactor sería xa o momento de demandar esa documentación. O portavoz popular Juan Alvarez manifestou a súa extrañeza pola situación "cómo podemos emitir unha opinión favorable ou desfavorable, expliquenos como podemos opinar e votar si non nos entregaron o expediente nin documentación algunha", suliñou. Solicitou que o asunto quedase sobre a mesa ata que non poidesen contar coa documentación, petición que non foi atendida polo Alcalde Celso Fernández. Neste momento, os populares abandonaron o salón de plenos "ante esta tomadura de pelo". Os socialistas aprobaron cos seus votos iniciar o procedemento para continuar coa redacción do PXOM "sobre o traballo realizado polo anterior adxudicatario".
Dúas comparsas procedentes do municipio de Maside levaronse os dous primeiros premios do concurso do carnaval carballiñés.
A gañadora, premiada con 1.300 euros foi "As Bonecas dos Arrieiriños de Dacón" e "Os Pavos Reais dos Azucarados de Maside" conseguiron o segundo premio, dotado de 1.000 euros. Ambas agrupacións distinguironse pola vistosidade da súa vestimenta.
O Xurado outorgou o terceiro premio -800 euros- á comparsa "Catro Follas de Crecente", que destacou pola orixinalidade e laboriosidade dos seus traxes, feitos utilizando follas de árbores e outros elementos naturais. O público premiounos con aplausos en varios tramos do percorrido.
A AMPA do Colexio Vila do Arenteiro quedouse co cuarto premio, 400 euros, mentres que "Os trangallás do Irixo" e "A Caixa de Fantasía" de San Amaro, adxudicaronse o quinto e sexto premios, de 350 e 300 euros respectivamente.
O Premio especial de 300 euros á mellor animación foi para a comparsa da AMPA do Colexio Vila do Arenteiro.
Reciben accesits de 60 euros pola súa participación as comparsas "San Amaro baixo o mar", "Sairémos como galegos", "A Matanza do porco", "Letanía de Sangue" e "Pink Pon Pon Blue" da Asociación Lumarada.
Ainda que o tempo non acompañou, nunha tarde de chuvia e orballo, o público que presenciou o desfile volveu ser moi numeroso, sobre todo nas rúas Conde Vallellano, Rotonda da Alameda e primeiro tramo de Julio Rodríguez Soto, asi como ao seu paso pola rúa do Paseo.

Os preto de 65.000 euros recibidos polo concello de Avión investíronse na creación dun punto de transferencia de residuos de construción e demolición.
O proxecto executado polo concello de Avión, e financiado por medio do fondo de compensación ambiental, ten como obxectivo contribuír á desaparición dos moitos vertedoiros que degradan paisaxística e medioambientalmente distintas zonas do concello. Esta infraestrutura instalouse nunha parcela do que vai a ser o polígono empresarial do Sifón, cumprindo coas demandas ambientais por estar fóra do alcance visual desde a estrada e desde as parroquias e non producir cheiros por tratarse de materiais inertes.
O Delegado territorial da Xunta ,Rogelio Martínez, acompañado polo alcalde do concello, Antonio Montero, visitou as obras realizadas e constatou que os traballos se executaron conforme ao proxecto aprobado, cun orzamento total de 64.800 euros. Unha vez realizada satisfactoriamente a comprobación material do investimento procedeuse ao acto administrativo de recepción da obra, na casa do concello de Avión.

O Irixo, Piñor, Cea, Maside e O Carballiño concentran as actividades do entroido 2013 na comarca.
O IRIXO
Tras a paréntese do ano pasado, daquéla en plena polémica pola incineradora, O Irixo recupera este ano a festa do entroido, organizada polos veciños coa colaboración municipal. O sábado dia 8 pola tarde celebraráse un desfile de comparsas e pola noite un baile de disfraces no polideportivo do Irixo, amenizado por un grupo musical.
PIÑOR
As actividades neste municipio concentraránse na tarde do sábado 8 na localidade de Cotelas. Dende as 15,30 horas comezará a prepararse unha carroza, haberá un taller de maqullaxe e máscaras, e pola noite unha festa de disfraces que amenizará musicalmente o grupo ASES.
CEA
Un desfile infantil abre a programación na vila de Cea, ás 15,30 horas do lúns dia 11. As catro da tarde será a benvida ás carrozas do entroido de Parada de Amoeiro, e dende media tarde está programada unha festa infantil no edificio multiusos, animada con discoteca móbil.
A vila de Cea non terá este ano a verbena do lúns de entroido, que viña sendo tradicional nos últimos anos. Si se mantén a celebración do enterro da sardiña para o mércores dia 13, a partir das 20,30 horas.
MASIDE
Os "Felos de Garabás" volverán ser protagonistas da festa en Maside, onde as 5 da tarde comezarán a concentrarse as comparsas participantes no desfile que posteriormente ofrecerán pola rúa Principal de Maside. Sumaránse ao desfile a comitiva do entroido de Parada de Amoeiro. Todos os participantes desgustarán ao final unha chocolatada ofrecida polo concello de Maside.
O CARBALLIÑO
Venres dia 8
CARNAVAL DE CONTO NA BIBLIOTECA
Os nenos e nenas que queiran poden vir disfrazados do seu personaxe preferido de conto, cómic e outros.
- Decoración temática na Biblioteca.
- Taller de caretas
- Contacontos 'Os Bolechas van de carnaval'
De 17 h 30' - 19 h 30' na Biblioteca Pública Municipal do Carballiño
Venres e sábado, 8 e 9 de febreiro
CARNAVAL TEMÁTICO O FAMOSO NO CARBALLIÑO, en colaboración coa Asociación de Hosteleiros.
Sábado, 9 de febreiro
BATUKADA 'BATE NO COBRE'
A partir das 20,00 horas polas rúas do Carballiño
Domingo de carnaval, 10 de febreiro
Animación a cargo da Charanga CASTRO BELLO
- CONCURSO GASTRONÓMICO DE POSTRES DE CARNAVAL
- CONCURSO INFANTIL DE DISFRACES "NON CONFUNDAS"
A partir das 17,30 h na Praza do Emigrante
Luns de carnaval, 11 de febreiro
OBRADORIO INFANTIL DE MAQUILLAJE
KARAOKE INFANTIL
A partir das 17,00 horas na Praza do Emigrante
BAILE DE DISFRACES AMENIZADO POLA ORQUESTA 'OLYMPUS' en colaboración coa Asociación de Hosteleiros do Carballiño
A partir das 21 horas na Praza Maior
Martes de carnaval, 12 de febreiro
- ANIMACIÓN MUSICAL a cargo da Charanga DOUTOR ANCHOA, na sesión vermut polas rúas do Carballiño
- GRAN DESFILE DE COMPARSAS E CHARANGAS polas rúas do Carballiño a partir das 17,30 horas
- ORQUESTA ARAMIO a partir das 19,30 horas na Praza do Emigrante
Mércores de carnaval, 13 de febreiro
ENTERRO DA SARDIÑA na rúa Principal e Praza Maior, a partir das 20,30 horas.
Animación a cargo de: Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos dá Comarca do Carballiño e Charanga Castro Bello.
O Carnaval do Carballiño completaráse o domingo 17 de febreiro, coa celebración da XIX Festa da Cachucha”. 19 restaurantes do Carballiño ofrecerán un menú a base dun coicido de cachucha. A prorgaramción comezará ás 13:30 coa animación musical das charangas Castro Bello, Madialeva, Air Jalisia, e Doutor Anchoa. As actividades rematarán co concerto na Praza Maior da Orquesta Ledicia, dende as 19:00 horas.
A solicitude foi xa presentada formalmente no rexistro municipal de Maside e na mesma pídese "que o alcalde informe á veciñanza dos verdadeiros motivos desta renuncia".
O redactor do PXOM presentou fai unhos dias atrás a súa renuncia alegando "motivos persoais" para xustificar a decisión de non continuar ocupandose dos traballos de redacción do futuro regulamento urbanístico do municipio.
O Partido Popular fai constar na solicitude que "tendo en conta a relevancia do asunto, pídese que o pleno se celebre nun local máis amplo para o público co do salón de actos da casa do concello e nun dia e horario apropiados para facilitar a asistencia aos veciños de Maside", de forma expresa solicitase que a convocatoria sexa en sábado ou domingo en horario de mediodia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- …
- seguinte ›
- última »