As eleccións no Casino do Carballiño

21, Marzo 2011

Nestes días o Casino do Carballiño anda revolto por culpa da elección 
dunha nova xunta directiva. Por desgraza estas eleccións se lles está dando 
un marcado cariz político xa que nas semanas previas a un servidor uns 
socios de clarisima filiación PP dixeronme non votes a tal candidatura pois 
son do Bloque  e non convén votalos, por outra banda outros socios de 
clarisima orentación do PSOE dixeronme no votes a esta candidatura pois son 
do PP. Pareceme unha aunténtica vergonza que se estean facendo este tipo de 
manobras tan baixas e rastreiras para escoller unha xunta directiva dunha 
asociación cultural e que se esten tratando de manipular políticamente por 
parte de certos membros de certos partidos políticos xa que segun o meu 
xeito de ver unha asociación debe de estar á marxe da política. Como socio 
sinto tristeza e mágoa por como se estan levando estas eleccións que 
demostra ó interés de certo partido político por controlar as asociacións 
culturais da nosa vila xa que ata onde eu sei unha candidatura que se 
presentaba para acceder á xunta directiva esta integrada por persoas afins a 
certo partido de tendencias conservadoras. Por certo saben a quen votei: a 
quen me deu a gana á marxe da política