¿Fuga de gas na rúa principal?

11, Novembro 2009

Hoxe á tarde ó pasar pola rúa Principal do Carballiño máis ou menos á 
altura do Casino chegoume un cheiro bastante forte a gas. Pensando nun 
principio que podía tratarse dunha fuga de gas ó final descubrín que o 
causante deste cheiro era unha camioneta desas que se adican ó transporte de 
gas  a cal estaba aparcada á altura do banco BVA. Eu non sei se a presenza 
desta camioneta na rúa Principal se debeu a existencia dunha fuga de gas ou 
a encher os depósitos de gas a algunha casa. Sea cal fora o motivo polo cal 
esta furgoneta se personou na rúa Principal, penso que se debían tomar 
medidas para impedir que houbese fugas de gas no Carballiño revisando as 
canalizacións de gas e que as descargas de gas dende estas furgonetas de 
reparto ata as casas para que non desprendan cheiros tan fortes que causen 
alarma entre os veciños como xa pasou fai unhas semanas na rúa Uruguay e na 
mesma rúa Principal.