Os concelleiros socialistas de Leiro denuncian a falta de transparencia e deslealdade institucional do goberno municipal do PP.
Os concelleiros da corporación municipal de Leiro, Pedro José González González e Manuel Rodríguez, denunciaron publicamente hoxe o que consideran un "novo episodio de escurantismo e deslealdade institucional" por parte do grupo de goberno local.
A denuncia prodúcese tras a visita institucional da Directora Xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, ao Monumento Natural de Pena Corneira para anunciar un investimento de 60.000 euros.
Os representantes da oposición subliñan que o Goberno Municipal non informou nin convidou aos demais grupos da corporación a dito acto, tratando un investimento financiado con fondos públicos e europeos (FEADER) como un "evento privado de partido". Un patrón de comportamento antidemocrático "Non é un erro puntual, é un sistema de traballo", explican González e Rodríguez.
Os edís cualifican de "intolerable" que se estea a xestionar un investimento de 60.000 euros sen información pública detallada. Compromiso coa transparencia Os concelleiros aseguran que non van permitir que se siga "ninguneando" a representación democrática de Leiro e esixen respecto institucional.