Sen rede de protección na pista polideportiva de Leiro, a carón do río Avia.

28, Maio 2025

Os concelleiros do PSdeG-PSOE de Leiro, Pedro José González González e Manuel Rodríguez Vázquez, veñen de rexistrar un escrito dirixido ao alcalde solicitando a colocación urxente da rede de protección lateral na pista polideportiva situada xunto ao Campo da Feira, a carón do río Avia.

Trátase dunha medida que se vén aplicando anualmente nestas datas para garantir a
seguridade das persoas usuarias, especialmente nenos e mozos, e evitar que os balóns
escapen ao leito do río, co risco que iso supón tanto para a integridade física como para a conservación do material deportivo.

“Este ano a rede aínda non foi colocada, e xa nos teñen trasladado varias familias a súa
preocupación. Non se pode esperar a que haxa un susto para actuar. Pedimos que o Concello actúe con responsabilidade e resolva esta situación de inmediato”, sinalaron os concelleiros socialistas.

Desde o PSdeG-PSOE de Leiro insisten na importancia de manter en boas condicións as
instalacións deportivas municipais, facilitando un uso seguro e digno para toda a veciñanza