A violencia de xénero en cifras.

30, Xaneiro 2017

Pode resultar un pouco frío acudir ás cifras cando falamos dunha lacra que afecta a nosa sociedade. Pero peor é botarse en plancha sen facer unha fonda reflexión e achacar os problemas da violencia de xénero aos recortes. 

No gráfico elaborado polo Instituto Nacional de Estatística que aparece na parte superior dereita da páxina do propio INE vemos a evolución de vítimas mortais por violencia de xénero dende o ano 1999. Hai que recordarlle aos indocumentados do PSdeG do Carballiño, que a flamante lei de violencia de xénero elaborada polo recén chegado zapaterismo foi aprobada en decembro de 2004. Dende esta data o número de vítimas mortais non fixo máis que crecer. E estamos falando de datas de derroche total (Plas E, eres de Andalucía, e café para todos se son amiguiños da rosa). A non ser que os do Carballiño digan que o ZP tamen facía recortes, seria interesante que explicasen como os recortes do PP son os causantes do aumento do número de vítimas dende a lei de ZP do 2004 http://www.ine.es/ss/Satellite?L=es_ES&c=INESeccion_C&cid=1259926144037&...

Señores e señoras do PSdeG do Carballiño, fagan o favor de ter un chisco de dignidade, e non boten tan pronto a lengua a pacer. En política tamen se aprecia o rigor, e se non son capaces de telo, en ciertas ocasións seria mellor que calasen un pouco.