O Concello recorre aos plans provinciais para a execución das obras de reposición na rúa Ourense

25, Xuño 2012

Os responsables municipais esperan que no transcurso da semana se adxudiquen por parte da Deputación as obras na rúa Ourense, de tal maneira que o inicio dos traballos sexa inminente.

O problema da focha aberta nesta rúa remontase a fai case dous anos. Aínda que o actúal grupo de goberno anunciou como prioritarira esta obra ao pouco tempo de tomar posesión, non obstante a mesma non pudo executarse polo seu elevado coste, unhos 50.000 euros, polo que optouse por incluila nos planos provinciais da Deputación.

A obra consistirá en repoñer o colector existente por un novo (a avaría produciuse precisamente polo estado do anterior colector, que era moi antigo e deterioraba todo o ámbito con continuas avarías). Así mesmo procederase á reparación de todos os ramais e enganches dese colector. Os traballos ampliaranse nuns 70 metros lineais, co que se garante un arranxo total da zona de actuación.

Argimiro Marnotes e Magín Daparte, alcalde e concelleiro de obras respectivamente, mantiveron  unha reunión cos veciños afectados por esta obra, aos que explicaron a situación de proxecto e as xestións realizadas polo concello para solucionar o problema. Neste sentido o alcalde agradecía a todos os veciños a comprensión que en todo momento mostraron neste asunto "temos que agradecerlles a paciencia durante este tempo, pero eles entenderon tamén que a nosa intención era facer un proxecto bo, e non algo que tivésemos que arranxar en pouco tempo".

 A actuación non se centrará só en tapar a focha, senón no cambio do colector e da rede da zona, e ao mesmo tempo unha mellora da capa de rodadura nese tramo.