A Xunta financiará 15 prazas públicas para persoas con discapacidade na residencia de Aspadisi no Carballiño

8, Setembro 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou aos participantes no campamento específico para persoas con discapacidade que organiza a Xunta na Residencia de Tempo Libre do Carballiño e no que participaron 75 persoas con discapacidade este verán.

Posteriormente, a directora xeral reuniuse coa Asociación de familiares de persoas con discapacidade psíquica da comarca do Carballiño (Aspadisi), á que a Xunta destinou 655.000 euros para a construción da súa nova residencia inaugurada este ano e que xa comezou a recibir os seus primeiros usuarios, e agora tamén colaborará no financiamento de 15 prazas públicas.