Concello e Xunta analizan actuacións conxuntas entre ambas administracións para o municipio.

11, Xaneiro 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde, Francisco José Fumega, supervisou as obras de rehabilitación dun edificio de vivendas públicas no Carballiño, nas que a Xunta inviste preto de 80.000 euros.

As obras levadas a cabo no edificio, que consta de 64 vivendas e que teñen un prazo de execución de 2 meses, consisten na reparación do revestimento dos patios interiores e dos paramentos do garaxe, mediante a súa limpeza e aplicación dunha pintura impermeable. Estes traballos entrarían como actuacións de habitabilidade que proporcionan ao edificio estanquidade fronte á choiva e a humidade. Por outra parte, engádense obras de pintado dos teitos, dos garaxes e das varandas exteriores.

Reunión co alcalde

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, aproveitou a súa estadía no concello para manter un encontro co alcalde Francisco José Fumega e coñecer de primeira man as necesidades do municipio. Asi, entre as prioridades abordadas nesta reunión está a construcción do novo Centro Integral de Saúde do Carballiño. Nesta reunión tamén estivo presente o tenente alcalde Pepe Castro-Gil.

Nesta visita institucional de Manuel Pardo a O Carballiño, o delegado territorial tamén se achegou á Avenida do Arenteiro,onde estes dias atrás executouse a obra de demolición dunha edificación que estaba ubicada nas Barcias, e solo verde, e coñeceu as intencións municipais para a redacción dun plan de ordenación para o parque municipal.

Manuel Pardo trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello”.