De Espazo Común: novo recórd do absurdo no concello do Carballiño.
Como se fora para colgarse unha medalla, os veciños do Carballiño, vimos onte con estupor como nas redes sociais do Concello se subía a nova de que comezaba a funcionar unha brigada de prevención de incendios. A 21 de agosto¡¡
O descalabro da xestión do PPSOE que desgoberna este pobo semella non ter límites.
Despois das terribles escenas vividas nas últimas semanas e de que tiveramos o perigo ás portas cun incendio en Dacón o pasado domingo. Que, por certo, precisou da intervención do Grupo Municipal de Emerxencias pola ausencia dos bombeiros que estaban noutra incidencia. E que tamén, por certo, fixo necesaria a intervención da motobomba doutro concello xa que O Carballiño só conta cun camión pequeno ao non ter arranxado en todo o ano o de gran capacidade.
Despois das innumerables queixas veciñais pola falla de cumprimento da normativa e incluso de sufrir o abandono das áreas públicas.
Despois de todo iso temos que ver como este grupo que nos dirixe presume da posta en marcha desa brigada xa case en setembro.
Para previr o qué? Hoxe por hoxe, non se pode facer ningún tipo de limpeza no monte con desbrozadora nin con calquer outra maquinaria polo risco elevado de incendio.
Mención aparte merece a “ocurrencia” apadriñada e imposta polo alcalde accidental Pepe Castro de arrebatar un vehículo ao Grupo Municipal de Emerxencias que ademáis é propiedade da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para darllo a esta brigada de última hora. Este é o nivel de planificación e organización do PPSOE do Carballiño.
Asdo: Grupo Municipal de Espazo Común no concello do Carballiño.