Concello do Carballiño e Xunta avanzan no proxecto de humanización da Praza Maior a través do plan HURBE.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega Piñeiro, e o primeiro tenente de alcalde Pepe Castro-Gil.
Na xuntanza, que tivo lugar na sede da Delegación Territorial da Xunta en Ourense e á que asistiu tamén a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Pilar Fernández León, a conselleira e os responsables municipais abordaron actuacións en materia de infraestruturas e urbanismo, de interese para o municipio.
En concreto, neste encontro abordouse o proxecto de humanización da Praza Maior e a súa contorna, e que convertería a este espazo en peonil tras unha actuación para a que o concello carballiñés precisa un investimento no entorno do millón de euros. A conselleira comprometeuse a apoiar esta obra a través do plan HURBE, destinado a financiar este tipo de acturacións de mellora dos ámbitos urbanos en vilas e núcleos rurais-