XA ESTÁ BEN... DIGO EU
O de este Goberno Municipal coas rúas Puerto Rico e Colombia xa non ten nome. Supera o soportable. Temos a rúa chea de fochancas, socavóns, cráteres, máis ben xa non temos rúa. Dende aquí pídolle o grupo de goberno, que troque o nome deste vial. Lameiro ou Congostra Colombia. Às cousas hai que chamarlle polo seu nome.
Pero o asunto mellora. Agora en pleno entroido, en inverno con choiva, néboa e demais elementos, resulta que levamos DUAS NOITES SEN ALUMEADO PÚBLICO EN COLOMBIA E PORTO RICO.
Pase que non teñamos servizo de limpeza, que teñamos os contedores na Julio Rodríguez Soto, que todos os cans do Carballiño veñan mexar e ... a esta rúa, pero home que estemos a escuras xa é pasarse.
Neste intre son as oito da tarde e da medo, pavor circular pola rúa Colombia.
Logo imos por hai falando de estadios de fútbol, parques empresariais, aeroportos e reloxos de sol.
Vaiche boa vai.