
CINE. O Cine Club Carballiño proxecta este venres dia 13 ás 20:00 e 22:30 horas no auditorio o filme chinés "El regreso de las golondrinas". O Novocine de Leiro proxecta cine de estrea "La patrulla canica, la superpelícula", cine infantil e familiar a diario ata o próximo domingo dia 15 en horarios ás 16:00, 18:00 e 20:00 horas.
TEATRO. Continúa a Mostra de Teatro Amador de Tiruleque, este sábado dia 14 ás 20:00 horas, o grupo "Gargallada Teatro" presenta a súa comedia "Crónica dun pobo".
1ª XUNTANZA DE CLÁSICOS DO IRIXO. Máis dun cento de coches clásicos participan nesta caravana automobilista que recorrerá polas estradas das parroquias do municipio, con xantar de confraternidade na carballeira da Pena da Sela.
ARENTEIRO FOTOGRÁFICO: A asociación "O Potiños" abre do venres ao domingo as exposicións fotográficas que permanecerán durante este mes de outubro no baixo sito no número 26 da rúa Evaristo Vaamonde.
VISITA COMENTADA AO CASTRO DE CAMEIXA. O concello de Boborás invítanos a unha visita guiada e comentada ás escavacións do castro de cameixa, será ás 11 da mañá do domingo 15, e o punto de encontro será o campo da festa da parroquia de cameixa.
FUTBOL DE PRIMEIRA RFEF: O Arenteiro recibe desde as 20:00 horas do domingo 15 en Espiñedo ao equipo vasco do Sestao River, en partido correspondente ao campionato de liga da Primeira Federación.

A polémica polo anuncio de CD Arenteiro que non instalará en Espiñedo a grada provisional que estaba prevista tras comunicarlle o concello que non podía autorizala por cuestións urbanísticas e tras saberse que un particular presentou unha denuncia, asi como a posible alianza de Jácome e Pachi Vázquez para unha lista conxunta de Democracia Orensana e Espazo Común para concurrir ás autonómicas de 2024, foron desta vez temas estrela na Tertulia de COPE O Carballiño.
Sebastían Lamazares, José Antonio Barge, Manuel Nogueira, e María Luisa Rodríguez participan nesta tertulia do venres 13 de outubro de 2023.
Pode escoitála no audio adxunto:


Asi llevamos 4 meses en la calle Blanco Amor de Carballiño, ya avismos al concello pero no hacen nada.

Son datos oficiais que publica e actualiza cada trimestre o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agencia Urbana, e nos que podemos ver a evolución das transaccións inmobiliarias no municipio do Carballiño. Dos mesmos pódese concluir que O Carballiño está quedando sen vivenda nova e as que pode haber non están a venda.
Os datos oficiais son concluíntes, en todo o ano 2022 do total das 120 operacións de compra e venda de vivenda no concello do Carballiño tan so 8 foron vivendas novas. E se miramos ao primeiro semestre deste ano 2023 observamos que do total das 46 transaccións inmobiliarias contabilizadas, tan so 1 foi de vivenda nova.
Os últimos datos contrastan cos dos mellores anos en vendas de vivenda no municipio carballiñés no que levamos de século 21. O mellor ano, o de 2008, chegaron a realizarse en total 272 transaccións inmobiliarias, das que 210 foron de vivenda nova. No ano 2010 foran en total 246 as operacións de compra venda de vivenda, das que 203 eran vivendas novas.

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo neste xoves dia 12 de outubro, no concello de Avión, parroquia de Nieva, que segundo as últimas estimacións supera xa as 70 hectáreas de superficie afectada. O lume iniciouse ás 21,34 h. deste pasado mércores e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 8 técnicos, 16 axentes, 26 brigadas, 19 motobombas, 2 pas e 3 avions. A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Boas tardes, quero decirlle o da queixa ultima, que él mesmo está deciendo que a culpa de que non se faga a grada supletoria no Espiñedo é do DENUNCIANTE. se non fora por él a grada fariase, digame vostede que coño gaña esta persoa con facer o que fixo, o terreo vai estar ahí igualmente, pero a maiores haberia unha grada pos afeccionados do ARENTEIRO, PO EQUIPO, E SOBRE TODO POLO BEN DO CARBALLIÑO. Canta máis xente veña de fora ver o futbol máis ingresos deixan no pobo. Ca GRADA feita, gañabamos todos, sin ela, gaña o DENUNCIANTE.
A LEY DI MOITAS COUSAS COMO POR EXEMPLO : QUE TODOS TEMOS DEREITO A UNHA VIVIENDA DIGNA, A UNHA SANIDADE PÚBLICA DIGNA, A UNHA EDUCACIÓN PÚBLICA etc. e nada de nada, a ley está feita pos tramposos.
Esto non era pa ser denunciable, hay grandes roubos de grandes personalidades, e non se denuncian, o contrario, ainda se lles vota pa que rouben máis.

Despois dun verán no practicamente non se rexistraron incendios forestais na comarca carballiñesa, as altas temperaturas das útlimas semanas e a ausencia de chuvias elevan o risco de incendios forestais neste tempo de outono.
Na xornada deste martes 10 de outubro rexistrabanse os primeiros lumes da tempada na comarca, en concreto en montes da parroquia de Astureses, no concello de Boborás e no San Trocado, no concello de San Amaro, nos que desde última hora da mañá ardeu monte arbolado. Ao estar afectada unha superficie menor das 20 hectáreas, Medio Rural non aporta datos informativos.
No operativo de extinción traballaron durante horas catro hidroavións, dous helicópteros e varias brigadas de bombeiros da Consellería do Medio Rural, que controlaron os lumes no transcurso da tarde
A ver, no se autoriza hacer unas gradas en el campo de futbol, parando su construccion, que ya estaba muy avanzada en un terreno en el que la ley no lo permite, todo al producirse una denuncia.
Entonces , primero se hace la grada, sin tener permiso, en donde no lo autoriza la ley, el concello no dice nada, y si no hay una denuncia, todo correcto.
Pues si que encierra cosas la grada, si .y claro, el malo sera el denunciante.
Saludos
Boas , o ser humano da moito NOXO, ó final non se pode facer a grada supletoria no ESPIÑEDO, pola avaricia, cobiza, dunha ou dunhas malas persoas as que todo se lle fai pouco, ou tamén pode ser, por que teñen moito tempo libre, esta xente da moito NOXO.
Espero que se lle devolvan os cartos ós socios que pagaron por sentarse nela antes de estar feita.
Denunciante: VIVE Y DEJA VIVIR , EL MAL ES ALGO PARA LA GENTE INFELIZ, MEDIOCRE, Y FUSTRADA.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 101
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- …
- seguinte ›
- última »