
Dos resultados rexistrados este 28-M no municipio carballiñés despréndese que houbo un importante trasvase de votos desde o PSOE que foron a parar a Partido Popular, Espazo Común e BNG, os tres melloran a porcentaxe de votos recibidos en relación as eleccións de 2019.
Pero hai outro dato certamente relevante, o descenso na participación, ou o que é o mesmo, o incremento dos carballiñeses e carballiñesas que optaron por non acudir ás urnas. E non foron poucos, xa que rexistraronse 435 votos menos que fai catro anos.
En 2019 exerceron o seu dereito ao voto no concello do Carballiño un total de 8.159 persoas, mentres que este 28-M fixérono 7.724, incluidos os votos recibidos polas candidaturas, asi como os votos nulos e en branco, que tamén se incrementan en relación a fai catro anos, pasando dos 118 aos 191.

Os resultados electorais deste 28-M deixan no aire quen será o próximo alcalde do Carballiño, Fumega gaña con 2645 votos, tras experimentar unha gran perda de votos en relación a 2019, daquela superara lixeiramente os 4.000 votos. O PSOE obtén 6 concelleiros na próxima corporación municipal.
O Partido Popular de Lino González sobe un concelleiro e pasa a contar con 5, grazas aos seus 2.230 votos, e aguanta como a segunda forza poliltica da corporación carballiñesa. O Espazo Común de Pachi Vázquez continúa como terceiro grupo da corporación, non logra o "sorpasso" ao sumar 1969 votos, 469 máis que fai catro anos aínda que lle dan para sumar dous concelleiros máis e empatar co Partido Popular en número de concelleiros, tamén consigue 5.
Completa a próxima corporación o BNG, que incrementa o seu apoio electoral a respecto de fai 4 anos, sobe ata os 634 votos con Sofía García como candidata. Son 180 votos máis que fai 4 anos.
Podemos obtén un resultado marxinal, con apenas 55 votos, nestas eleccións de 2023.

José Manuel Iglesias salva para os socialistas a única alcaldía que conservan con maioría absoluta na comarca do Carballiño, aínda que o fai cun resultado máis apretado en relación a fai 4 anos.
Desta vez con 1.018 votos que apoiaron ao candidato socialista, fronte aos 765 que optaron polo Partido Popular, con Nacho Campo -que debutaba nestas eleccións- mellorando o resultado do se predecesor.
O BNG, con 115 votos, quédase fora da corporación.

O Partido Popular de Boborás liderado por Patricia Torres consigue o mellor resultado electoral da historia neste municipio nunhos comicios municipais, ao facerse co 86,58% do electorado que votou este 28-M.
A candidata popular suma 1.181 votos, fronte os 170 do PSOE, con apenas o 12,46% en porcentaxe de voto.

José Luis Valladares retrocede un concelleiro, aínda que conserva unha ampla maioria no pleno da corporación de Cea na que o Partido Popular contará con 8 concelleiros ao conseguir o 70,97% dos votos, que foron 971.
O Bloque Nacionalista Galego, liderado por Manuel Pérez consigue para os nacionalistas o mellor resultado electoral da comarca, cos seus 331 votos este 28-M, o que representa o 24,19% do voto válido, terá 3 concelleiros na próxima corporación, un máis que no mandato que agora remata.
O PSOE, con apenas 57 votos en Cea, volve quedarse fora da próxima corporación.

Antonio Montero obtivo finalmente o 48,98% dos votos e conserva a maioria absoluta na corporación de Avión, con 5 concelleiros.
Novos Aires por Avión, a candidatura liderada por Dario Boullosa faise co 28,83% dos votos, que son 269, que lle aportan 3 concelleiros na corporación do concello para o próximo mandato.
VOX consigue en Avión a única acta do noso ámbito, co 18,86% dos votos, que foron 176, polo que Lilian Cerdeira Mosquera entra na corporación, da que se queda fora o PSOE, que con apenas o 3% dos votos perde o concelleiro que mantiña este mandato.

Retrocede en votos e concelleiros o Partido Popular de Leiro, ainda que conserva unha cómoda maioria absoluta e Frnacisco J. Fernández seguirá gobernando con 6 concelleiros, 1 menos dos que tiña no pleno do concello. Acada o 59,07% en porcentaxe de voto, foron 576 votos recibidos
O PSOE. agora liderado por Pedro José González, suma un segundo concelleiro, e serán polo tanto 2 os que van ter os socialistas no próximo mandato, co 26,76% de apoio electoral nestes comicios, 261 votos.
Conserva a súa representación o BNG, con 125 votos, que representa o 12,82% do electorado, que lle da unha acta na corporación de Leiro a Rebeca Paz.

O Partido Popular perde a maioria absoluta da que gozaba na corporación municipal, perde 2 concelleiros e quédase con 4, sumando o 43,72% do voto válido neste 28-M. Manuel Cerdeira, que baixou aos 453 votos, ve perigar a alcaldia do Irixo, e queda a expensas de negociacións para a sesión de investidura e a postura dos outros dous grupos que completan a corporación.
Xuntos polo Irixo, a canditura encabezada por Susana María Iglesias, co 30,21% dos votos escrutados, obtén 3 concelleiros ao sumar 313 votos.
O PSOE de Iago Fariñas, que perde un concelleiro co 23,38% ao recibir 263 votos, paradoxicamente pasa a ter a chave da gobernabilidade do concello do Irixo.

O Partido Popular de José Luis González consigue ampliar a súa maioria absoluta, cun incremento de 2 concelleiros, polo que terá un total de 7 na próxima corporación municipal. Obtivo o 72,19% de apoio electoral, 631 votos.
Espazo Común retrocede e perde un concelleiros, quedase con 2 na nova corporación piñorense, con 169 votos. E quédanse fora da corporación tanto o PSOE como o BNG.

O Partido Popular de San Amaro consigue o mellor resultado da historia municipal neste concello, Fernando Redondo suma o 68% dos votos, que son 533, terá 7 representante na próxima corporación.
Xuntos por San Amaro, a candidatura liderada por Carlos Paz conserva os 2 concelleiros de fai 4 anos, co 19,69% e 153 votos.
E descalabro absoluto do PSOE, que en 2019 obtivera 3 concelleiros, e agora quédase fora da corporación ao sumar apenas o 6,56% do voto electoral neste 28-M.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- 139
- 140
- 141
- 142
- …
- seguinte ›
- última »