25, Abril 2023

O BNG rexistrou ante a xunta electoral de zona a candidatura para as vindeiras eleccións municipais no concello do Carballiño que encabeza Sofía García, actual voceira do grupo municipal doBNG. "Unha candidatura conformada por xente moza e xente con experiencia, por persoas de diferentes sectores ecomprometida tamén no día a día cofuturo do concello", apuntan desde a formación nacionalista.

Sofía García confía na forza da súa candidatura "para transformar O Carballiño co modelo BNG de política municipal que mellora a vida das persoas, revitaliza os concellos e fai que a xente se sintaorgullosa de vivir na súa vila ou cidade. Iso fixemos alí onde gobernamos de Allariz a Pontevedra. Un modelo que se adapta ás característiscas e situación específica de cada concello, mais que ten un enfoque e unha base común esólida: poñer ás persoas no centro, desenvolver plenamente os concellos, os seus recursos e potencial e traballar conorgullo polo que somos. Proxecto, confianza no concello, capacidade e saber facer”.

O BNG do Carballiño enfronta estas eleccións municipais "convencidas e convencidos de que van supoñer un importante avance para o BNG non só no Carballiño senón en toda Galiza, sinalou a voceira do bloque nacionalista do Carballiño, que continúa sinalando que “estamos nun bo momento e somos optimistas, porque cada día máis veciñanza do Carballiño confían no BNG para liderar o cambio que a nosa vila precisa".

A lista do BNG do Carballiño está composta polas seguintes persoas:

1. Sofía García Hermida Xestora de proxectos. Autónoma. “Activista da vida cotiá” 2. Yolanda Vázquez Simón Persoal Laboral do Estado. “Máis tempo para a familia” 3. Manuel Ramón Caíña Estévez Bombeiro Forestal e Adestrador de Fútbol Base.“Deporte con tod@s e para tod@s” 4. Fátima María Gómez González Enxeñeira Técnica Industrial. “Emprendendo no Rural” 5. Luis Miguel Borrajo Gutiérrez Traballador no sector do turismo. “Pola vila da xente” 6. María do Pilar Bernárdez Rodríguez Traballadora do Ensino. “Ante todo educación” 7. Santiago Pérez Vázquez Analista Financieiro. “Os actos de hoxe marcan o mañá” 8. Amara Gallego García Graduada en Turismo. “Outra mirada do noso” 9. Xabier Álvarez Vázquez Empregado Público. “No Carballiño todo o que necesites en 10 minutos” 10. Leonisa Fernández Viñal Técnica Sociosanitaria. “Da man dos nosos” 11. Víctor Vázquez Gulías Activista cultural. “A nosa fala non se cala” 12. María Pilar Fernández Pousa Funcionaria do Ensino. “A mocidade é o futuro” 13. Óscar Rodríguez Álvarez Operario no siderometal. “A enerxía é a solución non o problema” 14. María Belén Gómez Márquez Xubilada. “Comercio local, aposta de futuro” 15. Alberte Suárez Sobrado Autónomo. “Cos pés na nosa terra” 16. María Elena Cudeiro Ventureira Auxiliar de xeriatría. “Polas nosas raíces” 17. Xosé Francisco Ferreiro Abelleira Xubilado do Sergas. “Saúde sen cortes, saúdesen recortes” Suplentes 1. Xosé Manuel Codesido Souto Licenciado en Empresariais. “O que fomos, o que somos, o que seremos” 2. María Carmen Fernández López Hostaleira. “Co corazón na terra” 3. Benito González Villaverde Autónomo. “A nosa cultura perdura” 4. Lucía González Gómez Graduada en Educación Infantil. “Nin máis, ninmenos, iguais” 5. Abelardo Bugueiro López PSX do Sergas. “Carballiño sano, Carballiño saudable”

24, Abril 2023

Pachi Vázquez presentou ao seu equipo para estas eleccións municipais como "unha candidatura que non é experimental, senón solida e constrastada, e pensada para cambiar O Carballiño".

"Nos vimos aquí a recuperar os anos perdidos, un equipo que vai comezar a traballar desde o minuto 1, sabemos o que temos que facer porque xa o fixemos", remarcou o candidato de Espazo Común á alcaldia do Carballiño.

Subliñou que non era dia de grandes proclamas pero sí de manifestar compromiso e coñecemento da realidade do concello carballiñés "sabemos das debilidades e das fortalezas do Carballiño, coñecemos moi bn os problemas do Carballiño e como hai que entrarlle", dixo Pachi Vázquez.

O alcaldable de Espazo Común considera que "O Carballiño leva 4 anos perdidos, xogando nunha liga que non lle corresponde, ten que xogar na liga das grandes vilas galegas", sentenciou.

Non primeiros postos da candidatura acompáñanno Adolfo Nogueira Campo (2) Érika Paz Rodríguez (3) Francisco José Fraga Cibeira (4) Inmaculada Rodríguez Rodríguez (5) Gonzalo Rodríguez Conde (6) José Manuel García Mato (7) Minerva Prado González (8) Francisco Javier Pérez Gómez (9) Kenia Ivonette Vargas Cegarra (10). 

23, Abril 2023

Non collen os fluorescentes redondos no punto limpo!!

 

23, Abril 2023

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu á Romería das Pulpeiras, organizada pola Asociación de Pulpeiros do Carballiño. Este evento celébrase este ano por primeira vez co obxectivo de homenaxear ás polbeiras, tanto do Carballiño como do conxunto da comunidade, polo seu saber facer na elaboración deste molusco cefalópodo e por poñer en valor un dos recursos máis emblemáticos do mar de Galicia.

Esta xornada serve para enxalzar unha especie que o ano pasado rexistrou unha das mellores campañas de extracción dos últimos exercicios. Así, as lonxas galegas comercializaron arredor de 2.000 toneladas deste recurso tanto na pasada campaña como na actual e facturaron máis de 17 millóns de euros, unhas cifras que aínda aumentarán nas vindeiras semanas pois a campaña 2022-2023 remata o vindeiro 19 de maio. Esta é a data de inicio dunha veda que se estenderá ata o 3 de xullo.

22, Abril 2023

O presidente provincial destacou que “quedan 36 días para as eleccións. Carballiño ten ante si a oportunidade que ofrece o PPdeOU: unha vila moderna e dinámica. Por iso esta presentación é un momento fundamental: porque vai haber un cambio no Concello que revolucionará esta vila”

“Agradezo a aposta de Lino González, que recibiu unha chamada que en realidade era a do seu concello: hai que transformar Carballiño. E para este obxectivo conta con toda a maquinaria do PPdeOU, cunha candidatura fresca e que da unha oportunidade ao Carballiño que esta vila non tiña”, resalta Manuel Baltar

“Argimiro Marnotes tivo a visión para apostar por Lino González, por apostar por ensanchar o partido para que esta opción sexa o Partido de Carballiño. Este é un amplo movemento social, que foi quen de configurar o ‘director deportivo’ Lino González, cunha candidatura disposta a gobernar dende o primeiro minuto”, puxo en valor o presidente provincial

“Para gobernar un concello hai que ter gañas e ambición. Pensar dende o primeiro minuto de cada día no Carballiño, nas moitas posibilidades que ten e nas conexións que pode establecer coas administracións: Deputación de Ourense, Xunta e Goberno, que máis pronto que tarde contará cun ourensán como presidente, Alberto Núñez Feijóo”

“Temos proxectos e temos ilusión. Presentámonos para gañar e gobernar Carballiño. Cun número 1 excelente, cunha candidatura excelente e cunha formación política extraordinaria para impulsar proxectos”, incidiu Manuel Baltar

Lino González comezou a súa intervención recoñecendo o “apoio total” de Manuel Baltar e a aposta “xenerosa e total” de Argimiro Marnotes, presidente local do PP do Carballiño, por “abrir o partido á xente nova”

“O PP do Carballiño encomendoume encabezar esta candidatura. Dende o primeiro minuto, comezamos a falar coa xente e sorprendeunos a receptividade dos veciños do Carballiño, que coinciden en sinalar que esta vila necesita un cambio de rumbo”, destacou o cabeza de lista popular

“Esta candidatura será a que devolva O Carballiño á primeira división das vilas de España”, sinalou Lino González

“O 28 de maio, O Carballiño ten que escoller o futuro do noso pobo. Con dúas opcións: seguir cun goberno municipal que en realidade é unha comisión de festas ou contar con este equipo de xestión serio e rigoroso, para defender os intereses da vila con lealdade e compromiso”, concluíu o candidato popular no Carballiño

22, Abril 2023

Al margen de las difamaciones que se han vertido sobre el candidato del Partido Popular que han sido fácilmente desmontadas por el mismo, quisiera aclarar una serie de cuestiones sobre la licencia de obra.

Quienes promueven la acción legal en lo contencioso administrarivo son terceros afectados. Existe una finca colindante que se ve afectada por esta construcción. Lo hacen con la legitimidad de cualquier ciudadano que con la debida diligencia protege sus bienes. Por lo tanto, no existe aquí ninguna mano negra que enfrente vecinos.

Conozco a ciencia cierta que el que firma la licencia es José Manuel iglesias Araújo, en ese momento alcalde accidental. El alcalde electo era Celso Fernández López y el primer teniente de alcalde José Manuel Iglesias Araújo que firma como alcalde accidental.

No tengo ningún interés en hacer una apreciación política de todos estos hechos. Son complicados y deseo que se llegue a una solución satisfactoria tanto para el vecino que realiza la construcción, como para los propietarios de la parcela colindante afectada.

La firma del acalde puede ser comprobada por cualquier vecino que alegue que tenga interés a efectos de su legítimo derecho al voto. Tendrá acceso al expediente y podrá ver la licencia de obra y quién la firma. Al margen de que es una verdad judicial constatada que  la firma D. José Manuel Iglesias Araújo.

Para quien quiera cotejar la realidad física con la verdad judicial copio y pego la normativa que avala el derecho al acceso al expediente, y mi único interés es servir con objetividad a la verdad.

La Ley 39/2015, de 1 de octubre (BOE del 2), del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas (en adelante, LPACAP), en su art. 13.d, reconoce el derecho de todos los ciudadanos «al acceso a la información pública, archivos y registros, de acuerdo con lo previsto en la Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno y el resto del Ordenamiento Jurídico».

Atentamente: Un vecino de Maside

 

22, Abril 2023

Logo de catro anos sin aportar nada ao goberno actual comezan a publicar nos distintos medios noticias falsas.A primeira noticia foron puras falacias contra o proxecto do balneario de Brués,no cal ningún veciño do pobo está en contra,máis ben desexando que se faga canto antes para darlle vida ao lugar.A segunda foi a perigosidade dos árbores postos na travesía de Santa Isabel,outro intento de enganar aos veciños,no cal todos quedaron satisfeitos coas obras.Deberian reflexionar e mirar que quitar estas noticias con puras mentiras para enganar a veciñanza solo fai que perdan aínda máis votos.Seguide nesta liña que seguro que chegades a cero.

22, Abril 2023

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, acompañou ás pulpeiras no arranque da primeira edición da “Romaría das Pulpeiras” que se celebra hoxe no Carballiño. Unha celebración que rende homenaxe ao prato tradicional de pulpo e aos profesionais locais que o elaboran. O evento que se celebra hoxe na Praza Veracruz, e que nace con espírito de continuidade, contará tamén cunha gran variedade de actividades para todas as idades.

O evento está organizado pola Asociación de Pulpeiros e Pulpeiras coa colaboración económica do Concello do Carballiño como única administración que participa nesta iniciativa.

Francisco Fumega, explicou que "o polbo xa é un elemento identificativo da vila e o entorno da Igrexa Veracruz, que é outro dos elementos que nos identifican, é o espazo ideal para celebrar esta primeira edición da Romaría das Pulpeiras". Ademais, o alcalde destacou que esta iniciativa permite desestacionalizar a Festa do Pulpo, que se celebra o segundo domingo de agosto.

O presidente da Asociación de Pulpeiros, Roberto Pereira, adiantou que aínda que na comida oficial xa contan a primeira hora da mañá con 380 persoas, estiman que poden pasar de 450 comensais. Ademais, Pereira destacou os 400 quilogramos de polbo para a venda libre, xunto con 200 de costela de porco e criollo. Pereira tamén aclarou que todos os pulpeiros e pulpeiras son do Carballiño ou teñen fortes vínculos coa vila.

O xantar oficial é un dos momentos estelares do evento a partir das 14.00 horas. Os asistentes teñen a oportunidade de degustar un delicioso menú composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro, bebidas, sobremesas, café e licores. Ademais da experiencia culinaria, o evento contará coa actuación da acordeonistas "Tira dá Billa" e a banda de gaitas do Irixo, Liberianos. DJ Tibu entreterá á multitude máis tarde no día, seguido pola Charleston Big Bang Orchestra actuará de 20.00 a 21.00 horas e novamente de 23.00 a 1.00 horas.

A Romaría dás Pulpeiras é unha oportunidade para experimentar a cultura e as tradicións da comunidade local mentres se goza de deliciosa comida e entretemento.

22, Abril 2023

O escoitar onte a tertulia non entendín o ataque tan directo do tertuliano Alberto Otero Carneiro da xestión da alcaldesa de Boborás, básicamente porque calquera ve que aínda que poida ter fallos é indudable o traballo e os feitos logrados, pensei será que non se levan…pero logo vendo as fotos da Presentación de candidaturas do Psoe na comarca entendino todo. Ahí estaba en segunda fila, sentado o señor Alberto Otero Carneiro, presumible membro do equipo de Fumega. Alberto non fai falta denostar a xestion dun concello veciño para tapar a ineficacia, vagueza, paralisis e deixadez do do Carballiño. Parece que pica que en Boborás o Centro de Saúde novo sexa unha realidade e aquí unha ilusion óptica, e sobre todo que que se faga en Boborás non quita que non se faga no Carballiño, é máis ambos están dentro do Plan da Xunta. Así que, si no Carballiño non hai nada non é porque se levarán os cartos para Boborás senón porque aquí como en todo nada se fixo, Fumega and company nada fan e nada farán… ah e que Torres non Fixo nada nos pobos do rural de Boborás e outra das túas falacias…vai mirar…Roma non se Fixo nun día pero o que esta muller traballou é innegable. E que invirte na capitalidade…home é onde deben estar as Infraestuturas comúns, como o cole, pavillón….onde ía facer o Centro de Saúde novo, en Feás? E a piscina, no Regueiro? Os teus argumentos son moi moi tóxicos. 
 

Que se te ve el plumero Albertiño…o mejor dicho candidato n° 6 do Psoe de O Carballiño. 

21, Abril 2023

O PSdeG-PSOE vén de presentar as súas candidaturas na comarca do Carballiño, nun gran acto que contou coa presencia dos candidatos e candidatas da comarca, que estiveron arroupados polo secretario provincial, Rafa Villarino; pola deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega; e por outros cargos institucionais socialistas, así como por ducias de militantes da comarca.

Os e as socialistas deron o pistoletazo de saída da precampaña electoral na bisbarra cun acto celebrado no Carballiño, no que coinciden en destacar a necesidade da “política útil” do PSdeG-PSOE para mellorar a vida da veciñanza nunha comarca que precisa revitalizar numerosos municipios tras anos de “abandono e maltrato” por parte do Partido Popular. Dende o PSOE ourensán márcanse como obxectivo aumentar o número de alcaldías na bisbarra e mellorar os resultados electorais, recadando un maior número de apoios ás candidaturas socialistas, que axude tamén a “mudar o goberno provincial”.

O PSdeG-PSOE de Ourense presenta deste xeito aos que serán os seus candidatos e candidatas na comarca. Os actuais alcaldes do Carballiño, Paco Fumega, e de Maside, José Manuel Iglesias Araujo, repiten como candidatos, ao igual que o actual voceiro no Irixo, Iago Fariñas Valiña, e a voceira en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez. Os e as socialistas estrean novas candidaturas en varios concellos como Boborás, no que encabezará a lista María Luisa Lorenzo; en San Amaro, María Jesús Fernández asume o reto de acadar a alcaldía; e en Piñor, onde a candidata será Almudena Fernández. Teñen tamén pechada a candidatura de San Cristovo de Cea, que darán a coñecer en próximos días.

Dende o PSdeG-PSOE ourensán sinalan que as mulleres socialistas “cobran un especial protagonismo nesta comarca”, na que haberá 4 candidatas en 4 dos 8 concellos da bisbarra. Neste senso subliñan que a súa aposta “é aumentar o número de rexedoras nos vindeiros comicios electorais e para elo presentamos máis candidatas, que chegan a estas eleccións moi preparadas e coa forza e as ganas de darlle futuro e esperanza aos seus concellos, a bisbarra e a nosa provincia”.

“O poder municipal socialista representa o avance e o progreso que a provincia de Ourense tanto precisa e que xa vemos en concellos como O Carballiño ou Maside, exemplos do bo facer que debe estenderse ao resto de municipios da bisbarra”, afirman dende o PSdeG-PSOE, a vez que tamén apuntan que “é por iso que en maio temos a oportunidade de facer cambiar a realidade nesta provincia que está en mans dun baltarismo rancio, clientelar e caciquil”.

Aseguran que as cifras indican que o socialismo “vai camiño de consolidarse como a forza maioritaria na provincia de Ourense, co impulso de candidaturas sólidas, fortes e gañadoras coma as que encabezan os alcaldes, alcaldesas e candidatos e candidatas da comarca do Carballiño”. Por último, dende o PSdeG-PSOE de Ourense destacan que “da nosa man hai futuro para Ourense, e hai futuro para esta bisbarra e os seus concellos”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS