30, Marzo 2023

A cultura encherá o calendario do mes de abril no Carballiño. Dende este sábado haberá practicamente unha proposta ao día, mesturando cine, teatro, historia e ata gastronomía, entre outras de interese. O Concello elaborou un programa cunha trintena de actividades que se dedican a todos os públicos e, especialmente, aos cativos e cativas para encher de entretemento as súas vacacións de Semana Santa. Un dos pratos fortes será a Romería das Pulpeiras, que pretende poñer en valor o pulpo á feira e a quen son as súas principais artífices, as pulpeiras e pulpeiros do pobo. O evento celebrarase o 22 de abril na Praza da Veracruz. A gastronomía tamén estará presente coa Ruta das Tapas que os días 7 e 14 de abril dedicarase aos crocantes. Este é o programa detallado para os próximos días:

1 de abril: Teatro contemporáneo. Ás 18.00 horas no Auditorio representarase a obra “Hugo”, premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil no 2022, para público de 7a 10 anos.

2 de abril: Cine. “Close”. Ás 19.00 horas no Auditorio. Cineclub O Carballiño. Día da Xuventude. De 16.00 a 21.00 horas na Praza Maior haberá actividades e obradoiros para os mozos e mozas.

3,4 e 5 de abril. Taller de Clownrise, con Claudia Cantone. Auditorio Manuel María. Na última xornada ofrecerase unha mostra de final de curso, aberta a todos os públicos e a partir das 20.30 horas.

6 de abril. Roteiro urbano. Historia, arte e arquitectura relixiosa do Carballiño. De 11.30 a 13.30 horas. Punto de encontro na Praza Maior. Centro de Estudios Chamoso Lamas e Cofradía da Veracruz. Teatro Novo Circo. “The Swow Moscón” Ás 18.00h no Auditorio. Público infantil e familiar.

7 de abril. Ruta das Tapas. Adicado aos crocantes. De 20.00 a 23.00 horas.

8 de abril. Monólogo de Fernando Moraño. Ás 20.45 horas no Auditorio.

14 de abril. Cine. “Mantícora”. Cineclub O Carballiño. Ás 20.00 horas e ás 22.30 horas no Auditorio. Ruta das Tapas. Adicado aos crocantes. De 20.00 a 23.00 horas.

15 de abril. Cantando con Raíz de Eduvía. Sala de Xuntas do Concello. 18.00 horas. Inscricións dende o 3 ao 14 de abril en snl@carballino.gal ou 662197665. Para nenos e nenas de entre 9 meses e 4 anos. Cancións, ditos e recitados para un achegamento das crianzas ao cancioneiro tradicional e á lingua dun xeito natural e divertido. Teatro/Musical. “Vox Populi”. Malasombra Producións. Público adulto. Ás 20.30 horas no Auditorio.

16 de abril. Musical Queen Kids- Pares o nones. Ás 12.00 horas no Auditorio. 21 de abril. Obradoiro Toponimízate! Ás 10.00 horas no Auditorio. Destinatarios: Segundo ciclo de Primaria dos centros educativos Vila do Arenteiro e Sagrado Corazón.

21 e 23 de abril. Cine. “The quiet girl”. Cineclub O Carballiño. O 21 de abril ás 20.00 e ás 22.30 horas no Auditorio. O 23 de abril a sesión será ás 19.00 horas.

22 de abril. Romería das Pulpeiras. Veracruz.

28 de abril. Cine “El triángulo de la tristeza”. Cineclub O Carballiño. Ás 20.00 horas e ás 22.30 horas no Auditorio.

29 de abril. Cantos de Taberna. A partir das 20.00 horas nos locais de ocio.

Outras actividades Ata o 9 de abril. Exposición “O Camiño da Cruz”. No Templo da Veracruz e na Igrexa Vella.

29, Marzo 2023

Dende o Centro Sociocomunitario do Carballliño informan das actividades puntuais programadas para o vindeiro trimestre que a maiores das habituais do centro cremos conforman unha interesante oferta, intentando así dar resposta a importante demanda de actividades e a extraordinaria acollida e participación dos últimos meses.

No mes de abril, conmemoraráse o día internacional do libro con actividades puntuais e cun obradoiro de crochet temático: Amigurumis; diseña a túa persoaxe de conto. Obradoiro de ganchillo de 10 horas de duración. Os luns ás 16:30.

Asimesmo e con este mesmo motivo ponse en marcha un punto fixo de bookcrossing, donde as persoas interesadas poderán intercambiar un libro por outro que resulte do seu interese.

Neste mesmo mes de abril terá lugar un curso gratuito de alfabetización dixital, cada vez máis imprescindible, neste caso: Administración electrónica, dende o móbil e-ou ordenador. Os martes ás 17:00.

Xa por último celebraráse unha charla da Escola Galega de Saúde enfocada na Prevención de accidentes no fogar.O día 4 de abril ás 16:30h

Xa en maio, mes das flores por excelencia levarase a cabo un taller de arte floral no cal, ademáis de aprender a realizar un arreglo floral poderán levar para a casa a súa creación.

Festexaráse o día das Letras galegas, neste caso coa actividade : “Café con letras”. Unha actividade donde o eixe serán os xogos de mesa galegos.

E unha vez máis no Centro Sociocomunitario apostan pola formación nas novas tecnoloxías, neste caso cun curso destinado a aqueles que máis o precisan, concretamente para os que teñen pouco ou ningún dominio do teléfono móbil.

Tamén se organiza un curso básico de movil os mércores pola mañá.

Xuño será o mes do medio ambiente. A este respecto pensamos nunha actividade que pode resultar moi interesante para todas aquelas persoas comprometidas con este tema, un taller de elaboración artesanal de produtos de limpeza, libres de tóxicos e respetuosos co medio.

Polo San Xoán, Obradoiro: Tradición e uso fitoterapeútico das plantas máxicas de San Xoán.

E para clausurar as actividades habituais do centro convidan a todas as persoas interesadas a acompañarnos o día 16 no auditorio Manuel María, coa celebración do festival de fin de curso con actuacións dalgunhas das disciplinas físico-deportivas, actuación do grupo de canto e pandereta e a representación teatral do noso grupo de teatro. Por suposto a xornada traerá algunha que outra sorpresa.

As crianzas, que cobraron especial importancia no centro este ano, xa que incorporáronse algunas actividades dirixidas exclusivamente a eles, terán o seu protagonismo e farán unha exhibición de baile tamén neste mes.

O broche final porémolo o último domingo de mes cunha actuación de música en directo para os asiduos das sesións de baile dos domingos e dende logo para calquera que se anime á festa.

28, Marzo 2023

Por todos es sabido que Manuel Cerdeira, alcalde de O Irixo es un "Incompetente". Hace más de un año que se pinta al ayuntamiento de O Irixo por un expediente para declarar una vivienda en ruinas y que los propietarios vengan no solo a desbrozar sino a tirar lo poco que queda y que pone en riesgo a los que por allí pasamos. Pues como el ayuntamiento, se ha convertido más en una sala de cotilleo y del mínimo esfuerzo, después de que en julio se declarase en ruinas a día de hoy el inmueble sigue en las mismas condiciones. Me gustaría saber si el señor "Lito" lo tuviese delante de su casa, si no lo agilizaría, a los vecinos ya solo nos queda ir a la justicia para hacer cumplir nuestros derechos. 

28, Marzo 2023

O Carballiño converterase nun plató de cine con motivo da rodaxe nunha curtametraxe ambientada nunha romaría dos anos 50 coa figura das pulpeiras como protagonistas. Para poder levar a cabo a rodaxe estanse a buscar actores e actrices. Ao longo da tarde deste mércores dia 29 de marzo celebrarase un cásting na sala de exposicións do Auditorio do Carballiño, en horario de 16.00 a 22.00 horas.

Máis en concreto, búscanse catro perfís femininos, un para a muller protagonista, outro para actriz principal e dous para papeis secundarios: -Concha: Entre 25 e 40 anos. É a protagonista. Pulpeira con experiencia. Muller moi traballadora e cun marido que sempre se está a meter en problemas. -Ramona: Entre 45 e 55 anos. Pulpeira con experiencia. É a mellor amiga de Concha e sempre mira por ela. Muller intelixente e moi curtida na vida. -Carmiña: Máis de 65 anos. Pulpeira con experiencia, un pouco despistada pero esperta. -Antonia: Entre 45 e 55 anos. Pulpeira con experiencia.

Ademais, precísanse perfís para os dos papeis masculinos principais: -Fidel: Entre 30 e 45 anos. Con mirada pícara e don de xentes. A súa función na romaría é a de relacións públicas. Dedícase a beber e xogar máis que a traballar. -Eladio: Entre 45 e 55 anos: Home de aldea, intelixente e cun punto maquiavélico. É da aldea onde se celebra a romaría. Ese día está na festa co resto dos veciños.

28, Marzo 2023

Nas últimas semanas, Xuntos por San Amaro ven mantendo unha serie de xuntanzas coas entidades veciñais do concello, para coñecer de primeira man as inquedanzas veciñais, amais de favorecer a participación nos asuntos públicos, directamente ou por medio de representantes libremente elixidos, como propugna o artigo 23 da Constitución Española. Para onte, domingo 26 de marzo, estaba previsto o encontro coa veciñanza de San Cibrao de Las, despois de falar con un representante veciñal xa fai varias semanas e despois de acordar esta data que non entorpecía a actividade do colectivo veciñal. Xa nos chamara a atención que, unha semana despois de termos acordado o día, se nos indicara que pediramos o local por escrito diante do concello, algo que fixemos sen moito problema por entendermos que as propiedades públicas deberan ter un protocolo de uso claro e transparente.

Porén, aínda que falamos co representante veciñal (xa fai 2 ou 3 semanas) e rexistramos en tempo e forma un escrito solicitando o local, o actual goberno do concello nin se molestou en respostar ao mesmo, secuestrando os dereitos á liberdade de expresión, á participación nos asuntos públicos e ao uso dun local público e costeado por todas as veciñas e todos os veciños do San Amaro. Xa abonda. Este goberno tránsfuga está tratando de pervertir os resultados das vindeiras eleccións municipais. E semella facelo coa complicidade dun Secretario municipal que leva informado favorablemente e blanqueado cantas irregularidades e cuestións dubidosas se teñen dado no concello desde a súa chegada no ano 2016 para sustituir á anterior Secretaria, quen -casualmente- si manifestara diversas obxeccións e reparos diante do contrato da auga que estaba a piques de se aprobar. E todo isto con unha serie de argucias desafortunadas e mesquiñas tales como: Adulteración do Censo electoral. Nas últimas 3 décadas só houbo 2 anos nos que se viu incrementado o censo do San Amaro, como pode verse nesta gráfica realizada con datos do INE. Foron o 2007 e o actual 2023; casualmente dous anos con convocatoria electoral a eleccións municipais e dous anos nos que o PP tiña e ten difícil acadar o goberno. Na actualidade, o concello do San Amaro atópase noutro triste ranking español. Atópase investigado polo INE canda outro medio cento de concellos de toda España. Emprego de cartos de toda a provincia e de todo o país para un interese persoal e partidista.

O obxectivo de desviar cartos de toda a provincia para os concellos nos que o PPdG quere recuperar a alcaldía, despois de facelo con operacións de transfuguismo, non é a mellora do propio concello (sen dúbida, se conseguen a alcaldía, San Amaro voltará á situación de abandono vivida nos anteriores 30 anos, e é algo que todas e todos sabemos), senón a procura de mellorar o resultado electoral no San Amaro do sr. Redondo, do PP e por extensión de Manuel Baltar, responsable deste desvío de cartos sen control. Ocultación de información. E de feito así o fixo porque, despois de marear intencionadamente as nosas solicitudes de documentación, incumprindo en TODAS as ocasións os prazos que lle marca a lei para respostarnos, aínda hoxe non foi quen de amosarnos o extracto dunha das contas bancarias do concello. Non entender o papel da Alcaldía. Prohibiunos gravar o Pleno municipal, no pasado 21 de marzo, aludindo que había que pedir permiso, algo do que tivo que retractarse xa na seguinte convocatoria plenaria, o que evidencia a curiosa percepción que o actual alcalde ten das institucións e dos reximes democráticos. Opacidade nas contas. Aprobou as contas públicas sen pasar os procedementos legais obrigatorios, coas conseguintes consecuencias de déficit democrático e grande risco de recortes serios no futuro. Paga irregular do alcalde. Púxose unha paga a percibir desde o día seguinte da súa chegada á Alcaldía mercede a unha operación de transfuguismo, sen sequera unha partida aprobada para ese concepto nin aprobala en Pleno como manda a lei. E cando -despois de meses insistindo- decidimos denunciar a situación, tentou regularizala con carácter de urxencia e pola porta de atrás, con todas as dúbidas sobre a validez do “carácter retroactivo” dun ano que pretendeu outorgarlle ao seu soldo e da ausencia total de pagamento á Seguridade Social.

E agora pretende secuestrarlle ás veciñas e aos veciños do San Amaro o seus dereitos á liberdade de expresión, excusándose no uso dos locais públicos, cando Xuntos solicitara o uso do local en tempo e forma sen recibir resposta e -para máis inri- sabemos agora que as chaves dos locais públicos do San Amaro andan de man en man, sen ningún escrito, nin convenio nin sequera unha Ordenanza que regule os usos e os protocolos dos mesmos. Porén e todo, algúns veciños e algunhas veciñas decidiron acudir á cita, poñendo en valor o seu dereito fundamental á participación nos asuntos públicos, propugnado pola Constitución Española, aínda que -polo que puidemos saber- houbera alguén relacionado con todo isto que acabamos de expoñer, que estivo “recomendándolle” á veciñanza que non viñeran ao acto. Pois ben, o acto tivo lugar na rúa, ás portas do local público, evidenciando como o goberno municipal foi capaz de rizar o rizo pechando o acceso de veciñas e veciños a unha propiedade veciñal. Aínda así, recollimos moi agradecidos as propostas e demandas das persoas asistentes. Seguiremos dándolle voz á veciñanza, sempre con respecto institucional e dentro do marco lexislativo.

28, Marzo 2023

Trátase dun traballo memorable, nunca antes feito, e que tomará forma de libro. O Concello do Carballiño e a Asociación Fotográfica O Potiños impulsan una publicación na que participan 30 familias de pulpeiras e ata tres xeracións. A idea xurdiu cando a Asociación de Pulpeiros e O Potiños comezan a colaborar para realizar fotografías para a páxina web da primeira entidade. Nese momento empeza a tomar forma o libro, pois as imaxes tiñan moito que dicir.

Tal e como explicou a presidente de O Potiños, Manuel Blanco, o traballo componse de 60 fotografías en branco e negro realizadas no estudio e nas que o pulpo desaparece como elemento esencial para dar protagonismo a este colectivo de traballadoras e á súa historia. Ademais, prevese que 35 desas fotografías sexan expostas para que todos os veciños, veciñas e visitantes poidan achegarse ás experiencias e á forma de vida dos pulpeiros e pulpeiras. Blanco agradeceu o apoio do Concello para que ese libro, con fotografías realizadas por unha ducia de fotógrafos de O Potiños sexa unha realidade.

Tamén explicou Manuel Blanco que se trata dun libro que mestura fotografía e literatura, pois inclúense textos do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, que presenta a iniciativa; do colectivo O Potiños; de Carlos Montes sobre a historia desta industria familiar que é o pulpo e de Felipe Senén.

O rexedor agradeceu o traballo da Asociación Fotográfica O Potiños “que nos permite disfrutar do arte da fotografía a un nivel máximo” e asegurou que este traballo, “dunha calidade excepcional, é un tributo ao Carballiño e á xente que forma parte da súa idiosincrasia como son os pulpeiros e pulpeiras”.
O presidente da Asociación de Pulpeiros, Roberto Pereira, tamén quixo dar as gracias ao Concello e a O Potiños “por apoiar este libro que vai mostrar dunha forma excepcional a nosa historia”.

Unha romería para o mes de abril

O Concello de Carballiño está facendo un gran esforzo por poñer en valor o pulpo á feria e a quenes son as súas principais artífices, as pulpeiras e pulpeiros do pobo. Por iso, e nesta mesma liña, a Praza da Veracruz será o escenario no que se celebre, o 22 de abril, a primeira Romaría das Pulpeiras. Será unha festa gastronómica que tamén porá

28, Marzo 2023

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, acompañado polo alcalde de Avión, Antonio Montero, visitou esta mañá o centro integral de servizos socias Alvetus, onde supervisou o estado das obras do proxecto de reforma, ampliación e equipamento das instalacións, financiado pola institución provincial.

Manuel Baltar felicitou ao rexedor por un proxecto “que fala da súa visión estratéxica e integral dos servizos sociais, dotando ao concello de Avión dunha infraestrutura na que ten colaborado a Deputación seguindo as propostas do alcalde”.

O presidente do goberno provincial valorou positivamente a unificación dos servizos sociais do concello nun único centro, “e que agora mellora en infraestrutura, instalacións e equipamento, o que sen dúbida é unha gran noticia para a veciñanza de Avión e un recoñecemento ao labor do goberno local, que seguirá tendo sempre o apoio da Deputación”.

Antonio Montero, que estivo acompañado polo tenente alcalde, Manuel Vázquez, a directora do centro, Sonia Nogueira, e persoal municipal dos servizos sociais, expresou o seu agradecemento pola visita de Manuel Baltar e a contribución económica da Deputación que permitiu executar este proxecto, no que tamén se acondicionou o entorno da propia residencia.

“Eran unha obras moi necesarias e mesmo urxentes -sinala o alcalde- porque se trata da atención aos nosos maiores e ese é un servizo que sempre incentivamos desde o concello”. Unha iniciativa, engade “que ten como obxectivo principal seguir mellorando a calidade de vida das nosas veciñas e veciños”.

A reforma e ampliación do centro integral de servizos permitirá incrementar ata 44 o número de prazas dispoñibles neste complexo, no que actualmente traballan unha trintena de persoas e que está xestionado pola Fundación Anduriña, da que forma parte o Concello de Avión.

27, Marzo 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anunciou o emprazamento dun novo polo de emprendemento e apoio ao emprego, o de Miño Central con sede no Carballiño que prestará servizo a 48 concellos de cinco comarcas (Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro e Terras de Celanova).

É o sexto polo da Rede que puxo en marcha a Xunta o pasado ano para acompañar e apoiar ás persoas emprendedoras cos seus proxectos empresariais en todas as súas etapas, de principio a fin. Lorenzana destacou que a finais de 2023 esta Rede estará composta por 15 polos dos que tres estarán situados na provincia de Ourense. Ao de Verín, que foi o primeiro que se inaugurou en xullo de 2022, sumarase o do Carballiño, que abre agora, e en próximas datas o do Barco de Valdeorras. Os cinco polos en activo ata o de agora dan cobertura a máis de 140 concellos, é dicir, o 45% da comunidade galega.

En menos dun ano de funcionamento ofreceron un asesoramento permanente e especializado a máis de 220 persoas axudándoas a desenvolver 209 proxectos empresariais, dos que permanecen en activo 162. A conselleira puxo en valor que un 57% destas iniciativas empresariais son lideradas por mulleres.

A titular de Promoción do Emprego e Igualdade sinalou que a Xunta continúa a incidir nas políticas de emprendemento ás que destina este ano máis de 18,2 millóns de euros, ao que se suma o orzamento dirixido ao traballo autónomo e á economía social en Galicia que conta en 2023 con máis de 100 millóns de euros.

Para rematar, Lorenzana apuntou que a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego apoia ás persoas emprendedoras a través da formación e o asesoramento que ofrecen mentores especializados e indicou que forma parte da nova Estratexia de emprego da Xunta, Xempre Contigo, que aposta por un mercado laboral máis interconectado, formado e dinámico.

27, Marzo 2023

A empresa tramita un ERTE que irá do 1 de abril próximo ata o 31 de xaneiro de 2024,  afectando á totalidade da plantilla que GRI Towers Galicia mantén na factoria ubicada no parque empresarial do Carballiño, cunha reducción de 80 xornadas a dias completos e por traballlador.

Na actualidade son 330 os traballadores en activo os que van quedar afectados por esta  medida, según comentou en COPE O Carballiño o secretaria xeral de industria de CCOO na provincia, Justo Suárez, que aínda agarda negociar "in extremis" que poidan rebaixarse as xornadas de ERTE "que nas condiciós nas que está plantexado o ERTE implicará que os traballadores cobren o 70% do salario".

A empresa manifesta -según sempre fontes sindicais- que a medida é temporal e está provocada pola caída nos pedidos de "Vestas", o principal cliente de GRI Tovers Galicia.

A preocupación é evidente entre o personal, sindicatos, e por extensión na sociedade carballiñesa, toda vez que se trata da empresa máis importante do Carballiño, tanto en facturación como en número de empregos directos no parque empresarial carballiñés, oscilando nos útlimos anos entre os 300 e os 400 traballadores.

26, Marzo 2023

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde de Beariz, Manuel Prado, para avaliar o estado das actuacións levadas a cabo pola Deputación na localidade e abordar novas liñas de colaboración entre as dúas administracións.

Manuel Baltar salientou que esta xuntanza “é un bo exemplo da dinámica de cooperación que mantemos desde a Deputación, traballando da man dos concellos en todos aqueles proxectos importantes que resultan na mellora do benestar dos veciños e, en definitiva, na dinamización da provincia”. Ademais, o presidente do goberno provincial sinalou que “a Deputación, como concello dos concellos, estará sempre ao seu carón para satisfacer as demandas e necesidades da veciñanza”.

Manuel Baltar avanzou a colaboración provincial no afirmado do vieiro principal do futuro Parque Empresarial de Lebozán, un proxecto co que tamén colabora a Xunta de Galicia. O presidente do goberno provincial tamén comprometeu o apoio da Deputación na construción do velorio municipal -un proxecto que o alcalde valora como “imprescindible para Beariz”- e no acondicionamento da travesía de Doade, con especial énfase na mellora dos aparcadoiros.

Pola súa banda, Manuel Prado valorou moi positivamente “a atención que recibimos sempre do goberno provincial, sendo o noso mellor aliado na realización de todas aquelas iniciativas estratéxicas para o Concello, e que sería imposible levalas a cabo sen a súa colaboración”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS