9, Decembro 2022

O Cine-Club Carballiño proxecta no audotorio o venres 9 o último éxito do cine arxentino "Argentina 1985", en pases ás 20:00 e 22:30 horas.

E ata 3 películas temos en carteleira no Novocine de Leiro: "Mundo Extraño", "A Todo Tren-2" e "As Bestas", en horarios -respectivamente- ás 16:00, 18:15 e 20:30 horas.

A Coral Polifónica do Casino do Carballiño e a Banda de Müsica de Vilatuxe ofrécennos un concerto conxunto inspirado en "Carmina Burana", o sábado 10 ás 20:00 horas no auditorio, e con entrada de balde.

E temos desta vez dous espectáculo de teatro infantil, ambos ás 18:00 horas do domingo 11. No centro sociocultural de Boborás "Ai falaches, Castela@" cos actores galegos Osvaldo Digón e Xavi Veiras e con música en directo de Cristian Leggiero. No auditorio do Carballiño, Sala Ártika traenos unha proposta de teatro infantil con "A Illa da Deslembranza".

E xa finalmente, na matinal do domingo, 550 atlétas participarán na Carreira Solidaria do Arenteiro, que organiza o concello do Carballiño.

Máis información de todas estas actividades, coas voces dos seus protagonistas, na programaicón local desta emisora de radio, no "Mediodia de Cope O Carballiño".

8, Decembro 2022

Estamos a ver nestes días que Espazo en Común está moi preocupado polas multas que recibe o noso concello e pagamos os contribuintes polos vertidos incontrolados o cauce do rio Carrás. Como cidadán, claro que non me gusta, non estamos a falar de poucos cartos para unha persoa de a pé e poderíanse facer cousas con eses cartos, pero a nivel político deixan moito que desexar. Para eles e máis interesante e fácil de quitar réditos electorais dicir que eses vertidos nos custan multas económicas e se quedan tan panchos, ca dicir que están preocupados por contaminar o río aguas a baixo do pobo. Por ahí tamén vive xente de ben, de onde pensan que quitan a auga potable concellos como Leiro? Xa non dígo nada dos pobos de San Fiz de Barón e Fontentiga que teñen que soportar o cheiro do río a carón da suas casas. Para quen non o saiba estes dous pobos tamén pertencen a Carballiño, e un último apuntamento, Fontentiga no ano 2022 segue sen alcantarillado e vertendo directamente o río.

Lémbrome da inauguración da EDAR no 2011 por Feijoo, e que os socialistas estaban moi ofendidos porque era mérito deles o seu logro, en clara alusión a ese Pachi (agora en Espazo Común) que fora conselleiro de Medio Ambiente (agora parece que lle gusta máis a economía ca ecoloxía). 

O que está claro é que culpa de todos os partidos que os veciños sigamos tolerando a situación lamentable da EDAR do Carrás, do PP de Marnotes, o PSOE de Fumega con Nogueira no partido, do PSOE de Fumega con maioría, de Espazo en Común, cos ex do PSOE como Nogueira e o super exConselleiro que tanto mérito quería ter na inauguración da EDAR pero agora non quere ver responsabilidades da sua época na Xunta. Do BNG non digo nada porque a verdade non están na realidade dos problemas dos veciños.

7, Decembro 2022

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitaron o parque empresarial de San Cristovo de Cea con motivo da actuación de mellora das infraestruturas viarias levada a cabo co apoio da Xunta de Galicia.

En concreto, a Administración galega achegou preto de 120.000 euros (o 80%) para un proxecto no que se investiron preto de 150.000 euros.

O de San Cristovo de Cea foi un dos 42 proxectos apoiados en Galicia para a mellora de infraestruturas en parques empresariais. En concreto, na provincia de Ourense concedéronse nove axudas, todas en concellos emprendedores, que supuxeron un investimento total de máis de 700.000€.

7, Decembro 2022

O BNG denuncia que "un ano máis, no pleno deste luns, o PP impuxo os seus orzamentos oscurantistas, sen que o BNG puidera asistir á Comisión de Contas, nin participar na súa elaboración polo que votou en contra". Para o portavoz de Grupo municipal,

Manuel Pérez, “son uns orzamentos continuistas, á baixa, elaborados de costas á oposición e carentes dun proxecto dinamizador capaz de frear a liña decadente pola que transita o concello”. Segundo Pérez, os orzamentos aprobados “trasladan a débeda ascendente á futura corporación, non contemplan apenas inversións reais e unicamente se orientan a apuntalar a potente estrutura caciquil do concello, pensando nas próximas eleccións municipais”. Os orzamentos do Concello de San Cristovo de Cea contemplan 1.094.188 €, un 54% do total dos 2.036.000 €, para gastos de persoal, con case medio cento de traballadores o que supón un traballador municipal por cada 45 habitantes.

Para o Portavoz nacionalista, “tal aspecto podería resultar positivo se existise unha organización transparente, pensada para lograr maior eficiencia nos servizos e que puidera axudar a asentar poboación, pero non parece ser o caso”. Manuel Pérez denuncia que as contas recentemente aprobadas “contemplan de novo o salario dun alto cargo para un concelleiro do PP, máis dedicado ao control da información e a organizar festas que a realizar labores que poderían ser relevantes como a posta en funcionamento dun polígono industrial paralizado, con unha forte inversión xa realizada nel e que de momento ben pouco aporta”. O BNG critica tamén que a estas alturas do ano aínda non se realizaran as obras previstas para 2022, sen outra explicación máis alá de “agardar a que se acheguen as eleccións”.

Na mesma sesión, "a moción presentada polo BNG para que o Concello facilite a restauración dos múltiples muíños existentes nas ribeiras do Barbantiño, o Silvaboa ou outros regatos, moitos deles en estado ruinoso, pero que no seu momento foron industrias de importancia e seguen constituíndo un importante patrimonio histórico-etnolóxico, tamén foi rexeitada polo equipo de goberno do PP", reprochanlle dende o grupo nacionalista.

7, Decembro 2022

Ultimamente escoitamos moitos datos sobre problemas do Concello con indeminzacions, primeiro o pufo do tanatorio 95000 euros, logo os 7300 polo de orientación laboral, logo outros 8000 por despedir os varredores, logo multas de 24000 por vertidos da depuradora ilegal, mais outra fai tempo de 200000 que inda non se soupo como quedou e ademais, alguen me   pode explicar que e esa posible indemización de 240000 por outra   cousa ? Ata cando os cidadans imos ter que seguir pagando multas e indemnizacions por facer as cousas mal, das que tamen son culpables anteriores gobernos , ata cando !

5, Decembro 2022

O Concello do Carballiño sumará unha nova proposta de actuación ao programa de recuperación e posta en valor do barrio que deu orixe á vila. A intervención desenvolverase nas rúas Caravel e Loureiro e vén a dar continuidade aos traballos que se iniciaron hai ano e medio coa reforma e mellora do entorno da rúa Mirto, no barrio de Flores.

O proxecto de humanización das rúas Caravel, travesía Caravel, pasaxe Caravel e rúa Loureiro foi redactado polo arquitecto municipal, Sergio Mascareñas Nogueiras, e o obxectivo de dito proxecto pasa por definir o trazado e características do acondicionamento dos pavimentos, a renovación da rede de abastecemento de auga e de alcantarillado, xunto coa nova rede e varios sumideiros de augas pluviais, por tratarse de tramos antigos de fibrocemento (no caso da auga) e de formigón deteriorado (no caso do alcantarillado) e posterior reposición de bases e pavimentos das beirarrúas e das calzadas, nas citadas vías públicas do núcleo urbano do Carballiño.

A actuación nesta zona do barrio de Flores promóvese debido á necesidade de renovación debido ao mal estado das redes de abastecemento e de alcantarillado.
Para a humanización e posta en valor desta nova área de Flores procederase a levantar o actual pavimento, dotarase a toda a zona de novas redes de canalización de augas e alcantarillado, instalaranse novos sumideiros, canalización de pluviais e outros elementos. Dotarase á zona de pavimentado continuo de formigón impreso, con xuntas de 10 cm de espesor, para uso peatonal. Tamén se dotará aos viais obxecto de mellora de lastros de granito Blanco Berrocal para manter a mesma tipoloxía e dar continuidade ás intervencións xa realizadas no barrio.

O prazo de execución do proxecto de reforma e mellora das rúas Caravel –xunto coa travesía Caravel e pasaxe Caravel- e Loureiro será de cinco meses e o orzamento é de 153.397 euros.

Humanización, posta en valor e dinamización do barrio de Flores

O Concello do Carballiño iniciaba na primavera do 2021 o plan de rehabilitación do barrio de Flores. A zona antiga da vila, o espazo que deu lugar ao nacemento de O Carballiño, é un dos sinais de identidade do pobo e dende o goberno municipal os obxectivos pasan por conseguir o desenvolvemento humano e social dun entorno que se foi deteriorando co paso dos anos. A recuperación da habitabilidade e a preservación da identidade do espazo histórico son obxectivos preferentes.

O barrio de Flores foi perdendo poboación ao non contar coas condicións axeitadas para dar resposta ás necesidades dos potenciais novos veciños e coas actuacións que se están a desenvolver agora dende o Concello do Carballiño o que se quere é dotar ao barrio dos servizos públicos axeitados e mellorar as condicións de habitabilidade que podan facer de Flores unha zona atractiva para vivir e investir.

O primeiro dos proxectos do plan de rehabilitación do barrio de Flores foi o referido ao acondicionamento e rehabilitación da rúa Mirto, actuación que estivo dotada cun investimento de 100.000 euros.

5, Decembro 2022

O grupo municipal de Espazo Común afirma que esta nova sanción da Confederación Hidrográfica por importe de 24.000 euros súmase ás "multas pagadas anteriormente por verquidos sen autorizar dende a depurado do Carrás ata chegar case aos 300.000 euros", no cómputo dos últimos anos.

Tamén indican dende Espazo Común que dende esta formación política veñen denunciando esta anomalía dende o ano 2028 "no que vimos advertindo desta situación sen que Fumega e o seu equipo sfixeran absolutamente nada".

Confesan que veñen de recibir "con estupor" esta nova sanción, que pon de manifesto "un lamentable caso máis da pésima xestión que ten consecuencias directas nas arcas do concello e do que agora ningúen se fixo responsable".

5, Decembro 2022

Tras escoitar algo da tertulia do venres, chegeui a conclusión do fracaso político da oposición en Boboras, en especial de Eva Pardo, que leva dende o 2019 sen ir o pleno, pero tampouco dimite e deixa o n4 da lista como sería o lóxico, agora Patricia Torres que esta nunha forte posición con escasa oposición e a veciñanza moi satisfeita en xeral, deixa sen opcions a oposición, xa de por si debilitada, coa incomprensible incorporación da candidata de Move Boboras o Psoe desplazando o candidato socialista, o cal deixou a agrupación local case a 0 como era de agardar, cun enfado considerable, a intención de Villarino era mellorar o resultado como era lóxico xa que o PSOE non tiña ningun concelleiro polo que opción foi eliminar a prinicipal oposición para incorporala, ao igual que se fixo en Piñor sen demasido éxito, mostrando o fracaso destes inventos modernos a desesperada, todo isto finalmente favorecera o PP e a Patricia Torres quen obterá unha olgada maioria absoluta, eu calcúlolle uns 9 concelleiros alomenos, o resto da oposición como Espazo Comun dificilmente logra entrar na corporación, veremos se surxe algunha alternativa como foi no 2015 Xuntos por Boboras que sacara 1 concelleiro, pero vamos que non pinta ben a cousa

5, Decembro 2022

Los socialistas de Leiro acusamos al señor Alcalde y a su equipo de gobierno, de ocultar de manera sistemática la verdad de la gestión del servicio municipal del agua, tapando con subvenciones públicas las graves deficiencias en el servicio, por el nulo control y fiscalización que él y su equipo hacen de la gestión que la empresa concesionario.

Desde el grupo socialista queremos manifestar nuestra satisfacción por la mejora del sistema de abastecimiento en varios núcleos del concello, paliando así los problemas de arsénico y asegurando la calidad del agua, pero los vecinos de Serantes y su entorno deben saber que estos problemas debieran estar solucionados hace al menos veintidós años.

Hace veintidós años que el Instituto Geológico Minero de España registro en un informe la presencia de arsénico en los acuíferos de los que se abastecían de agua núcleos de población en la cuenca del Miño a su paso por Orense, informe que ha hecho llegar a las autoridades sanitarias y municipales.
No tiene perdón el señor Alcalde que, como tal, debería haber cumplido y hacer cumplir la normativa por la que se ha de exigir a las comunidades de vecinos que auto gestionan su suministro de agua, la realización puntual de analíticas, teniendo que depositar el resultado de las mismas en registros sanitarios y municipales para que las autoridades sanitarias y municipales puedan garantizar a los vecinos la calidad del agua, y como profesional el señor Alcalde conoce las consecuencias que se derivan para la salud de los vecinos cuando se ingiere agua con arsénico en un periodo largo de tiempo.
El señor Alcalde reconoció, no hace mucho tiempo a finales del 2021, haber conocido la presencia arsénico en el agua cuando los vecinos solicitaron la conexión a la red municipal del agua, es decir veintidós años permitiendo que los vecinos de Serantes y su entorno consumieran agua con arsénico.
Una vez más José Francisco Fernández con dinero público pretende tapar el abandono y el daño producido a la salud de los vecinos, presentando como un éxito de su gestión la mejora del sistema de abastecimiento de agua a Serantes y su entorno.

En relación a la fuga entre la captación y la E.T.A.P. del Viñao para la que la Xunta aporta la mayor parte de los 360.000,00 € facilitaremos solo tres datos:la fuga no tiene lugar en 2021, viene al menos desde el 2015 sin que la empresa concesionaria ni el Alcalde se enteraran.
Entre 2015 y 2021 los vecinos de Leiro han consumido 535.087 M3 y a la empresa concesionaria y al señor Alcalde se le fugaron 973.001 M3, con el consiguiente aceleramiento del desgaste, deterioro y vida útil de las piezas, maquinas e instalaciones.
En este periodo el contrato, firmado en 2015 entre el señor Alcalde y la empresa concesionaria, les costó a los vecinos de su bolsillo más de un millón de euros en tasas.

4, Decembro 2022

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións deseñadas co obxectivo de seguir mellorando os servizos públicos para os veciños deste concello.

Manuel Baltar avanzou a Manuel Cerdeira a "máxima implicación da Deputación co Irixo" para seguir reforzando as liñas de cooperación abertas entre ambas entidades: "Coma administración máis próxima ao territorio, cada alcalde ourensán sabe que pode contar con nós para debuxar novas propostas de colaboracións e sumar esforzos para a súa execución”.

Nesta reunión, o presidente do goberno provincial garantiu o respaldo a tres proxectos presentados polo rexedor: dous deles deseñados arredor de melloras enfocadas no abastecemento de auga e unha iniciativa de humanización no lugar de Nogueiroa.

O rexedor tamén sinalou como prioritaria a axilización dos convenios para a construción do complexo deportivo municipal, proxecto cofinanciado entre o Concello, Deputación e Xunta de Galicia.

Ademais, Manuel Baltar comprometeu o apoio do goberno provincial á cofinanciación dun proxecto de emprendemento local no sector primario a través de coworking, que recibiu unha achega de fondos europeos e que será, segundo o rexedor, un “paso máis na procura de emprego de calidade que permita fixar poboación no concello”.

O presidente da Deputación recoñeceu o traballo de Manuel Cerdeira a prol do Irixo, “con proxectos e iniciativas ben deseñadas, e sempre enfocadas cara o benestar dos veciños e a dinamización do territorio”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS