
A Xunta solicitaba onte a declaración da "Situación 2" de emerxencia, unha situación operativa que se decreta cando existe perigo pola proximidade dos lumes aos núcleos de poboación, de fetio a Garda Civil desaloxou o pobo de Trabazón no Irixo a advertíu a poboación doutros núcleos que estivese preparada para proceder a unha evacuación de emerxencia, aínda que finalmente non foi precisa.
Xa nesta tarde de xoves, desactivabase esta "Situación 2" de emerxencia, ao non existir xa perigo para os núcleos de poboación nestes lumes nos concellos de Boborás e O Irixo, nos que a situación foi sendo máis favorable co avance da xornada, aínda que nalgunhos casos os incendios reaviváronse ao mediodia, como aconteceu nos de Trabazón, Outeiro e Saavedra, todos eles no municipio do Irixo.
Aínda que Medio Rural mantén aínda os datos do mediodia sobre a superficie afectada, 680 hectáreas no Irixo e 120 en Boborás, o certo e´que os lumes aínda permanecen con algunhos focos activos e a superficie afectada é maior que as 800 hectáreas recollidas no último informe con datos de primeira hora da tarde deste xoves dia 11.

Os lumes declarados nas últimas horas en varias localizacións dos concellos do Irixo, Boborás e O Carballiño permanecen activos nesta mañá de xoves, aínda que comezan a estabilizarse, según os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural.
No balance non se recollen aínda outros focos activos nas ultimas horas, xa que a superficie afectada sería de momento inferior ás 100 hectáreas, aínda que no caso do incendio na parroquia de Espiñeira, no concello do Irixo, o lume afectou a casas no lugar de Trabazón, e varios pobos da parroquia foron desaloxados entrada a noite. A Consellería do Medio Rural declaraba na tarde de onta Situación 2 na área de influencia do distrito forestal XI O Ribeiro-Arenteiro.
Esta situación operativa de emerxencia decretábase pola proximidade dos lumes rexistrados nos concellos do Irixo, de Boborás e do Carballiño a diversos núcleos de poboación na contorna destes incendios. O lume do Irixo, parroquia de San Cosmede de Cusanca iniciouse ás 12,30 h. do mediodía e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de que supera xa as 500 hectáreas. (Última actualización das 13:30 horas deste xoves, 680 hectáreas) No lugar levan traballado ata o de agora un total de 4 axentes, 17 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 7 avións e 11 helicópteros.
O lume de Boborás, parroquia de Astureses, comezou ás 17,30 h. e permanece tamén activo, según os últimos datos aportados por Medio Rural a superficie afectada supera as 120 hectáreas. No lugar están a traballar 1 axente, 2 brigadas e 1 motobomba.
O lume rexistrado no concello do Carballiño, parroquia de Longoseiros, iniciouse ás 15,51 h. da tarde e permanece tamén activo agora. No lugar están a traballar 1 axente, 3 brigadas, 1 motobomba e 2 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Os pulpeiros e pulpeiras do Carballiño están feitos dunha pasta especial. Quedou demostrado esta tarde na Praza Maior, onde se coceron 515 quilos de pulpo, 15 máis que na edición do 2019, para bater un novo récord coa ración máis grande do mundo.
Unha trintena de profesionais cortaron o cefalópodo en once minutos, tamén a mellor marca ata o momento. Foron moitos os veciños, veciñas e visitantes que quixeron acompañalos neste día histórico, xa que o novo récord chega coa declaración de festa de interese turístico internacional. Da macro ración, cun prato de 5,37 metros de diámetro, deron boa conta os asistentes na degustación posterior.
O Carballiño está a vivir uns festexos como os que se recordaban antes da pandemia, cunha programación que comezou o día 1 de agosto. Nesta edición número de 60 o Concurso de Camisetas do sabado volverá a ser un dos pratos fortes da programación. Un día despois, o 14 de agosto, celebrarase o día grande da Festa do Pulpo.

Resoaba esta mañá o son do afiador na Casa Consistorial de Carballiño, o son da tradición, mentres se celebrara un acto cargado de emotividade. Os pulpeiros e pulpeiras e o historiador e actual secretario da Academia Galega de Belas Artes, Felipe Senén, foron homenaxeados, brindándolles o Concello a declaración de interese turístico internacional da Festa do Pulpo, recentemente lograda “e que non sería posible sen eles”.
Unha nutrida representación destes profesionais estivo presente nesta homenaxe. Asistiron tamén o alcalde, Francisco Fumega; o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; o Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; a directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández, e a deputada provincial de Cultura, Patricia Torres. Francisco Fumega asegurou que “hoxe é un día nos que paga verdadeiramente a pena ser alcalde, porque nada resulta máis gratificante que recoñecer o mérito dos nosos veciños e veciñas que se teñen caracterizado por contribuír ao ensalzamento do nome do Carballiño e, dun xeito moi especial, da nosa celebración máis salientable, a Festa do Pulpo”.
O rexedor tamén recordou a historia da celebración “que comezou cun grupo de amigos e hoxe é unhas das manifestacións gastronómicas e festivas máis salientables de Galicia e España, e un auténtico símbolo e fonte de riqueza para o concello”. O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, subliñou que sen os pulpeiros e pulpeiras a Festa do Pulpo “non tería existido nin teríamos logrado a tan ansiada declaración de interese turístico internacional, que é o colofón a unha longa traxectoria na que vós e moitos seres queridos que vos antecederon, e que hoxe recordamos con cariño, sondes os verdadeiros protagonistas”.
Ao final do acto entregouse unha placa gravada a o historiador Felipe Senén e a Pilar da Fuchela, esta última como representantes das pulpeiras. Visiblemente emocionados, ambos quixeron recordar a todos os pulpeiros que hai décadas loitaron para que a profesión e o cefalópodo foran recoñecidos. Senén recordou a súa infancia e os valores aprendidos da man do seu pai, Felipe Luis López, como cartelista da Festa do Pulpo, imprimindo unha imaxe característica que permanecerá para sempre como símbolo da celebración festiva. Tamén insistiu en que “onde hai tradición hai orixe, hai orixinalidade, hai creación e iso é o que nos caracteriza no Carballiño”.
Pola súa banda, Pilar da Fuchela, nomeou a todas as familias “que loitaron para que os pulpeiros saían adiante” e recordou que noutros tempos, moi duros, había que percorrer moitos quilómetros en carro e cabalos, durmir nas pensións e traballar moito para levar o nome do Carballiño moi lonxe. “Por iso hoxe coñécese ben o que é pulpo do Carballiño e o que non o é”, concluíu. Todos os presentes no acto recibiron un exemplar do libro “A Feira do Carballiño”, de Xosé Fariña Jamardo e brindaron aplausos de cariño a Felipe Senén e aos pulpeiros e pulpeiras, que como pode lerse na placa gravada que lles entrega o Concello, “son os auténticos depositarios da tradición secular”.
A programación da Festa do Pulpo continúa este martes dia 9 da agosto, cando será o momento de intentar bater un novo récord coa preparación da tapa mais grande do mundo: serán 515 quilos de pulpo, 15 máis que o ano pasado, os que se cocerán e na súa preparación participarán unha trintena de profesionais. A pastelería Royal colaborará cos doces do postre e a vila recibirá a miles de persoas atraídas por uns festexos que alongan a súa duración e ofrecerán un programa elaborado cun mimo especial coincidindo coa declaración de interese turístico internacional.
O Concurso de Camisetas do sábado volverá a ser outro dos pratos fortes da programación. O prazo para entregar a documentación remata o mércores. Nas bases establécense as normas que rexerán o certame e poden consultarse nas redes sociais do Concello do Carballiño. Os interesados poden presentar un deseño creado en base a debuxos, imaxes, palabras, frases, números ou calquera ouro elemento gráfico, e poderá ser impreso sobre unha camiseta de calquera cor, na súa parte dianteira ou traseira, ou en ambas. As camisetas de cada peña serán expostas na Praza Maior o día 13 de agosto, a partir das 17.00 horas. Este ano substituirase o desfile pola actuación do locutor de Rock FM “El Pirata”.

A Festa do Pulpo de Carballiño estrea nesta edición número 60 a declaración de interese turístico internacional. Para lograr este recoñecemento foi esencial o esforzo das pulpeiras, ás que se lle renderá este lúns dia 8, ás 12.00 horas na Casa Consistorial, unha emotiva homenaxe. Prevese que unha nutrida representación destas profesionais recollan un obsequio, ao mesmo tempo que Felipe Senén, pola súa contribución a manter viva tradición de todo un pobo. Cómpre destacar durante varios anos e ao igual que o seu pai, Senén foi o autor do cartel da festa e neste 2022 tomou o relevo outro membro da súa familia, Ari Quintas. Ademais, no seu currículo destaca o seu traballo como arqueólogo, museólogo, presidente da Asociación de Amigos dos Museos de Galícia e actual secretario da Academia Galega de Bellas Artes.
A homenaxe será o primeiro acto da semana grande da Festa do Pulpo, se ben a programación xa comezou o día 1 de agosto coa Semana Grande para Pequenos e incluíu propostas como o Festival de Habaneras ou o que leva por nome ·”Feito no Carballiño” e que promociona a aqueles grupos que contan co talento dun carballinés ou carballinesa.
O martes será o momento de intentar bater un novo récord coa preparación da tapa mais grande do mundo: serán 515 quilos de pulpo, 15 máis que o ano pasado, os que se cocerán e na súa preparación participarán unha trintena de profesionais. A pastelería Royal colaborará cos doces do postre e a vila recibirá a miles de persoas atraídas por uns festexos que alongan a súa duración e ofrecerán un programa elaborado cun mimo especial coincidindo coa declaración de interese turístico internacional.
O Concurso de Camisetas do sábado volverá a ser outro dos pratos fortes da programación. Polo de agora, xa son unha vintena as peñas inscritas para participar, se ben o prazo para entregar a documentación remata o mércores. Nas bases establécense as normas que rexerán o certame e poden consultarse nas redes sociais do Concello do Carballiño. Os interesados poden presentar un deseño creado en base a debuxos, imaxes, palabras, frases, números ou calquera ouro elemento gráfico, e poderá ser impreso sobre unha camiseta de calquera cor, na súa parte dianteira ou traseira, ou en ambas.
Cómpre destacar que a participación está aberta a todos os colectivos que o desexen, sen límite de idade sempre que o responsable da agrupación teña máis de 18 anos. En canto aos premios, establécese un único ao mellor deseño e dotado con 200 euros para a camiseta que reciba máis votos. O resto das que cumpran os requisitos das bases recibirán unha compensación por importe de 60 euros cada unha. As camisetas de cada peña serán expostas na Praza Maior o día 13 de agosto, a partir das 17.00 horas. Este ano substituirase o desfile pola actuación do locutor de Rock FM “El Pirata”.
Este é o programa detallado para os próximos días:
8 de agosto.
Homenaxe ás pulpeiras e a Felipe Senén. Casa Consistorial. 12 horas.
Música de Rúa. El hechizo de Nora. Paraza Maior. 20.30 horas
9 de agosto.
A Tapa de Pulpo máis grande do mundo. Praza Maior. 19.00 horas
Música de Rúa. Soul&Roll. Praza Maior. 21.00 horas.
10 de agosto.
Festival de Folclore Internacional. Praza Maior. 22.30 horas
11 de agosto.
Concerto de Roi Casal. Praza Maior. 23.00 horas
12 de agosto.
Orquesta Combo Dominicano. Praza da Veracruz. 23.30 horas.
13 de agosto.
Festa das Camisetas. Actuación de El Pirata, locutor de Rock FM. Praza Maior. 19.00 horas. O prazo para inscribirse no concurso está aberto.
14 de agosto.
Festa do Pulpo. Xantar e música. Parque municipal.

En total, tres persoas resultaron feridas e dúas delas tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros do Carballiño neste accidente no termo municipal do concello de Avión, os servizos sanitarios trasladaron aos tres feridos ao centro hospitalario.
Sucedeu nesta mañá de domingo, ao fío das sete e media. Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia, a esa hora, para informar dunha saída de vía con persoas feridas na OU-212, no punto quilométrico 2, no termo municipal de Avión.
Con estes datos, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros, que decontado se desprazaron ao punto. Ademais, informaron á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Avión..
Doutra parte, nesta pasada noite do domingo unha muller e única ocupante do vehículo que conducía foi liberada polos Bombeiros do Carballiño, tras quedar atrapada no seu interior despois de saírse da vía cando circulaba pola OU-0527, punto quilométrico 6, en Vilamarín.
A condutora, durante a chamada que realizou ao 112 para pedir axuda, aseguraba que estaba ben, que se saíra da vía pero que non podía saír do coche, estaba atrapada. Por iso, nada máis ter constancia do accidente, o 112 Galicia informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros e á Garda Civil de Tráfico.
Unha vez no lugar e tras rematar a súa intervención, os Bombeiros confirmaron a excarceración da muller ferida, que foi trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital Clínico Universitario de Ourense.

Que a mocidade se involucre na Festa do Pulpo e se contaxie do espírito dunha celebración que estrea a declaración de interese turístico internacional. Nesta edición número de 60 o Concurso de Camisetas volverá a ser un dos pratos fortes da programación. Será o sábado día 13 de agosto e, polo de agora, xa son preto dunha vintena as peñas inscritas para participar, se ben o prazo para entregar a documentación remata o mércores. Nas bases establécense as normas que rexerán o certame e poden consultarse nas redes sociais do Concello do Carballiño.
Os interesados poden presentar un deseño creado en base a debuxos, imaxes, palabras, frases, números ou calquera ouro elemento gráfico, e poderá ser impreso sobre unha camiseta de calquera cor, na súa parte dianteira ou traseira, ou en ambas.
Cómpre destacar que a participación está aberta a todos os colectivos que o desexen, sen límite de idade sempre que o responsable da agrupación teña máis de 18 anos. En canto aos premios, establécese un único ao mellor deseño e dotado con 200 euros para a camiseta que reciba máis votos. O resto das que cumpran os requisitos das bases recibirán unha compensación por importe de 60 euros cada unha. As camisetas de cada peña serán expostas na Praza Maior o día 13 de agosto, a partir das 17.00 horas. Agárdase superar o récord de participación do 2019, tendo en conta que non se puido celebrar nos últimos dous anos por mor da pandemia.
En lugar do desfile das peñas, o Concurso das Camisetas contará este ano cunha actuación estelar. Pablo Ordúñez, máis coñecido como El Pirata, protagonizará un espectáculo na Praza Maior, a partir das 20.00 horas. O locutor da emisora Rock FM ofrecerá grandes doses de música e humor. Dende o Concello do Carballiño anímase a todos os participantes no certame a sumarse á súa actuación.
Un día despois, o 14 de agosto, celebrarase o día grande da Festa do Pulpo e esta mañá puxéronse a venda as entradas para a comida no recinto oficial. Pasarase de 1.200 prazas a 800 por cautela e redúcese o prezo real do menú, que aínda que tería un coste de 47 euros pola inflación, redúcese a 30 euros.
Tamén nesta edición, que será a número 60, intentarase bater un novo récord coa preparación da tapa mais grande do mundo: serán 515 quilos de pulpo, 15 máis que o ano pasado, os que se cocerán e na súa preparación participarán unha trintena de profesionais.
Leo na outra denuncia que unha persoa maior que está enferma se queixa porque tardan unha semaña en darlle cita telefónica. Pois cando esa persoa teña que ir in situ e descubra que a partir de agora hai que sacar ticket na entrada e botar o rato mirando para unha pantalla ao mais puro estilo hospital igual lle da algo. Tendo en conta que a maoiría dos usuarios da sanidade son xente de idade avanzada seguro que algún que outro problema de visión e que soen ir a cita sen acompañante parece un plan sin fisuras o de implementar no centro de saúde do Carballiño este sistema de xestión de quendas. Todo para que o profesional xa non teña que sair á sala de espera a chamar. Se xa moitos non se apañaban para pedir cita por internet ou na app do Sergas agora van e danllle a estocada. Hai que pensar mais na xentiña maior.
El Portavoz Municipal de los socialistas de Leiro, como representante de los vecin@s de nuestro Ayto se hace eco ante los continuos cortes de luz y microcortes que se están produciendo en nuestro termino municipal de Leiro en estos momento y que anteriormente se producían y en la misma línea media de Alvarellos 4. Nos vemos en la obligación en defensa de los derechos de toda la vecindad y que somos sabedores que la compañía eléctrica en esta caso Naturgy está obligada por ley 24/2013, de 26 de diciembre de dar un servicio de calidad y en este caso no lo está dando, debido a las diversas interrupciones que estamos a padecer por falta de suministro eléctrico. Los socialistas queremos destacar los diversos problemas que esto acarrea la falta de suministro a toda la vecindad que afecta en general a todos, así como los negocios. Por estos motivos le solicitamos al Ayuntamiento que:
1.- Que medidas concretas se están tomando desde el Consistorio para una solución a este problema grave de cortes de suministro continuos y microcortes.
2. Que se pida a la empresa eléctrica suministradora Naturgy de luz a nuestro ayuntamiento explicaciones por escrito no de palabra por los continuos cortes en la linea media de Alvarellos 4 y que posibles soluciones que estan dispuestos a asumir la misma, para acabar de raíz con el problema
3. Que se nos pase a nuestro Grupo Municipal Socialista copia del escrito donde se pide explicaciones por parte del Ayto a la empresa suministradora por los graves problemas que esta acarreando a la vecindad, como también copia de la contestación por parte de la empresa electrica con las posibles soluciones. Y finalmente.
4. Comunicar a la empresa eléctrica que no puede haber discriminacion ninguan, a la hora de dar solución por falta de suministro eléctrico, ya que hay vecinos que reciben el suministro eléctrico mucho antes y otros pasan muchas horas desde que se la ha dado a los primeros, “porte todos pagan sus recibos por igual y tienen el mismo derecho a la hora de darle solución por falta de sumisntro eléctrico.
Por este motivo los socialistas animamos a los vecinos a que exijan y reclamen a la compañía suministradora ya que es un derecho que tienen a reclamar y puesto a recibir una indemnización por la interrupción del suministro.

Correos e o Concello do Carballiño asinaron un acordo polo que se promociona a Festa do Polbo en oficinas de Correos de 8 provincias españolas.
Os cidadáns poderán coñecer esta festa declarada de Interese Internacional a través de pantallas colocadas en oficinas de Alacante, Barcelona, Madrid, Segovia, Sevilla, Valencia, Zamora e Zaragoza.
A Festa do Polbo celebra en 2022 a súa edición número 60, dedicada ao ano Xacobeo e que se celebrará, como é tradición, o segundo domingo de agosto. O parque municipal do Carballiño acollerá a gran romaría na que miles de persoas degustarán este emblemático produto gastronómico, salienta Correos no seu comunicado informativo.
Con este novo servizo de pantallas nas oficinas de Correos, o Concello do Carballiño atopa unha nova canle de promoción para a Festa do Polbo repartido pola xeografía española. As pantallas colocadas en Correos contan cunha gran visibilidade entre os cidadáns: en 2021 as oficinas españolas rexistraron máis de 89 millóns de visitas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- …
- seguinte ›
- última »