24, Xuño 2022

Leia en un articulo pasado sobre O Carballiño, que este concello se "inunda de eventos" sera ese el motivo por el que los negocios de hosteleria estamos "ahogados". 

Una verguenza que a estas alturas no haya programacion, o si la hay, no se haga publica, para organizarse, para saber como afrontar el verano, sobre todo despues de una pandemia que dejo a todos muy afectados economicamente.

No valen excusas, no valen actividades de otros colectivos para rellenar y que itros hagan el trabajo, no vale con ver movimiento en una calle decir que "hubo gente". 

Es decir no vale nada, esta visto que este grupo de gobierno esta aun en confinamiento y no es consciente de la realidad de este pueblo, por mucho q digan que si y salgan en muchas fotos. 

Se pierde economia, ilusion por todo, ganas de irse, como se van los vecinos a donde si hay actividades, eso tambien fija, pero despoblacion . 

Un concello de este tamaño, tiene que tener presupuesto mas que suficienre para hacer frente a eventos, pero de peso, no carpas, dia de lluvia y semana del spol. Inventos....

Habra que empezar a exigir y protestar, y para que salga un pareado, en la elecciones ......cambiar.

 

23, Xuño 2022

O PSdeG-PSOE de Leiro vén de presentar unha moción para o seu debate na sesión plenaria municipal do vindeiro 27 de xuño na que insta ao Concello á posta en marcha do servizo coñecido como “familias madrugadoras” no colexio público Emilia Pardo Bazán e coincidindo co inicio do curso escolar 2022/2023. Os socialistas explican que con esta moción pretenden “facilitar” a conciliación laboral e familiar e atraer poboación ao municipio cun servizo “esencial nos tempos que corren”.

Dende o Grupo Municipal Socialista destacan que esta medida consistiría na “ampliación” do horario de apertura durante os días lectivos, é dicir que o servizo desenvolveríase no período anterior o comezo das actividades docentes. Os socialistas consideran de “vital importancia” instaurar un sistema que permita facer “compatibles” as diferentes facetas da vida, o emprego, a familia e o tempo persoal. Apostan por un servizo que segundo afirman “permitiría atraer novas parellas ao noso municipio, que non teñan que marcharse as que contan con crianzas en idade escolar” e subliñan que “sairiamos gañando todos, tanto so pais e nais, como as crianzas e o municipio que podería aumentar a súa poboación”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, fai fincapé en que coa implantación do programa familias madrugadoras “melloraríase a conciliación tanto no laboral como no persoal, contribuíndo a que as persoas con fillos a cargo puidesen deixar aos mesmos no centro escolar antes de ir a traballar”. O edil socialista afirma que con esta iniciativa “pretendemos dar as mesmas oportunidades aos veciños e veciñas de Leiro e beneficiar a súa calidade de vida, gozando dun servizo que atenda aos seus fillos e fillas antes do comezo das horas lectivas”. Rodríguez Vázquez salienta que o Concello de Leiro “non pode mirar para outro lado e debe levar a cabo este servizo de conciliación” e destaca que “o PP non pode ser alleo a esta problemática e ten que afrontar un problema que padecen moitas familias do noso termo municipal e que lles impide que poidan realizar unha correcta conciliación familiar, laboral e persoal”.

O PSdeG-PSOE de Leiro tamén presenta outra moción na que insta ao goberno municipal a que se estableza de xeito “mensual” unha feira popular no municipio, con data preferente para a súa celebración o día 24 de cada mes, xa que tal e como explican “era cando se celebraba anteriormente, ata a súa desaparición nos anos 1963 e 1964”. Os socialistas explican que están abertos a un posible cambio de data en caso de “consenso” dos diferentes grupos políticos, pero argumentan que o 24 “serviría como recoñecemento aos nosos antepasados, xa que era a data na que se celebraba dita feira”. Os socialistas de Leiro tamén piden “consenso político” para seleccionar o lugar no que se celebrará e a organización para “garantir” o seu correcto desenvolvemento.

Dende o PSOE de Leiro destacan que “dende sempre na nosa comunidade, as feiras populares serven para promover, difundir e rescatar valores e tradicións da nosa cultura, tanto a través da gastronomía, como da artesanía e dos produtos locais”. Manuel Rodríguez afirma que un evento desta magnitude “contribúe a romper a estacionalidade e a fortalecer ao municipio como destino turístico, cunha identidade propia e que ademais xere un impacto social”. O edil socialista considera que a feira popular serviría como iniciativa para “impulsar” o desenvolvemento económico do territorio e “mellorar” a calidade de vida dos veciños e veciñas de Leiro. Os socialistas avogan por unha feira que serva de pulo para os produtos de Leiro, xa sexan ecolóxicos, maquinaria agrícola, produtos naturais, maquinaria das adegas, comestibles, artesanía ou agro.

No pleno municipal do vindeiro luns, 27 de xuño, o PSdeG-PSOE de Leiro defenderá dúas mocións máis. Na primeira delas instan a que o Concello “leve a cabo un plan de sinalización xeral das diferentes aldeas e dos accesos aos núcleos de poboación e lugares de interese”. Na segunda piden a creación dunha comisión de traballo, representada por todos os grupos políticos da corporación municipal, na que “se elabore unha liña de apoio a emprendedores para a creación de novos negocios no noso municipio”.

23, Xuño 2022

Recordo que fai un tempo (non sei canto exactamente) os autobuses da empresa Monbus sí paraban tanto para subida de viaxeiros sentido Ourense fronte as casas dos ferroviarios como para baixada dos que viñan de ourense fronte ao Fuchela. Pero xa non é así. .Como digo desconezo desde cando pasa isto xa que normalmente uso os servicios da Montañesa pero o outro día tiven que ir nun Monbus e sorprendeume negativamente esta circunstancia. Ahí o deixo para información e denuncia xeral.

PD: Dicir que para os funcionarios que veñen no autobus das catro e media da tarde sí os deixan baixar na estación de tren pero non deixan igualmente subir a ninguén nesa parada.

22, Xuño 2022

A asociación "Alarma Terra de Montes" ven de presentar mais de 100 alegacións no concello de Beariz ao proxecto Conexión Beariz 400Kv., no procedemento que está aberto para os proxectos de construcción do parque eólico denominado "Paraño Oeste".

Dende este colectivo, que desde fai dous anos ven mobilizandose contra a proliferación de novos parques eólicos nesta zona, acusan de silencio administrativo ao concello bearicense, e ante as instancias presentadas por vía eléctrónica.

Ademais, aseguran que o proxecto, cuxo periodo de alegacións rematou este pasado 21 de xuño, non estaba exposto no taboleiro municipal e tampouco na sede electrónica no concello de Beariz, o que consideran é unha grave irreguralidade na tramitación adminstrativa do proxecto.

Denuncian que a mesma situación deuse tamén no Concello de Boborás, xa que "nin no taboleiro municipal nin na sede electrónica estaba a exposición do proxecto", subliñan.

Dende esta asociación que agrupa a numerosos activistas, sinalan que foi admitida a trámite unha denuncia presentada ante o xulgado do Carballiño por unha veciña do concello do Irixo contra o alcalde da localidade e a secretaria do concello, e por presuntas ilegalidades no procedemento administrativo de dous parques proxectados no concello do Irixo.

Desde a asociación consideran "necesario e urxente que os concellos expoñan a información ao público tal e como obriga a lei". Engaden que " o futuro da nosa terra é o que está en xogo".

22, Xuño 2022

So duas cousas respeto ao comentario anterior

1) Sendo como di vostede q e sanitaria, so desexo q nunca caia nas sus mans, pois vista a sua inorancia, mellor morrer.

2) Digo isto pois deberia de saber q debido a algo q apareceu alo polo ano 2019 e q diron en chamar coronavirus ou covid 19, as residencias de ancias foron das mais castigadas, polo tanto as q a posteriori foron sometidas a mais restriccions, entre elas as visitas (nin pra ver os residentes, nin pra facer comidas, nin pra voluntariado,etc.), deberia saber q as salidas tamen foron prohibidas, en aras de previr a posible entrada da covid. E inda q agora a maioria das devanditas restricions xa non son obrigatorias, son partidaria e penso q de algunha maneira moitos dos residentes e familia, de q ainda se manteña algunha q outra medida preventiva.

Grazas e rogolle q se adique a outra profesion.

 

22, Xuño 2022

Yo no sé quien dice la verdad, si las nuevas trabajadoras que dicen que se cocina o las viejas que dicen que dos cosas puntuales. Antes, cuando las monjitas, no había estas polémicas, porque había testigos, voluntarios que ayudaban, familiares que podían ir a ayudar a sus familiares a  bañarse o a comer. Y yo misma vi alguna vez la cocina y cocinar.

Ahora no se sabe que pasa dentro, es hermético, nadie lo sabe. Ni si quiera se ve salir a pasear a personas válidas que antes salían y ahora no se sabe por qué ya no sé ve a nadie. Así que nadie puede atestiguar nada.

Pero escuchando la tertulia y escuchando al señor o señores que defienden que se cocina y que todo es normal, queda claro que no. O no saben.

Digo esto porque soy sanitaria y tras oír defender que se hace toda la comida en el Asilo excepto los que tienen alguna dieta especial es lo mismo que decir que no se cocina nada.

Porque qué persona mayor no tiene una dieta de hipertensiòn? O de diabético? O de colesterol? O de protecciòn renal? O celíaco? O bland? O de fácil masticaiòn ? O triturada? Que anciano no tiene alguna dieta especial? 
Para hablar hay que saber de lo que se habla.

Por cierto, antes, con las monjitas no se hablaba, porque bien o mal, todo el mundo podía ver y saber lo que había. 

21, Xuño 2022

O Real Automóvil Club de España -que analiza nun estudio máis de 25.000 kilómetros da rede viaria estatal- e que ten como finalidade identificar os tramos con maior risco de accidente grave ou mortal, considera que este tramo da estrada N-541 ao seu paso pola nosa comarca entre os puntos kilométricos 23,5 ao 33,6 entre Dacón e A  Almuzara, é o segundo tramo máis perigoso de toda España.

Aínda así, os investimentos para mellorar a seguridade por parte do Estado son practicamente nulas nos últimos anos, e a pesar de rexistrar o segundo número máis alto de accidentes de tráfico, tendo zonas moi perigososas, como a curva do Cornubal, que mesmo podería entrar no libro guines dos record, con ata 4 accidentes de tráfico en menos de 24 horas, como fai unhos dias refirmaba nunha entrevista en COPE O Carballiño o xefe da Policia Local do Carballiño, Francisco Valeiras.  Nesta mesma zona, o cruce de interseción coa estrada autonómica O Carballiño-Lalín carece de iluminación nocturna e non existe paso de peóns.

Asemade, tamén nesta mesma zona,  o paso peonil do viaduto sobre o río Arenteiro non permite que poidan cruzarse dúas persoas, e tampo é apto para persoas con mobilidade reducida, xa que non permite o paso de cadeiras de rodas, tendo que facélo a través da calzada, con gran perigo que esto conleva, e nunha zona na temos hoxe dúas residencias de maiores, e tamén nas súas inmediacións o pavillón de deportes Paco Chao e as piscinas municipais. Ningún destes equipamentos existían, igual que as numerosas vivendas hoxe habitadas na contorna, cando fai 50 anos contruíuse esta estrada, que daquéla non tiña o carácter urbano que ten hoxe.

Outro punto conflictivo para o tráfico  é o da Fontela, a altura aínda do concello de Maside, asi como o percorrido urbano pola vila do Carballiño, entre outros. O informe do RACE tamén recolle outros aspectos de risco potencial como o paso diario de transporte pesado neste tramo, fundamentalmente de torres eólicas. 

O certo é que malia que a pesar das numerosas deficiencias que en materia de seguridade ten este tramo, o Ministerio de Tranportes, Mobilidade e Axenda Urbana, como antes o Ministerio de Fomento, apenas realizaron investimentos na mellora da seguridade.  A finais do século pasado o Goberno e o concello do Carballiño anunciaran o proxecto de construcción da variante desta N-541 ao seu paso polo Carballiño, un proxecto que permanece no máis completo esquecemento.

 

 

20, Xuño 2022

O inicio hoxe das obras de substitución das xuntas de dilatación do viaduto do Barbantiño, na autovía Dozón-Ourense (AG-53), obrigarán a efectuar cortes de carril a partir de hoxe.

A actuación implicará cortes de 24 horas para impedir a circulación sobre as xuntas durante o tempo necesario para que os morteiros fragüen e consigan a resistencia necesaria. Deste xeito, cada carril quedará cortado aproximadamente desde as 8:00 horas dun día ata as 19:00 horas do seguinte, manténdose a circulación no outro coa debida sinalización.

A intervención consistirá na renovación de todas as xuntas, cambiando a tipoloxía naquelas nas que sexa posible, de modo que pasen de ser dobres a xunta única, causando menos incidencias no tránsito de vehículos. Isto é viable porque pasaron xa varios anos desde a posta en servizo do viaduto e os movementos da estrutura de formigón son xa moi pequenos con respecto aos primeiros momentos desde a súa construción.

O obxectivo dos traballos é lograr unha maior comodidade na condución e mellorar a sensación de seguridade dos usuarios.

Esta actuación forma parte do programa pioneiro de inspección de estruturas e obras de paso polo que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realiza inspeccións periódicas nas pontes, viadutos e outras obras de paso para coñecer as necesidades de intervención, garantir a seguridade viaria e actuar de modo preventivo fronte a posibles problemas futuros.

Neste caso, as inspeccións realizadas sobre o viaduto do Barbantiño ofreceron como resultado que a maioría das xuntas non tiñan ningún problema relevante e que as irregularidades non eran especialmente acusadas, pero estase a proceder á súa renovación como medida de conservación preventiva.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na conservación e no mantemento da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e cómodas aos usuarios.

19, Xuño 2022

O grupo de teatro do IES Chamoso Lamas do Carballiño participou na última edición do festival Olloboi de cine escolar cunha curtametraxe sobre a historia da Pepa Loba. A 11ª edición do festival que se celebra todos os fins de curso en Boiro seleccionou a peza rodada polos alumnos do centro, que quedou finalista na súa categoría.

O festival, no que participan centros de toda Galicia (este curso houbo case 50 centros e máis de 140 obras a concurso) consolidouse xa como a grande cita do audiovisual feito nos centros de ensino de galegos, onde rapaces de diferentes idades xúntanse con profesionais do mundo do cine (produtores, directores, guionistas, técnicos...) e traballan con eles ao longo do día para realizar in situ unha pequena peza audiovisual, que despois se proxecta na Casa da Cultura de Boiro. A xornada remata cunha gala de entrega de premios nas diferentes categorías do festival.

A xuventude de Pepa loba foi a peza presentada a concurso polo IES Chamoso Lamas, obra feita polo grupo de teatro do centro e unha equipa de audiovisuais integrada por un pequeno grupo de rapaces de 1º de ESO. A curtametraxe, que está interpretada polos propios alumnos, estrearase no festival de fin de curso do Chamoso Lamas o día 22 de xuño.

17, Xuño 2022

"O Carballiño Centro Comercial Aberto" celebra o venres 17 e sábado 18 os "Dias Tolos" con grandes descontos en 35 establecementos comercias do Carballiño, unha iniciativa na que tamén colaboran 12 establecementos da hostalaría local, que ofrecerán tapas para os clientes que compren nos comercios participantes, que tamén repartirán invitacións para as actividades infantís. Un espectáculo de zancudos e música de charangas animarán as rúas carballñesas.

Máis musica con motivo da 3ª Foli Richada de Maside, este sábado 18 de xuño coas actuacións dende as 6 da tarde do grupo de acordeóns, baile e gaitas Amálgama, a Coral A Torre, Os Cotovías, Tokaide e a actuación estelar -ás 10 da noite- da agrupación "Faíscas da Pontraga". Por 10 euros poderá degustarse a exquisita carne richada de Maside, dende as 9 da noitiña en adiante,

O Rally de Ourense córrese tamén polas estradas da comarca, este venres 17 no tramo O Irixo-Boborás, con dúas pasadas ás 18:05 e 21;20 horas.

O pavillón de deportes Paco Chao acolle este sábado 18 dende as 17:30 horas o Campionato Galego de Patinaxe Artística SWOW, un evento que reunirá a 333 patinadoras e patinadores e achegará ata O Carballiño a unhas 1400 persoas, según as previsións dos organizadores, o Club de Patinaxe AEHDE do Carballiño.

No Novocine de Leiro, cine de estrea coa película de animación "Lightyear", en sesións de 16:00, 18:15 e 20:30 horas.

Continúa o "Circuíto de Teatro Amador" que organiza Tiruleque Teatro, e que presenta este domingo 19 ás 6 da tarde no auditorio a Paso de Valverde co espectáculo de teatro infantil "Ultrasónica", con entrada de balde.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS