4, Xuño 2022

O PSdeG-PSOE atraves do seu Portavoz Municipal lle propon o Grupo de Goberno do Partido Popular de Leiro, que se leve acabo unha señalizacion xeneralizada tanto do nome dos pobos como tamen dos accesos os mesmos xa que ai pobos no noso Concello, que non teñen ningún tipo de señalización e os que a teñen estan en moi malo estado.

O noso portavoz xa fixo referencia no ultimo pleno, a esta problemática de señalización o Goberno Municipal, na que lle indicou o rexidor municipal que alguns pobos do noso termo municipal, non dispoñian de ningun tipo de señalización e lle puxo o exemplo de A GROVA, VILAVERDE, EIRA DE MOUROS, BARZAMEDELLE ect… polo que e necesario e imprescindible señalizar os pobos, polos perxuicios que acarrea os veciñ@s que viven neste pobos, o non dispor de nome tanto nos pobos como tamen nos accesos, “xa que e moi importante facilitarlle a labor a toda persona que veña de afora e non coñece o noso termo municipal” e tamen se da unha imaxen de abandono, o non habendo unha señalización dos pobos e accesos, como tamen os que dispoñen de unha señalización pois esta en moi mal estado que apenas se percibe o nome do pobo, e todo debido a desidea e a deixadez das suas funcións de mantemento do Grupo de Goberno, que lle “interesa mais ven pouco que os nosos pobos non teñan señalización e os que a teñen que estea nun estado totalmente lamentable”, por eso desde o Grupo Municipal dos Sociaistas de Leiro lle propoñemos un PLAN DE SEÑALIZACION XERAL dos nosos pobos, para que se vexa que existen. Esperamos e desexamos que o grupo de goberno non poña excusas, para no levar acabo este plan que tanto demanda a veciñanza e se utilice o remanente de tesoreria o fin llo cabo e diñeiro de todos os veciños que pagan relixiosamente dos seus impostos e tributos e debe ser utilizado nas suas demandas como neste caso, e outras moitas.

Remitido: PSdeG-PSOE de Leiro.

3, Xuño 2022

A Carteleira do Novocine de Leiro reúne esta fin de semana 3 películas: "Top Gun: Maverick", "Downton Abbey: Una nueva era" e "Escribir lo imposible", en horarios de 16:00, 18:15 e 20:30 horas.

O Auditorio do Carballiño acolle o sábado 4 ás 20:00 horas a representación do grupo de teatro Fontevella do Porriño titulada "Balneario a Condesiña", primeira representación do Circuíto de Teatro Amador patrocinado pola Xunta coa colaboración da Federación de Teatro Affecionado e a organización de Tiruleque Teatro, un festival que terá continuída en semanas próximas.

O Centro de Estudios Chamoso Lamas invítanos ao roteiro urbano "lugares e personaxes históricos do Carballiño", un percorrido de varagiño polos séculos XVIII, XIX, e de inicios do século XX. O punto de encontro será o patio do Asilo ás 10 da mañá do domingo 5, un roteiro que será guiado por Xosé Luis Sobrado, Juan Manuel Rodríguez e Alicia Graña.

Outro roteiro cultural para a matinal dominical é o que nos ofrece o concello de Maside, neste caso dende o Barbantiño ao conxunto arqueolóxico de Santa Mariña, tamén con visita guiada. O punto de encontro ás 10:00 horas en San Fiz.

O espectáculo do automobilismo lévanos esta fin de semana ata o concello de Piñor, onde terá lugar o "6º Rally Mix Concello de Piñor", o sábado 4 dende as 12:15 do mediodia e o domingo 5 dende as 10:00 horas.

E finalmente, Cenlle celebra a "Festa do Viño Tinto", con pregón de Xosé Lois "Carrabouxo" ás 19:00 horas do sábado 4, de seguido iniciaráse a ruta das adegas, onde os participantes teñen ocasión de degustar o viño tinto de Cenlle en 5 adegas da localidade, acompañando con pinchos e tapas. O domingo, a apertura de adegas será a partir das 11 da mañá, e haberá xantar popular con polbo, churrasco e carne cocida. Tamén unha exposición de maquinaria agrícola e atraccións infantís.

2, Xuño 2022

Muchas gracias hombre (o mujer) responsable. Todos los días a las 8 de la mañana toda la acera anegada de agua. Igual que el asfalto de la calle Martinez Avellanosa. Y dicen que hay sequía, que no llueve, pero este responsable municipal tirando el agua que todos pagamos con nuestros impuestos a la alcantarilla. Hay que regar más a mano racionando y dejarse de sistemas como éste que desperdician el agua y aún por encima crean incomodidad a peatones y conductores. Sentidiño por favor.

Gracias.

2, Xuño 2022

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o Concello de San Cristovo de Cea acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, para comprobar as actuacións que se levan a cabo na defensa do medio ambiente coa axuda dun vehículo adquirido cunha achega do Goberno galego.

A través dunha axuda de 26.250 euros do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), o Concello de San Cristovo de Cea adquiriu un vehículo tipo pick-up para a protección do medio ambiente e de espazos naturais, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.

O Concello xustificou a súa adquisición na necesidade de coidar e protexer o patrimonio natural dun municipio que conta cun espazo incluído na Rede Natura como é Pena Veidosa. Ademais, dispón dunha gran riqueza arqueolóxica e paisaxística, así como lugares de interese turístico como o Mosteiro de Cea. Atractivos todos eles que se ven incrementados por formar parte o concello do Camiño de Santiago, particularmente da Vía da Prata. A administración local carecía ata o de agora de recursos suficientes para facer fronte as actuacións necesarias para a conservación e protección de ditos espazos.

O Concello de San Cristovo de Cea beneficiouse nos últimos anos de achegas por valor de máis de 463.000 euros procedentes das diferentes liñas de axudas habilitadas polo Goberno galego a través da Dirección Xeral de Administración Local, o que permitiu ao municipio ourensán levar a cabo actuacións a favor do medio ambiente, melloras no saneamento, obras nas infraestruturas municipais ou inversións a favor da eficiencia enerxética, entre outras.

2, Xuño 2022

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de presentará unha moción nos concellos na que insta á Xunta de Galicia e ao SERGAS a crear, con “urxencia”, unha unidade de ictus no Complexo Hospitalario de Ourense (CHUO). Os socialistas tamén piden os apoios dos grupos políticos para instar á Xunta de Galicia e ao SERGAS a mellorar o transporte sanitario urxente dos pacientes sitos na xeografía de Ourense e con sospeita de ictus ao CHUO, para que accedan á futura unidade de ictus en menos dunha hora dende calquera punto da provincia.

Dende o PSdeG-PSOE destacan que “é de xustiza que Ourense conte cunha unidade de atención ao ictus”, xa que tal e como apuntan “Pontevedra conta cunha unidade, A Coruña con dúas e en Lugo teñen unha unidade de atención permanente, cun neurólogo especializado que atende as 24 horas ao día, os 365 días do ano”. Neste senso, os e as socialistas argumentan que a provincia precisa dunha unidade “polo noso tipo de poboación, principalmente envellecida, e tamén pola dispersión xeográfica” e afirman que “Lugo loitou durante moito tempo por esta unidade e finalmente conseguiuna, polo que creemos que Ourense non pode ser menos”.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, destaca que “nós pedimos para a nosa provincia que por fin contemos con esta unidade de ictus, que necesitamos por xustiza e porque as consecuencias sociais e de saúde a que da lugar así o recomendan”. O líder dos socialistas ourensáns lembra tamén que os especialistas “piden esta unidade constantemente, pero nin a Xunta, nin o SERGAS se decidiron a levar a cabo unha medida de vital importancia para Ourense e as súas xentes”.

Villarino destaca que ante este “desleixo” por parte do goberno galego, os e as socialistas “movemos ficha e decidimos presentar unha moción na que pedimos que se cree esta unidade en Ourense e tamén un transporte sanitario urxente, que permita que en menos dunha hora, todas aquelas persoas que sexan sospeitosas de padecer un ictus poidan chegar a tempo para curarse e restablecerse o máis rápido posible”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense apuntan a que as enfermidades cerebro vasculares, e nomeadamente o ictus, “son as principais causas de mortalidade”. Unha mortalidade, que segundo afirman, “aumenta co paso dos anos” e que despois dos 55 anos “cada década que pasa, multiplícase por 2 a posibilidade de ter un ictus”. Neste senso explican que unha provincia como a de Ourense que “é unha das máis envellecidas de España e Europa, fai que aumente o risco e a gravidade, xa que o ictus non só xera mortalidade, senón tamén morbilidade”. Os e as socialistas subliñan que “é unha das principais causas de incapacidade, que afecta particularmente as persoas maiores, que son maioría na provincia de Ourense”.

1, Xuño 2022

Atención por teleoperador en las estaciones de tren de O Barco, A Rúa, O Carballiño y Ribadavia - Faro de Vigo

Despues de leer este articulo creo k nos vamos quedar tambien si estacion de bus nos van a poner unas marquesinas y a pasar frio mientras esperamos que venga el bus que es eso de intermodal eso se llama una marquesina en toda ley que verguenza de pueblo

1, Xuño 2022

O conflicto laboral mantén enfrontadas a traballadoras e a dirección do xeriátrico carballiñés, e vivíu esta mañá un novo capítulo en forma de protesta-manifestación, primeiro cunha concentración fronte o edificio da Residencia Irmáns Prieto, e despóis cunha manifestación polas rúas do Carballiño ata achegarse á Praza Maior.

O sindicato da CIGA convocou esta protesta "para que cesen as amenazas, acoso laboral, sancións e maltrato a traballadoras que levan aquí máis de 20 anos", declarou Nati Álvarez, responsable da Federación de Servizos da central sindical. Piden a readmisión das traballadoras e "que se cumplan as máis de 20 sentencias gañadas no xulgado por distintos motivos".

Unha situación da que culpan directamente á dirección do asilo, pero tamén "tanto o concello do Carballiño como o bispado de Ourense" na súa condición de responsables do Padroado da Fundación Irmáns Prieto, propietaria do xeriátrico. Con esta concentración sindical mostraron coa súa presenza a súa solidariedade a concelleira carballiñesa do BNG Sofía García, e os tamén concelleiros de Espazo Común Adolfo Nogueira e Pachi Vázquez. 

31, Maio 2022

O Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) do concello de Avión, que tamén cubre este servizo para outros concellos límitrofes como son os de Boborás ou Beariz, dispón dun novo vehículo 4x4 equipado para o transporte de auga na extinción de pequenos incendios e de material a intervencións en zonas de difícil acceso.

O novo vehículo foi recepcionado en Santiago de Compostela polo alcalde de Avión, Antonio Montero, no transcurso dun acto presidido polo vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo. A Xunta de Galicia financiou a compra deste vehículo cunha achega económica de 89.540 euros.

30, Maio 2022

Recordan dende Espazo Común que "esta iniciativa foi acordada na reunión mantida coa veciñanza o pasado mes de marzo e estará aberta a todos aqueles que queiran integrarse", e fan fincapé na finalidade desta futura asociación, que será "garantir a transparencia na xestión do Asilo e na xestión do patrimonio legado polos Irmáns Prieto".

"O escurantismo por parte das institucións responsables impón a toma de accións urxentes", aseguran, ao entender que "van alá dous anos dende que se comezou a preguntar nas sesións plenarias pola situación do Asilo do Carballiño e polos drásticos cambios que se están a producir na súa forma de xestión, dous anos nos que por parte das institucións responsables non se recibiron máis que evasivas e o mostras do máis absoluto escurantismo".

Consideran que "a preocupación da cidadanía do Carballiño foi medrando, vendo como se ía destruindo un legado histórico para transformalo tan só nunha residencia privada. Despoxando a un símbolo local de todo o seu significado e razón de ser. Despois dunha manifestación e de diversos compromisos incumpridosno referente á entrega de documentación, a día de hoxe, seguimos sen ter visto unhas soas contas e seguimos con moitas dúbidas sobre a titularidade das moi valiosas propiedades legadas pola familia fundadora".

Espazo Común concede ao veterano politico carballliñés especial protagonismo na creación desta nova asociación "Pachi Vázquez promove a creación da Asociación para a Defensa do Asilo do Carballiño, a iniciativa nace coma un lugar de encontro onde todos aqueles que estean preocupados polo presente e o futuro dunha institución tan importante para o noso pobo, poidan traballar en positivo para a súa recuperación", subliñan neste comunicado.

Nos vindeiros días, avanzan que faráse unha convocatoria pública "para que quen o desexa poida integrarse e formar parte da mesma".

28, Maio 2022

O parque municipal do Carballiño foi o escenario elixido polo PSdeG-PSOE para celebrar este sábado o acto "A forza das voceiras e voceiros por Ourense", coa vista posta xa nas eleccións municipais de maio de 2023.

Unha xornada na que exerceu como anfitrión o alcalde carballiñés Francisco Fumega, a quen os dirixentes do socialismo galego puxeron "como exemplo e alcalde de referencia para PSdeG". Tanto Fumega, como o Secretario Provincial Rafael Villarino e o Secretario Xeral do PSdeG Valentín Formoso coincidiron na súa mensaxe "estamos a gobernar o 62% da poboación galega, unha poboación emprendedora da Galicia do futuro, que xa está aquí, hoxe debemos lanzar unha mensaxe de optimismo e de futuro, tamén na provincia de Ourense deixando atrás o pasado, deixando atrás o baltarismo".

No coloquio “O poder municipal en feminino” tomaron a palabra Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Alberto Varela, presidente da Fegamp e alcalde de Vilagarcía de Arousa e as sete alcaldesas socialistas da provincia ourensá: Raquel Bautista (Petín), Patricia Domínguez (Trives), Isabel Gil (Ramirás), Elvira Lama (Xinzo de Limia), Noelia Rodríguez (Ribadavia) e Sara Inés Vega (Castro Caldelas). Posteriormente, intervíu Abel Caballero, alcalde de Vigo e presidente da Femp. Pechou a xornada Valentín González Formoso, alcalde das Pontes, presidente da Deputación de A Coruña e secretario xeral do PSdeG.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS