2, Febreiro 2022

A Xunta continúa a impartir o primeiro Plan de Formación para persoal de servizos sociais no que se aborda, entre outras materias, as novidades normativas en materia de discapacidade. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe os participantes que asistiron a esta sesión formativa sobre a Lei 8/2021 de atención ás persoas con discapacidade na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

Entre os asistentes encóntranse profesionais de 16 entidades sociais de Galicia como a Asociación Atox, a Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, C.T.V.A. A Valenzá, o Centro de Inclusión María Nazarena e persoal implicado na Fundación Pública para a Tutela de Persoas Adultas (Funga).

O Plan de Formación Continuada iniciouse o pasado mes de novembro e está dirixido a máis de 10.000 profesionais e conformado por 300 actividades e máis de 6000 horas. Este plan permite atender as dúbidas e formar os profesionais dos diferentes centros nas técnicas máis avanzadas. Os contidos deles irán desde novidades normativas ata aspectos máis tecnolóxicos ou sociais.

1, Febreiro 2022

A casa do concello de Beariz acolleu un acto simbólico no que a deputada de Igualdade e Reto Demográfico da Deputación Provincial, Luz Doporto, acompañada do alcalde, Manuel Prado, fixo entrega da última das tarxetas do programa de axudas de 2021 a Leticia Domínguez, nai dunha bebé nacida o 31 de decembro.

O programa ChegOU da Deputación ourensá inclúe unha tarxeta con 300 ou 500 euros, segundo a clasificación de prioridade demográfica do municipio no que resida a familia, para gastos relacionados con produtos hixiénicos, alimentarios ou de saúde do bebé.

Luz Doporto lembrou que o programa se puxo en marcha en 2016 e que, desde entón, repartiu un total de 2,3 millóns de euros en axudas a 7.799 beneficiarios.

A Deputación de Ourense destina este ano 300.000 euros ás subvencións para o fomento da natalidade do programa ChegOU, que xa se poden solicitar.

Estas axudas están dirixidas ás persoas que, entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro deste ano, teñan un fillo, adopten ou accedan á tutela de menores.

1, Febreiro 2022

Fai catro meses que comunicamos no concello esta avería no alumeado público na rúa Conde Vallelano, unha das arterias principais do Carballiño, e asi seguimos cos negocios ás escuras.Por favor...

1, Febreiro 2022

A Policia Local do Carballiño incorpora dende hoxe dia 1 de Febreiro a 3 novos axentes, que unha vez rematado o seu periodo en practicas tanto na Academia Galega de Seguridade como na propia Policia Local carballiñesa, tomaron xa posesión das súas prazas en propiedade, comezando a exercer a súa labor profesional como axentes do Corpo da Policia Local.

Coincidindo coa incoporación dos novos efectivos, a Policia Local do Carballiño tamén conta dende hoxe, neste caso con carácter temporal durante os próximos 6 meses, de catro auxiliares de policia, que prestarán labores de apoio aos axentes.

As 7 incorporacións veñen a cubrir o deficit de efectivos da Policia Local, consecuencia das xubilacións, as baixas por enfermidade, e por un concurso de mobilidade ao que se acolleu un axente que se incorporou á Policia Local de Ourense.

31, Xaneiro 2022

O Sergas volve organizar un novo cribado con test de antíxenos para a poboación da comarca do Carballiño, que se levará a cabo este próximo mércores dia 2 de Febreiro entre ás 15:30 e as 20:30 horas no auditorio do Carballiño. Un cribado que tén como finalidade detectar posibles positivos que son asintomáticos.

Será mediante autocita, unha vez que se solicite a mesma, as persoas recibirán unha mensaxe de confirmación.

Apúntate neste enlace: https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx

31, Xaneiro 2022

Polémica tanto no pleno da corporación como entre a veciñanza do municipio de Punxín, tras a aprobación das novas enseñas que foron aprobadas en solitario polo grupo de goberno do Partido Popular. 

Tanto o escudo como a bandeira mostran dúas cabezas de boi, en alusión á lenda dos dous animais que turraron do carro que trouxeron os restos do Santo Wintila ata Punxin, un acio de uvas, que fai referencia á condición ribeirán de Punxín, e unhas ondas que representación ao río Barbantiño que baña o concello.

Os grupos da oposición, PSdeG-PSOE e Compromiso por Galicia, manifestaron as súas reticencias coas novas enseñas, por considerálas pouco representativas de Punxín. Tamén entre a veciñanza esta proposta da alcaldía provoca controversia, asi o acreditan os comentarios dos oíntes de COPE O Carballiño, que -de forma xeralizada- consideran que os "bois" son moi pouco ou nada representativos dun municipio que, mesmo tradionalmente, foi moi pouco gandeiro.

30, Xaneiro 2022

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana en Santiago de Compostela un encontro co alcalde do concello  do Irixo, Manuel Cerdeira, que serviu para avanzar en novas vías de colaboración para apoiar os emprendedores e empresarios locais.

Na xuntanza os dous destacaron a oportunidade que supón para a dinamización da economía o novo coworking impulsado polo Igape e a Escola de Organización Industrial en colaboración coa Mancomunidade do Carballiño, que preside Manuel Cerdeira.

Trátase dun espazo de traballo destinado a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, e están deseñados para aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento. Na reunión avaliaron outras iniciativas conxuntas como o marketplace impulsado polo Concello e que permite adquirir en liña pan, mel, lácteos, carne e outros artigos de produtores e comercios locais. A Xunta apoia con máis de 47.000 euros esta plataforma dixital coa que o Goberno municipal dá visibilidade e achega novas posibilidades de negocio para as empresas da localidade.

29, Xaneiro 2022

Ata por 3 veces tremou a terra no Carballiño durante este sábado dia 29 de Xaneiro, según recolle o Instituto Xeográfico Nacional, con 3 pequenos terremotos con epicentro no municipio do Carballiño.

O de menor intensidade rexistrábase ás 5,24 horas desta pasada madrugada, dunha magnitude de 1,6. Ás 9,41 horas desta mañá de sábado rexistrábase un terremoto que alcanzaba unha magnitude de 2,9 na escala de Richter, cunha profundidade de 1 kilómetro, que foi sentido por numerosos veciños do Carballiño, tamén noutras localidades da comarca, nos concellos de Boborás e O Irixo, según o testimonio do que deron conta a COPE O Carballiño.

Finalmente, unhos minutos despóis, ás 9,44 horas os sismógrafos do Intituto Xeográfico Nacional rexistraron un terceiro tremor de terra, tamén con epicentro no  municipio carballiñés, cunha magnitude de 2,4 e unha profundidade de 5 kilómetros.

 

28, Xaneiro 2022

     Mismo podria servir el titulo para una pelicula de esas en la q aparece un fantasma en un tramo, o un coche choca contra un cono y desaarece en una grieta. 

     Y es que desde el mes de diciembre eso no parece una carretera de una zona urbana acorde al siglo XXI.

     Los vecinos y usuarios de esta carretera ya estamos hartos de:

     1.- Carretera sin terminar de asfaltar y escalonada.  

     2.- Decoracio vial a base de conos y vallas por obras de viaqua.

     3.- Carretera sin pintar, aunque de prisa y corriendo se pintase paso de peatones para instituto.

    4.- Sin aceras en tramos ni espacio para andar. 

    5.- Cortes cada dia de partido, con desvios y trafico mal señalizado y sin control.

    6.- Coches aparcados en cualquier sitio y dentido al no haber señalizacion pintada. 

    7.- Deportistas abusones corriendo por la carretera como si fuese su pista de atletismo,  y de repente, de frente, hasta que un dia baje el padron . Y tomaran medidas.

     Y todo esto en zona urbana, con un instituto, movimiento de coches y gente . Hasta cuando hay que esperar para terminar esta chapuza, asfalto innecesario. Hasta que haya un accidente y venga trafico y sin señalizar. 

     Quizas como el numeros de jabitantes al parecer aumento, supongo que esta zona ya no cuenta y hasta las elecciones no la buscaran en el callejero.

     Para realizar obras claro que hace falta producir molestias, pero todo tiene un limite. Empezar....terminar, como los mandatos . 

     Lector, cuidado si vas por esa carretera, la niña de la curva quizas no la encuentres pero escalones y conos si .

 

 

   

28, Xaneiro 2022

O PSdeG-PSOE de Leiro congratúlase de que o Concello de Leiro escoitase as súas reclamacións para proceder ao arranxo dunha fochanca na OU-0306, concretamente no núcleo poboacional de Lebosende. Os socialistas reclaman, iso si, que o arranxo efectuado pola Deputación Provincial de Ourense, titular da estrada, non sexa un parche “cutre” como ven acontecendo ao longo do tempo e que opten por un proxecto que de unha solución definitiva a unha estrada que presenta numerosas fochancas e socavóns nos seus tramos entre San Cristovo e Leiro.

Dende o Grupo Municipal Socialista explican que o pasado martes presentaron un escrito por rexistro no que instaban ao goberno municipal a pórse en contacto con carácter de “urxencia” coa Deputación Provincial para que procedese ao arranxo dunha fochanca de “grandes dimensións” e que supuña un “perigo constante para viandantes e condutores que circulan a diario pola zona”. Os socialistas afirman que durante o día de onte “procedeuse a un parcheado da fochanca, botándolle unha capa de asfalto que resolveu a perigosidade, pero non o problema”.

Para o voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, “é necesario que a Deputación e o Concello se impliquen en arranxar esta estrada provincial, xa que non basta con parcheos de asfalto”. O edil socialista apunta a que a OU-0306 “presenta numerosas fochancas e problemas ao longo do seu trazado”, motivo polo que require que “se leve a cabo un proxecto, se analice a problemática da aparición constante de fochancas e buracos e se proceda a buscar unha solución definitiva, para que non volvan a xurdir co paso do tempo”.

Rodríguez Vázquez sinala que a fochanca asfaltada en Lebosende “é un tema recorrente, xa que fai uns meses xa se procedeu a un reasfaltado, que tal e como se demostra é unha chapuza total, porque a fochanca volveu aparecer semanas despois”. Debido a esta situación, o voceiro socialista pide que “se tomen medidas para evitar que as fochancas volvan a aparecer e que deste xeito se dea unha solución definitiva a seguridade viaria nesta importante estrada que transcorre polo noso municipio”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS