11, Novembro 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a reactivación de dous programas no ámbito social, Xuntos polo Nadal e Montaña en familia, que foran suspendidos en 2020 a causa da pandemia. Un destes programas, Xuntos polo Nadal desenvolveráse na Residencia de Tempo libre do Carballiño e ofertará un total de 246 prazas, do 21 de Decembro de 2021 ao 7 de Xaneiro de 2022.

Nese sentido, sinalou que para levalos a cabo os centros turísticos da Comunidade poñeranse á disposición dos colectivos que máis o necesitan, as familias de especial consideración e as persoas maiores que viven soas. No caso do programa Xuntos polo Nadal, que permite que as persoas que viven soas teñan con quen compartir esas datas tan especiais, ofrecerá este ano dúas quendas de 8 días cada unha, o que permitirá duplicar as prazas.

Outra das novidades serán a gratuidade do programa para as persoas beneficiarias e a obrigatoriedade de estar vacinados contra a covid-19. Ademais, para reforzar a seguridade realizarase un test de antíxenos á chegada ás instalacións. Sobre este punto, ademais de lembrar que esta iniciativa inclúe a manutención completa, desprazamentos ata a residencia e un amplo programa de actividades de animación e tempo libre, Feijóo tamén explicou que de superarse o número total de prazas, darase prioridade ás persoas de máis idade, ás que perdesen recentemente aos seus cónxuxes ou a persoa coa que convivisen e ás que non participasen antes no Xuntos polo Nadal. E por último, en relación ao prazo de solicitude, salientou que estará aberto ata finais de mes e se poderá realizar tanto a través da web como presencialmente.

11, Novembro 2021

O OUTRO DÍA POIDEN VER COMO UNHA PERSOA MAIOR , QUE SON OS MÁIS PERXUDICADOS, CASE É  ARROIADA NO PASO DE PEÓNS QUE HAI A ALTURA DA RÚA PARAÑO, NA AVDA, DE COMPOSTELA. OS COCHES PASAN NESA ZONA  A ALTÍSIMA VELOCIDADE, E NON FAN CASO DOS SINAIS. XA QUE TEÑEN PENSADO ARRANXAR ESAS RÚAS PRÓXIMAS, PODERÍAN APROBEITAR E POR UNS PASOS DE PEÓNS SOBREELEVADOS COMO OS QUE HAI MÁIS ARRIBA....COMO TAMÈN NO QUE HAI A ALTURA DA RÚA DO PICO SECO QUE TAMÉN E BASTANTE PERIGOSO. NON ESPEREN A QUE PASE UNHA DESGRACIA.ESPERO QUE SOLUCIONEN ESTE TEMA......COMO TAMÉN SOLUCIONARON O TEMA DAS INUNDACIÓNS CON AUGAS FECAIS QUE SE PRODUCE A ALTURA DA RÚA PIÑOR CANDO CAEN TRES GOTAS.....DENDE O ANO 2008. MIRA QUE XA OUBO COLORINES NO CONCELLO ...PERO NADA DE NADA. HAI CARALLIÑO...CARALLIÑO!!!!!!!

10, Novembro 2021

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e os alcaldes de Leiro e de Boborás, Francisco José Fernández e Ana Patricia Torres, respectivamente, asinaron esta mañá nas dependencias da delegación territorial da Xunta en Ourense, o convenio de colaboración para a mellora do sistema municipal de abastecemento do municipio de Leiro, cun investimento de 360.000 euros.

Mediante este acordo, impúlsase a execución das obras de renovación de tubaxe desde Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro, co fin de resolver os frecuentes problemas de funcionamento que se producen neste treito de condución que abastece á potabilizadora e ao depósito de Leiro.

No mesmo acto, Vázquez Mourelle e a alcaldesa de Boborás selaron tamén o acordo de cooperación para executar as obras de mellora das redes de abastecemento, saneamento e pluviais neste municipio, no núcleo de Brués, que suporán un investimento de 385.000 euros.

O departamento que preside Ethel Vázquez apoiará aos concellos no desenvolvemento das súas competencias municipais cofinanciando as actuacións previstas en ambos os dous concellos no 80% do seu orzamento total.

Para as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento do municipio de Leiro, Augas de Galicia reserva un investimento de 308.000 euros; e para as actuacións de mellora das redes municipais de abastecemento, saneamento e pluviais en Boborás a entidade hidráulica da Xunta destinará un orzamento de 308.000 euros

Pola súa banda as entidades locais achegarán o 20% restante do importe das actuacións que corresponden cos seus respectivos servizos municipais. Ademais, os concellos de Leiro e de Boborás asumen a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, posta en servizo, mantemento, explotación.

As intervencións serán financiadas pola Unión Europea, no marco do Eixe REACT UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

Actuacións en Leiro
O Concello de Leiro abastécese dunha captación situada no concello de Boborás, na canle de derivación do encoro de Albarellos. A auga trátase nunha estación de tratamento de auga potable existente no municipio de Leiro e distribúese a través dunha condución cunha lonxitude aproximada de algo máis de 7 quilómetros de lonxitude, dos cales máis de 4,7 se sitúan no termo municipal de Boborás e preto de 2,4 no municipio de Leiro.

Debido á antigüidade da condución que conecta a captación coa potabilizadora, son moi frecuentes as roturas, o que provoca faltas no subministro de auga á poboación.

Coas actuacións proxectadas desde Augas de Galicia, o convenio asinado hoxe permite impulsar a renovación da rede municipal mediante a substitución da tubaxe existente e a instalación de ventosas para a eliminación do aire que se acumule na rede e válvulas de baleirado nos puntos baixos, coa finalidade de garantir o abastecemento á poboación.

As obras darán servicio a unha poboación fixa de 1.568 habitantes para o ano horizonte 2045.

A intervención en Boborás
As redes municipais de abastecemento e saneamento no entorno da estrada N-541, no núcleo de Brués, teñen máis de 50 anos de antigüidade, presentando numerosas deficiencias derivadas do vencemento da súa vida útil. Isto tradúcese na existencia de fugas e perdas de auga e filtracións que derivan en ineficiencias no uso da auga.
Ademais, practicamente non existe rede de pluviais, polo que as entradas de auga de chuvia nos colectores está dificultando a depuración das augas residuais.

Mediante o convenio asinado hoxe impúlsanse as actuacións necesarias para a solución destas deficiencias, a través da renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais na travesía da estrada nacional N-541.

As obras consisten na construción dun novo tramo de rede de augas pluviais e na renovación das instalacións vinculadas á auga na travesía da N-541 ao seu paso polo núcleo de Brués.

A Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan prestar os servizos de saneamento e abastecemento, de competencia municipal, aos seus veciños de xeito eficiente.

10, Novembro 2021

Estase a executar por parte do Concello de O Carballiño un tramo de beirarrúa na esquina entre Camiño Aquilino Sánchez e a Rúa de San Cibrao. En dito tramo existe un paso de peóns. Como se pode observar a simple vista, o novo bordo non conta co rebaixe necesario para facilitar a accesibilidade a persoas con mobilidade reducida. Existe tamén unha entrada/saída de vehículos que, unha vez executada a beirarrúa coas características actuais, non poderá ser empregada.

Informo ó Concello que existe normativa de obrigado cumprimento sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas dende hai máis de vinte anos, que especifica as pendentes lonxitudinais e transversais, as alturas de bordo e as características dos rebaixes que deben ter as beirarrúas, que deberían coñecer e aplicar íntegramente en todas as obras do Concello.

Para maiores imos todos.

10, Novembro 2021

O  concelleiro de Espazo Común dixo en COPE O Carballiño que "o alcalde ten unha virtude, ten unha habilidade especial para contar medias verdades, que acaban sendo a maior mentira", lamentou o tempo perdido para a posta a disposición da Xunta a parcela que se precisa para a construcción do novo Centro Integral de Saúde "levamos con esto dende novembro de 2019 e os técnicos do concello aínda esta mañá non sabían qué espazo demanda Sanidade ao concello do Carballiño".

Pachi Vázquez considera que a decisión anunciada onte nesta emisora de radio polo alcalde Fumega de trasladar á Xunta varias propostas "é unha forma de escurrilo bulto e que decidan outros de fora que nunca van vir ó medico a O Carballiño, ésta é unha decisión de vital importancia para O Carballiño do futuro que nos esixe responsablidade a todos".

En canto ás dúas posibles localizacións das que falou o alcalde, ningunha das dúas convence a Pachi Vázquez, a que menos a do actúal centro de saúde "qué facemos durante os dous ou tres anos que duren as obras, quedámons sen centro de saúde?", plantexou, "ademáis o concello perdería a gran oportunidade de facerse cun edificio ao que podería dar novos usos".

Sen descartar ningún das posibles ubicacións que poden propoñerse, Pachi Vázquez apunta dúas que non lle parecerían mal "unha parcela que ten 10.000 m2 coñecida como a do Reque, nas inmediacións da rúa Alberto Vilanova ou o solar da estación, onde están as antigas casas da Renfe".

Espazo Común anuncia que en breve organizará unha convocatoria aberta a toda a veciñanza carballiñesa para abrir un debate público sobre esta decisión e recoller a opinión da cidadanía.

A entrevista íntegra a Pachi Vázquez pódese descargar no PODCAST dispoñible nesta mesma WEB, en "Programa" do dia 10 de Novembro de 2021.

10, Novembro 2021

Miren como me ponen los gatos todo delante de mi casa, eso es de dos que están enfermos con el trasero en carne viva que os parece, esto es una infección en mi barrio de Flores, andan así.

Y miren también que pena la fuente sin limpiar, estas ojas son dentro del agua, que penita de barrio, además de todos los escrementos de los gatos y los olores que hay, hasta la gente que viene x el agua lo dice, deberían de cuidar más y arreglar este barrio de Flores que es un barrio precioso y es una pena y bien triste.

9, Novembro 2021

O alcalde Francisco Fumega declarou en COPE O Carballiño que é partidario de trasladar á Xunta varias propostas de posibles parcelas e que sexan os técnicos de urbanismo de Sanidade os que decidan a que mellor se adapta o proxecto de construcción do futuro Centro Integral de Saúde do Carballiño.

"De momento temos dúas opcións, a proposta do Partido Popular que é a estación de autobuses e a que facemos desde o grupo de goberno que é onde está o centro de saúde, que conta coa ventaxa de que ten xa unha superficie de 2.074 metros, que lle sairía gratis ó concello, que se completaría coa compra dos terreos da contorna para cumplir coa parcela que se solicita", explicou o rexedor municipal.

A maiores destas dúas propostas, Fumega espera que Espazo Común e BNG fagan as súas "terémos unha reunión de portavoces a finais desta semana ou principios da que ven para ver as aportacións que fan Espazo Común e BNG, e logo que escollan a ubicación máis idónea" subliñou.

9, Novembro 2021

O Liceo de Ourense acolle a exposición filatélica que cada ano, dende hai máis de trinta, organiza a Sociedade Filatélica Miño con motivo da celebración do San Martiño, patrón da cidade de Ourense.

Tamén como acontece en cada convocatoria a Miño presentou este luns o selo dedicado a unha das igrexas da provincia que están vencelladas á devoción polo santo de Tours. Neste 2021 a elexida foi a igrexa de San Martiño de Sagra, en O Carballiño, e o Concello non pode por menos que agradecer a decisión da Sociedade Filatélica Miño pola escolla.

O selo, o sobre co retablo de San Martiño de Sagra e o mataselos correspondente, no que se fai constar a data, servirán para espallar a imaxe da parroquia de Sagra, e do Carballiño por extensión, a través do correo postal.

A exposición anual do San Martiño da Sociedade Filatélica Miño, que neste 2021 celebra a súa trixésimo primeira edición, está aberta ao público no Liceo de Ourense ata o día 21 de novembro e na mesma amósanse interesantes propostas de filatelia, numismática e coleccionismo, ademais de organizar actividades formativas e visitas para asociacións culturais e centros educativos.

7, Novembro 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ven de remitirlle unha carta ao alcalde Francisco Fumega na que formalmente demanda do concello do Carballiño a posta a disposición da Xunta "dunha parcela viable para axilizar o proceso adminstrativo de licitación do proxecto e obra e posta en funcionamento do novo Centro Integral de Saúde".

A misiva, igual que ao alcalde do Carballiño, tamén foi enviada desde a Consellería de Sanidade aos outros 27 alcaldes e alcaldesas dos concellos incluidos nas fases 1 e 2 do Plan de Infraestructuras Sanitarias recentemente anunciado pola Xunta. Neste plan, tanto O Carballiño como Boborás foron inluídos na fase 1, que outorga prioridade na execución dos proxectos para os dous próximos anos.

Para facilitar a localización das parcelas e que cumpran os requisitos necesarios, o conselleiro xa lle indicou a cada concello os metros cadrados de edificabilidade necesarios para o centro proxectado en cada municipio, no caso do Carballiño son 4.500 metros cadrados. Ademáis, o Sergas comunicou ao alcalde do Carballiño a colaboración do persoal técnico dos servizos de obras deste departamento autonómico "con total disposición para visitar e avaliar aquelas parcelas que o concello considere e determinar se cumpren ou non coas necesidades requeridas desde o punto de vista técnico".

7, Novembro 2021

Trátase dunha liña de axudas da Deputación de Ourense da que poden beneficiarse xóvenes emprendedores que teñan entre os 16 e os 30 anos de idade, e  que inicien a súa actividade e teñan o seu domicilio en calquera concello da provincia de menos de 5.000 habitantes.

Para todas as persoas interesadas, terá lugar unha charla informativa este martes día 9 de Novembro ás 19 horas, no Centro Sociocultural Manuel Chamoso Lamas de Boborás. O programa EmprendOU contén medidas de apoio á nova actividade empresarial nos municipios rurais afecados polo declive demográfico.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS