8, Outubro 2021

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu no antigo balneario de Cortegada a sinatura do convenio de colaboración cos representantes dos sete establecementos balnearios que participan no programa de termalismo saudable e cultura termal, e que o próximo luns, día 11, comezarán a recibir aos primeiros usuarios inscritos nunha iniciativa que en só dous días, trala publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia, recibiu solicitudes procedentes de ata seis comunidades autónomas. Xunto a Manuel Baltar, no documento estamparon a súa sinatura os representantes dos balnearios que participan no programa: Javier Soto por parte de Arnoia, Laias e Lobios; Cristina Álvarez por Cortegada; Manuel Fernández por Baños de Molgas; Carlos Garriga de Caldas de Partovia; e José María de la Figuera polo Carballiño. Un acto ao que tamén asistiron o alcalde Cortegada, Avelino de Francisco, e de Arnoia, Rodrigo Aparicio, ademais do responsable do área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira.

"Hoxe damos continuidade a un programa perfectamente deseñado para dar visibilidade ao gran factor diferenciador e competitivo de Ourense como é o termalismo de saúde e a cultura termal", dixo o presidente provincial poñendo como exemplo o interese espertado entre usuarios doutras comunidades autónomas. No territorio co maior potencial de Europa, engadiu, "convertémonos nun novo exemplo de colaboración público-privada para transformar a Ourense no lugar máis indicado para coidar do ben máis prezado que nos deixou esta pandemia: a saúde". Manuel Baltar puxo de relevo o futuro escenario que se abre na provincia con novos elementos tractores, entre os que citou "a chegada do AVE a Ourense con todos os beneficios e oportunidades que xerará contar cun aeroporto terrestre, e a incorporación á oferta termal que esperamos para este mesmo ano coa apertura do balneario de Berán". Pero ademais destacou outro aspecto importante no posicionamento internacional de Ourense, "traballando neste ámbito desde a presidencia da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA) na que están representados 51 sitios termais de 18 nacións europeas, na que supón a organización pública máis importante do termalismo mundial". En nome dos asinantes, o conselleiro delegado do grupo Caldaria, Javier Soto, cualificou este programa como "unha das accións máis importantes para o sector das realizadas nos últimos quince anos, colocando de novo ao termalismo ourensán no mercado nacional e potenciando ao mesmo tempo ese carácter especial como destino do turismo de saúde". Mentres programas impulsados por outras administracións permanecen paralizados, destacou, "a Deputación de Ourense aposta por unha iniciativa exclusiva e especial pola que agardan clientes de toda España".

O programa, no que participan os sete balnearios citados, oferta aos beneficiarios das subvencións os seguintes servizos, En termalismo Saudable:

• Estancias balnearias de 6 días (5 noites) en habitación dobre, de luns a sábado (incluíndo pensión completa con bebida, dez técnicas balnearias, asesoramento médico dos beneficiarios que así o soliciten e programa de animación social). Os balnearios poderán establecer quendas de estancia con servizos de traslado ida e volta ( luns e sábado) desde os puntos de partida ata os balnearios.

• Estancias balnearias + tren de 6 días (5 noites) en habitación dobre, de luns a sábado (incluíndo pensión completa con bebida, billetes de tren (ida e volta), servizos de traslado (ida e volta) desde a estación de tren de Ourense ata os balnearios, dez técnicas balnearias, asesoramento médico dos beneficiarios que así o soliciten e programa de animación social) e rutas culturais.

• Tratamentos balnearios terapéuticos, (sen estancia no establecemento) incluíndo o dereito ó uso de 10, 20 ou 35 técnicas balnearias repartidas ó longo dun máximo de 10 ou 15 días computado desde o primeiro día en que se reciben técnicas balnearias), e consulta médica á chegada do/a beneficiario/a ao balneario.

En cultura termal: • Estancias de fin de semana de 2 días de duración (1 noite), de sábado a domingo, incluíndose pensión completa para os adultos, 2 técnicas balnearias para os adultos, estancias e programa de ocio para nenos e nenas acompañantes menores de 12 anos, cun máximo dun menor por solicitante.

8, Outubro 2021

Membros da Agrupación de Leiro, xunto o noso Portavoz Municipal nos acercamos ata o Pobo de Lebosende para comprobar o estado do firme da estrada OU-0306 e nos encontramos con esta sorpresa , que según as nosas informacións xa leva en este estado mais de 15 días, polo que vamos a pedir o Concello de Leiro, para que se dirixa a Deputacion de Ourense que e a titular da mesma, para que se proceda o seu arranxo coa maxima celeridade, xa que e un perigo tanto para vehículos, como os viandantes que por ela circulan e que son moitos.

7, Outubro 2021

O Comité de GRI Towers, co apoio dos sindicatos CC.OO, CIG, UGT e CSIF, convocaron hoxe unha concentración no entorno da rotonda de acceso á factoria da empresa no parque empresarial do Carballiño, na que manifestaron o seu malestar coa xestión da xerencia por diversos motivos.

Dende o comité de empresa defenden "un emprego de calidade" e consideran "indignante" que "existan na empresa máis dun cento de traballadores que son fixos discontinuos cando deberían estar indefinidos". Tamén denuncian incumprimento co Estatuto dos Traballadores, que "se haxa aumentado considerablemente a contratacióon ETT" asi como a "presión que se exerce cos traballadores, e mesmo accidentes laborais que tratan de ocultarse, como sucedeu estes dias atrás".

Tampouco comparten o rexime de sancións "sobre todo en materia de seguridade, que deben ser notificados, pero con equidade" e tampouco consideran que sexa casualidade o despido dalgún traballador "e mesmo menos aínda se se utiliza como exemplo para acobardar e amedrantar a varios traballadores", apuntan os representantes sindicais.

6, Outubro 2021

Fai un ano atrás O Carballiño entraba no seu Outubro negro, con aquela explosión vírica coincidindo coa ponte festiva do Pilar que levou a o concello do Carballiño a rexistrar durante o mes de Outubro a incidencia acumulada de coronavirus máis alta de toda España, chegando a sumar maís de 200 novos contaxios en apenas unha semana.

Agora, un ano despóis, neste 6 de Outubro de 2021, O Carballiño consigue quedar libre de Covid, sen ningún contaxio activo, según os últimos datos actualizados por Sanidade. Todos os municipios da comarca permanecen tamén sen contaxios activos, tan so o concello de Punxín rexistra un único caso.

5, Outubro 2021

O concello do Carballiño comunica a apertura do prazo de inscrición na Escola Municipal de Xadrez, que se pon en marcha este próximo venres coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.

Está aberta a nenos e nenas a partir dos seis anos en adiante. As clases levaránse a cabo os venres en horario de 19 a 20 horas en aulas do Conservatorio Municipal, e para formalizar a inscricion pode facerse no teléfono da área de Deportes do concello do Carballiño: 662199721.

4, Outubro 2021

Buscando setas por Seoane. Sen mais comentarios.

4, Outubro 2021

A Conferacíón Hidrógrafica ven de comunicar o remate dos traballos de limpeza no río Viñao, unha actuación que executou en 2,4 km. de extensión no entorno da capitalidade municipal do concello do Irixo.

En concreto, os traballos consistiron  na retirada dos restos de madeira e árbores caídas ou en mal estado sobre o dominio hidraúlico e zona de servidume, que provocaba o taponamento do cauce do río Viñao nesta zona. A inversión feita pola Confedaración Hidrográfica do Miño-Sil ascendeu a 20.000 euros.

2, Outubro 2021

A Asociación Amigos da Terra de Montes, que agrupa aos concellos de Beariz, Cerdedo-Cotobade e Forcarei celebrou este sábado dia 2 de Outubro a súa xuntanza anual, na que cada ano se distiguen a persoeiros relevantes desta bisbarra natural, que aínda non tendo recoñecemento administrativo e mesmo tratarse de concellos pertecentes a dúas provincias, siguen tendo unha gran interrelación cultural, social e económica.

No transcurso da xornada celebrada no auditorio cultural de Cerdedo, tivo lugar a asemblea anual de socios e no acto central da celebracion recibiron a insignia de ouro da Terra de Montes o actual director xeral de Gandaría, José Balseiros Guinarte, de Cerdedo-Cotobade; o empresario e músico José María Álvarez Sanmartín, de Forcarei, e o veciño natural de Beariz, José Fortes Muradás, que o pasado verán cumpriu 100 anos. O centenario bearicense, nacido en 1921 en Muradás, é un emigrante retornado afincado en Vigo, onde desenvolve unha gran labor solidaria e de axuda aos emigrantes retornados e colectivos desfavorecidos, ademáis de fundar un comedor infantil.

A continuación, finalizando as actividades da xornada, José Manuel Bértolo Ballesteros presentou o seu novo libro, Fidalguía e Heráldica da Terra de Montes, promovido pola Asociación Amigos da Terra de Montes co apoio da Xunta de Galicia. O volume, de máis de 230 páxinas, “fundamenta e divulga a riqueza cultural dunha comarca natural tan querida por nós como é a de Terra de Montes”,  indicou Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, que tamén quixo “felicitar a todos os que fixeron posible que un ano máis se publique un libro de investigación tan completo que nos axuda a coñecer un pouco máis das nosas orixes”. O libro inclúe unha presentación de José Raposeiras e un prólogo do escritor e antropólogo de Beariz, Xesús Antonio Gulías Lamas, mentres que o deseño da cuberta leva o selo do Pintor Xosé Caramés Campos.

2, Outubro 2021

Es más que evidente el mal estado de ésta acera en la N-541 a su paso por la localidad de Santiago de Barbantes (Punxin) en la que más de alguna persona ya tiene sufrido alguna caída. Sin embargo para los dirigentes de este municipio PP- Cs...entienden que la acera está en "perfecto estado" y luego de las reclamaciones llevadas a pleno por la oposición (PSG-PSOE) han acordado que no se van llevar a cabo ninguna mejora....la palabra abandono es poco para este singular grupo de gobierno. Pasotismo absoluto.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS