30, Maio 2009

Un numeroso grupo de veciños do barrio de Flores reuníuse a última hora da tarde do pasado venres para analizar a decisión municipal de converter en peonil esta zona. Na xuntanza puxeronse de manifesto diversos aspectos problemáticos que os veciños entenden se van agravar aínda cara o futuro, e tamén se constatou a falla de información sobre o proxecto de reordenación impulsado pola concellería de tráfico. Por este motivo, os reunidos consideraron oportuno a asistencia do titular deste departamento municipal, o concelleiro josé Antonio Barge, co que contactaron telefónicamente para expoñerlle estas inquedanzas. Tras a conversación telefónica o concelleiro comprometeuse a acudir persoalmente a unha nova  reunión que terá lugar o luns dia 1 de xuño ás oito e media da tarde na eira de Flores.Mentres, o Concello iniciou esta pasada semana a instalación dos bolardos nas rúas de acceso a este barrio carballiñés, unhos traballos que se completarán nos vindeiros dias, de tal maneira que desde entón quedará restrinxido ó  paso de automóbiles ós residentes con garaxe e a aqueles vehículos de servizo que realicen labores de carga ou descarga.

29, Maio 2009

O acto de conciliación estaba fixado para este venres 29 de maio no xulgado do Carballiño e o mesmo non se presentou o concelleiro do Bng. Bernardo García xa anunciara tras coñecerse este acto previo á querella presentada contra él polo concelleiro do Psoe que de ningunha maneira rectificaría as manifestacións que fixera no programa "A mañá de Cope O Carballiño", e que motivaron esta reacción por parte do concelleiro de obras. Dáquela, Bernardo García criticara a xestión do socialista ó que se referira coma "o chapuzas de Ventosa" e comparara co ex-alcade de Marbella Julián Muñoz. Por esas manifestacións Edelmiro Mateo pediulle o concelleiro do Bng unha rectificación e una imndenización simbólica dun euro neste acto de conciliación que finalmente non pudo celebrarse pola incomparecencia de Bernardo García. Se Mateo segue adiante, agora seguirá o seu proceso a querella criminal por inxurias e calunmias.

28, Maio 2009

No transcurso da xornada de hoxe foi  trasladado o hospital Povisa de Vigo o mozo carballinés de 22 anos de idade, I.D.M.P. que resultara con feridas graves o estourallle un petardo, cando participaba da festa carballiñesa de celebración da victoria do Barça na Champions. O suceso ocurrira pasadas as once da noite nas inmediacións do cruce de Curros Enríquez con Conde Vallelano, e xa desde o primeiro momento pudo comprobarse a gravidade das feridas nunha man tras a explosión do petardo. Trasladado de inmediato ó Punto de Atención Continuada do Carballiño confirmouse a amputación de dous dedos e graves lesións no resto da man. Despois de pasar a noite no complexo hospitalario de Ourense, os facultativos decidiron o seu trasaldo á unidade de traumatoloxía e ciruxía ortopédica do hospital Povisa de Vigo, onde quedou ingresado para recibir tratamento.

27, Maio 2009
27, Maio 2009

No horizonte dun ano estará remata a obra de rehabilitación da antiga fábrica de papel da Lavandeira, a carón do río Arenteiro, e nas inmediacios da zona dos muiños. Trátase dunha actuación finaciada conxuntamente polas administraccións autonómica e central cun investimento dun millón de euros, baixo un proxecto deseñado polo arquitécto Manuel Gallego Jorreto, que ten coma finalidade converter esta antiga fábrica nun museo de papel, exemplo do que foron este tipo de construccións na Galicia do século 19. Segundo explicou esta mañá o Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, os traballos están xa bastante adiantados na parte do proxecto relativa o que era o sistema hidráulico destas antigas instalcións, e nos próximos dias principiarán os traballos no edifico do secadoiro. Para acceder a este novo patimonio muncipal pode facerse a través do novo paseo do Arenteiro ou desde o parque etnográfico, e tamén se procedeu recentemente a apertura dun novo vial desde a estrada nacional 541.

27, Maio 2009

O Conselleiro de medio ambiente, territorio e infraestructuras instou ó Concello do Carballiño para que poña a disposición da Xunta os terreos nos que deberá acometerse o proxecto, asi como garantir a viabilidade urbanística conforme o PXOM na actualidade en vigor no Carballiño, e será entón cando a Consellería proceda a licitación da obra de construcción da praza da Veracruz, xa que sen estos requisitos previos por parte do Concello Carballñés non pode avanzarse no proxecto. Agustín Hernández tamén manifestou que unha vez superados estos trámites que o Concello do Carballiño tén aínda pendientes a dia de hoxe, a viabilidade económica do proxecto está asegurada por parte da Consellería, aínda que tamén recoñeceu que tendo en conta o avanzado que está xa o ano será difícil que a obra poida adxudicarse durante o 2009.

Estas acalraciós por parte do Conselleiro, foron feitas no transcurso dun acto público organizado polo partido popular do Carballiño na casa da cultura, a última hora deste pasado martes. Noutro momento da súa intervención, Hernández referíuse o gran cámbeo que para O Carballiño vai supoñer a apetura do acceso directo coa autoestrada de Santiago-Ourense, aínda que lamentou a "pouca implicación con este proxecto por parte do Concello do Carballiño". Tras unha petición do Presidente da Asociación de Comerciantes e empresario do Carballiño, o consellleiro comprometeuse a inmediata instalación de paneis e sinais informativas co nome do Carballiño no enlace da autovia de Vigo con esta nova autoestrada de Santiago. E finalmente, repasou outras actuacións do seu departamento no Carballiño, en materia de promoción de solo industrial, medio ambiente e vivenda, e o proxecto de implantación do transporte metropólitano, do que tamén se beneficiarán nun futuro  O Carballiño.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións Agustín Hernández Conselleiro de medio ambiente

27, Maio 2009

A unidade de atención temperá dos servizos sociais da Mancomunidade de Concellos continuará en xuño as reunións informativas do programa de prevención  e detección precoz entre nenos de 0 a 3 anos de idade. Tras as sesións xa celebradas nos Concello de Boborás e San cristovo de Cea, xa están programadas novas convocatorias que terán  lugar o dia 2 de xuño ás 12 da mañá no centro de saúde de San Amaro, o dia 3 de xuño ás once da mañá na casa do Concello de Beariz,  e finalmente, o dia 8 de xuño ás once da mañá na casa do Concello do Irixo. Para o desenvolvemento deste programa é imprescindible a colaboración dos pais e nais dos nenos, polo que se solicita ás familias residentes nos citatdos Concellos e con nenos comprendidos nestas idades para que asistan a estas reunións informativas.

26, Maio 2009

A Concelleira de medio ambiente, Mª José Pérez

Cun orzamento de  dez mil euros, a concellería de medio ambiente do concello carballiñés pon en marcha a partir da vindeira semana un novo servizo municipal de préstamo de bicicletas, coa idea de fomentar o seu uso como "medio de transporte non contaminate", como salientou a concelleira María José Pérez. En total serán 20 bicicletas, das que 12 serán para o seu uso por adultos e 8 estarán a disposición dos cativos, e de forma gratuíta. De maneira simultánea a creación deste servizo de préstamo, o Concello do Carballiño procederá a instalación de aparcabicis, que se ubicarán na piscifactoría, no parque muncipal, o campimg, a alameda, a casa da cultura e o Concello, no polideportivo Paco Chao e as piscinas, no auditorio e finalmente, nos dous institutos de ensinanza secundaria do Carballiño.Outro dos obxetivos que pretende este programa do "fomento da mobilidade sostible" é mellorar ás condicións do tráfico nas rúas carballiñesas, xa que favorecendo o uso da bicicleta pretendese que descenda o hábito de desplazarse en automóbil no ámbito urbano, e desta maneira tamén mellorará a fluidez do tráfico nas rúas carballiñesas. Alomenos ésta é a idea na que fai unhos dias atrás incidía o concelleiro de tráfico, José Antonio Barge.

26, Maio 2009

A maioria dos cativos, atá os tres anos de idade, pertencen a familias residentes no concello do Carballiño, aínda que tamén se rexistraron solicitudes doutros concellos da comarca, como de San Amaro, Boborás ou San Cristovo de Cea. Inicialmente poderán atenderse todas as solicitudes presentadas, de maneira que a partir do 26 de xuño e atá o 10 de xullo terá lugar o prazo de matrícula, e as listas provisionais publicaránse o dia 28. Ainda que a apertura oficial está prevista para o mes de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, o Concello do Carballiño solicitará que se adiante o inicio deste servizo de gardería ó vindeiro mes de agosto, alomenos esta é a idea da concelleira de servizos sociais Asunción Rivero. Tamén se deu a coñecer a cuota que deberán pagar as familias dos cativos, que será de 33 euros ó mes.   Un convenio asinado entre o Concello do Carballiño e o Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar permitíu a adhesión deste servizo á rede de galescolas. Tamén foi o Consorcio quen asumíu as obras de adaptación das instalaciós desta galescola, nas dependencias do colexio público Calvo Sotelo do Carballiño.

Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido

Declaracións en rolda de prensa de Asunción Rivero

25, Maio 2009

Todas as previsións quedaron desbordadas na noite do pasado venres 22 de maio, madrugada xa do sábado, na que foi unha das multitudinarias verbenas que se recordan en toda a historia da nosa comarca. Confluiron varios factores, comezando pola data, un venres noite, vispera de xornada non laboral para a maioria, unhas moi agradables temperaturas sen que as temidas treboadas coas que amenazaban algunhas previsións meteorolóxicas, e por suposto, o gran tirón popular das dúas orquestras, fixeron que Dacón rexistrase unha asistencia record. Un dos integrantes da comisión de festas, Aurelio contaba hoxe no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" que nunca antes se recordaba algo asi "porque calculase que foron unhas nove mil persoas as que o venres se achegaron a Dacón", asi que seguramente foi ésta das festas de Santa Rita 2009 a verbena máis concurrrida de toda a historia festiva da nosa Comarca. Outro medidor atopámolo nos problemas de tráfico e as retencións, que tampouco nunca se recordan, para acceder en automóbil a Dacón, e o estacionamento de vehículos chegou a ocupar unha boa parte do polígono industrial do Carballiño, na zona de Corzos.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS