Eu votei PP nas pasadas municipales no Carballiño. E non me dixeron en campaña q o meu voto iba a ser utilizada pa seguir deixando na alcaldía o alcalde Fumega a quen o pobo castigou fortemente sacándolle tres concelleiros. Síntome enganado e nas próximas non votarei PP , eso sí q o teño claro.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ven de confirmar unha axuda por importe de 53.000 euros para a mellora do camiño que vai desde O Carballiño ata o Penedo de Partovia e Mesego.
Doutra parte, o departamento de Medio Rural xestiona a construcción de beirarrúas na antiga estrada de Ribadavia ao seu paso pola parroquia de Partovia, no tramo que vai desde a fonte ao lugar de Porto de Eguas, e tamén na antiga estrada de Pontevedra, no treito entre os IES Chamoso Lamas e a entrada ao camping municipal.
Escoita aquí a entrevista a Miguel Fernández Castro, concelleiro do medio rural do concello carballiñés:

O coordenador comarcal da Cruz Vermella repasou en COPE O Carballño o programa de actividades para este mes de xuño no que andamos, e avanzou a celebración da gran gala benéfica da institución para os venres dia 27 deste mesmo mes no auditorio do Carballiño.
Escoita aquí a entrevista a Rubén González:

Na tertulia deste venres dia 6 de xuño participaban nos estudos de COPE O Carballiño Sebas Lamazares, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e José Antonio Barge, xunto a Xan Pinal, e a participación da audiencia. Escóitaa aquí:
Saía estos días o das obras na 25 de xullo nos medios. Todo o que se faga benvido sexa. Pero non se entende facer a rua a cachos. Nos titulares liase que as obras ían da rotonda da Fontela a da casa Azul. Non é certo, algún medio si reflexaba o punto quilométrico exacto de comezo, que é o 25.450 (un pouco antes do paso de peóns do edificio Fraguas). Non se entende que non se faga dende a rotonda da Fontela, máis cando a estrada é de titularidade estatal e é o ministerio quen paga. Resulta que van elevar os pasos de peóns para gañar en seguridade, é non lles importa deixar o último paso de peóns sen elevar que moitisima xente emprega para ir o Gadis e por riba é onde máis rápido van os coches, tempo o tempo na vindeira desgraza. O Mercadona seica lle van facer un paso de peóns para cruzar, xa non había suficientes atrancos e retencións nese punto co que mondaron para entrar e sair da praza da estación e agora outro máis. De paso podían facer un muro de formigon a altura da entrada de vehículos do Mercadona, porque a liña continua seguese a pasar por onde lle peta a cadaquen. O enxeneiro ou a forma de pensar debe ser o mesmo ca rua Ourense, co tramo da vergonza entre a rotonda da Fontela e a minirotonda do Alcampo. Xa non dígo nada entre a rotonda do Recar e Otero Pedrayo. Aquí hai cidadans de primeira e outros de segundo. Non se explica doutro xeito. Saudos.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, na que se afondou nas vías de colaboración entre ambas administracións en materia de infraestruturas rurais.
En concreto, na reunión, que se celebrou na sede da Delegación Territorial en Ourense, abordáronse proxectos vinculados a mellorar os camiños rurais e á posta en valor de espazos públicos. Tamén se lembraron as actuacións, xa executadas, na aldea modelo de Penedo, situada neste municipio. Así mesmo, reforzouse a colaboración en materia de defensa do monte e loita contra os incendios forestais.

O alcalde de Piñor, José Luis González, confirmou en COPE O Carballiño que o cantante Julio Iglesias sería o comprador da casa que construíra no seu dia no lugar de Vilariño o exalcalde de Ourense, Manuel Cabezas.
Escoita aquí a entrevista:
Eu votei ó PSOE nas pasadas eleccións e non foi para que lle regalen a alcaldía ó PP.
Non, señor Adolfo Nogueira, á cidadanía do Carballiño non lle preocupa o mais mínimo ese presunto transfuguismo do señor alcalde, á cidadanía preocúpalle o emprego, a calidade da sanidade pública e do ensino público, o transporte público, os servizos sociais , o medio ambiente....aqueloutro tema é teimosía súa e do seu partido "de agora"...Deixen traballar e traballen tamén vostedes, sexan constructivos, colaboren e deixen de intrigar.

José Luis González Rodríguez (Piñor, 1967) liderará unha nova etapa do Partido Popular de Piñor, logo de ser elixido presidente desta agrupación local nun congreso no que prometeu “levar o PP ao máis alto con moito traballo, ilusión e unidade”, palabras que celebrou o presidente provincial popular, Luis Menor, que tamén participou no congreso xunto á secretaria xeral, Sandra Quintas.
O tamén alcalde José Luis González destacou que para lograr “grandes vitorias” contará cun equipo de persoas moi válidas “e coas que traballarei coa máxima coordinación e colaboración”. O xa presidente da agrupación local apuntou que o labor político que van realizar desde Piñor ten unha repercusión aínda máis grande, pois “todo ese esforzo debe ter como fin achegar a forza popular de Piñor a todo o PP”, sexa en tanto en Galicia como en España e por suposto nas próximas municipais, “para que o Partido Popular goberne con maioría absoluta: sabémolo facer”.
Pola súa banda, o presidente provincial puxo en valor a celebración destes congresos locais, necesarios para “activar o partido e alcanzar as maiorías que nos permitan gobernar, desenvolvendo o nosos proxecto político”. Así, Luis Menor asegurou que confía en que Piñor “vai ser moi importante para conseguir a maioría absoluta na Deputación”. O líder dos populares ourensáns felicitou á militancia e simpatizantes do PP por ter un presidente local, e á veciñanza por ter un alcalde “que transmite ilusión e convicción á hora de formular proxectos para resolver as necesidades da veciñanza”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »