
Lilian Cerdeira (na foto o dia do debate electoral de 2023 en COPE O Carballiño) presentou un escrito no rexistro do concello de Avión no que comunica ao pleno municipal que abandona VOX, a formación política pola que resultou elexida nas eleccións municipais de 2023, convertíndose no único cargo electo de VOX en Galicia.
No escrito, no que alude a motivos persoais para tomar esta decisión, tamén comunica que seguirá formando parte da corporación municipal de Avión, polo que pasará a formar parte do grupo de non adscritos neste concello no que goberna o Partido Popular con maioria absoluta.

Cun espectacular final de liga na que as rapazas de Alba Rodríguez gañaron os seis últimos partidos desputados, as verdes ascenden xunto co San Roque Casablanca vigués á Primeira División Galega do fútbol feminino, e serán o máximo representante da provincia de Ourense no fútbol feminino para a próxima tempada.
O Arenteiro certificou o seu ascenso no derradeiro partido do campionato na Segunda División Galega, xogado este domingo no campo vigués da Gándara, onde as carballiñesas impuxerónse ás locatarias do Valadares por 0-2, con goles de Maria Juan e Sara Fernández, ambos no úlitmo cuarto de hora do partido.
Ficha do partido:
https://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodA...

Este é o aspecto que presenta o "Punto Limpo" de Longoseiros dende hai dúas ou tres semanas. Semella que en vez de vivir no século 21 vivimos no século 15. Esta é unha situación que se produce reiteradamente nos últimos anos.
En anteriores ocasións, son algúns dos propios veciños os que proceden á limpeza da zona con mangueiras e cepillos, xa que ninguén de Concello ou Mancomunidade fai nada ó respecto.
A falla de civismo por parte dalgúns veciños, unido á deixadez por parte de Concello e Mancomunidade, provoca esta falla de hixiene que conleva riscos para a saúde pública inaceptables.
Temos os veciños de Longoseiros que seguir soportando esto? As autoridades sanitarias non actúan de oficio en estas situacións? Esta exposición dos veciños a graves riscos de enfermedades infecciosas, e caldo de cultivo de bacterias, fungos e demáis microorganismos nocivos para a saúde, non lle compete ou importa a ningúen?

Manuel Rodríguez, voceiro do PSdeG-PSOE de Leiro, lamenta que o alcalde insista en cuestionar a súa lexitimidade como concelleiro polo feito de non residir no municipio, cando a súa elección como concelleiro cumpre estritamente coa normativa electoral, que permite presentar candidatura noutro municipio sempre que se cumpran os requisitos legais, como é o seu caso.
“A miña responsabilidade coas veciñas e veciños de Leiro non depende do lugar onde estea censado, senón do traballo que desenvolvemos cada día tanto o meu compañeiro Pedro Jose como eu mesmo, do control e fiscalización constante que fagemos do goberno municipal e das nosas propostas que presentamos en beneficio do noso concello e dos nos@s veciñ@s,” sinala Rodríguez.
O voceiro socialista subliña ademais a contradición do alcalde, que mantén no seu grupo de goberno dúas persoas censadas en Leiro pero con residencia habitual fóra do municipio —un en Ourense e outra concelleira en Celanova—, sendo unha delas ademais beneficiaria dun salario público a tempo parcial por exercer responsabilidades de goberno.
“Se aplicamos o criterio do señor alcalde, entón deberiamos dubidar tamén da súa vinculación con Leiro? Ou só vale para intentar desacreditar á oposición?”, pregunta Rodríguez.
Desde o Grupo Municipal Socialista esíxese respecto institucional, coherencia política e o fin dunha actitude claramente hipócrita, que só pretende desviar o debate das cuestións importantes do pleno e do dia a dia cara a ataques persoais que non achegan nada aos intereses da veciñanza.
“O PSdeG seguirá traballando para defender os dereitos da veciñanza e exercer unha oposición útil, firme e construtiva, a pesar das provocacións dun alcalde máis preocupado por desacreditar ca por gobernar,” conclúe o comunicado.

Na Tertulia deste venres 10 de maio participan Sebas Lamazares, Fátima Gómez, Manuel Nogueira e José Antonio Barge, xunto a Xan Pinal.
Como cada venres en COPE O Carballiño neste repaso comentado á actualidade informativa da semana, sempre en clave local e comarcal.
Escóitaa aquí:
O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia “graves” deficiencias por parte do goberno municipal do Partido Popular durante a recente limpeza levada a cabo en varias rúas do centro urbano do municipio. As e os socialistas consideran que durante a limpeza das rúas “non se cumpriron cunhas mínimas condicións de seguridade” e optouse pola “improvisación”, sen avisos previos á veciñanza destas actuacións.
O grupo municipal socialista en Leiro, a través dos seus concelleiros, Pedro José González e Manuel Rodríguez Vázquez, vén de presentar unha queixa formal dirixida ao alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, ante o que cualifican como “proceder caótico, inseguro e pouco profesional”, en relación a última limpeza viaria realizada polo consistorio no centro urbano de Leiro.
Os edís socialistas relatan que durante os traballos de limpeza “houbo numerosas eivas e deficiencias e non se tivo en conta as condicións mínimas de seguridade”. Neste senso González e Rodríguez explican que “se empregou unha desbrozadora sen as proteccións regulamentarias, poñendo en risco a viandantes e vehículos á proxección de pedras e restos varios”. Tamén denuncian o uso dun soprador de aire “sen ningún tipo de control, que levantou po e residuos, afectando a establecementos, vivendas e coches”.
Para os concelleiros do PSdeG-PSOE en Leiro “é primordial que se informe previamente á veciñanza, mediante carteis ou a través das canles oficias de estas limpezas, algo que non sucedeu nesta ocasión”. Pedro José González e Manuel Rodríguez consideran que este tipo de actuacións improvisadas “non son aceptables”. Tal e como apuntan “estamos a falar de saúde pública, de seguridade cidadá e de respecto á veciñanza”.
Ante esta situación dende o PSdeG-PSOE de Leiro esixen “a revisión urxente do protocolo de limpeza, o emprego de medios seguros e axeitados, a obrigatoriedade de realizar avisos previos nas canles oficiais e a depuración de responsabilidades ante esta mala praxe”. Asemade, tamén conclúen sinalando que “Leiro merece uns servizos públicos planificados, seguros e acordes coa dignidade que debe ter calquera municipio”.

O alcalde de Maside, José Manuel Iglesias, explicou en COPE O Carballño os motivos que levaron ao concello a recomendar á veciñanza que se abstivese de consumir auga procedente da rede municipal de abastecemento.
O problema estivo no apagón eléctrico da pasada semana, o que motivou o estancamento da auga no principal depósito distribuidor do Outeiro Grande, e provocou que se alteráse un dos valores sanitarios. Un problema, dixo o alcalde, que xa está superado.
Ademáis, o rexedor municipal tamén contestou a varias preguntas da audiencia de COPE O Carballño, e valorou moi positivamente a entrevista do pasado venres co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na que ambos mandatarios acordaron reactivar o proxecto de erradicación do chabolismo na Fontela.
Escóitao aquí:

DENUNCIA INFORMATIVA - IMPORTANTÍSIMA
Que non leve a engano a ninguén o BANDO MUNICIPAL do día 2 de maio do Concello de Maside.
Pese a que na redacción se pode interpretar que a AUGA DO CONCELLO É APTA PARA CONSUMO E USO ALIMENTARIO o que quere decir o BANDO publicado é precisamente o contrario.
A auga do Concello de Maside PODE ser utilizada para CALQUER USO SALVO O USO ALIMENTARIO OU O CONSUMO DIRECTO xa que NON CUMPLE OS PARÁMETROS SANITARIOS que esixe o RD 3/2003, do 10 de Xaneiro.
Esperemos que o Concello se poña mans á obra para solucionar o tema e que a poder ser AVISE DUNHA MANEIRA MÁIS DIRECTA cando teñamos PROBLEMAS DESTE TIPO que AFECTAN Á SAUDE.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, presentou esta mañá o programa de vacacións familiares nas Residencias de Tempo Libre (RTL) autonómicas que se desenvolverá entre os meses de xullo e outubro nas instalacións do Carballiño e Nigrán. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará mañá esta convocatoria anual, á que as familias interesadas poderán presentar as súas solicitudes desde o día 8 ata o 21 de maio.
A conselleira detallou que neste 2025 ofértanse un total de 2.415 prazas, o que supón un total de 14.400 pernoitas nas residencias. Así o sinalou na súa visita á RTL do Carballiño na que estivo tamén acompañada do Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, do Delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e do tenente de alcalde, José Castro.
En concreto, a residencia do Carballiño ofertará 1.215 prazas e contará con dez quendas entre o 24 de xuño e o 2 de outubro. Pola súa banda, a residencia de Patos, en Nigrán, ofrecerá 1.200 prazas. A conselleira lembrou que o Goberno galego ampliou en 2023 as quendas ata o mes de outubro para que as familias con fillos maiores ou sen fillos poidan desfrutar tamén destas residencias. Ademais, antes da pandemia as quedas eran de entre nove e dez noites, e agora son de seis, co cal se poden beneficiar máis familias.
Como cada ano, as familias numerosas, monoparentais, acolledoras e de vítimas de violencia de xénero, contarán con acceso prioritario en todas as quendas. As solicitudes deberán realizarse por sede electrónica da Xunta e as tarifas terán prezos asequibles para as familias.

Venres, 9 no Auditorio
ás 20.00 / 22.30 h VOS CINE – “LA RED FANTASMA”
(Cineclub O Carballiño)
Sábado, 10 no Auditorio ás 20.00 h
TEATRO (reaOU - Rede Provincial de Auditorios)
“ESCANDALO´S” de A.C. ESTETA-ESCOLA DE TEATRO DE TABOADELA
Público: apta para tódolos públicos
Entrada: de balde
SINOPSE
Comedia reivindicativa. Despois do funeral da súa nai Escarlata e todos os traballadores do Escándalo´s Club, un cabaret atípico, deberán facer fronte a unha gran débeda se queren salvar o negocio. Sen embargo Valentino intentará por todos os medios separalos para facerse co local onde o seu xefe quere montar unha nova Macro Discoteca. A través de números de maxia, clown, actuacións musicais e drag queens entraremos no Escándalo´s, un lugar que reivindica a liberdade sexual, os corpos non normativos e que rompe con todos os estereotipos da sociedade enviando unha clara mensaxe ao público: "A niña vida é a que eu elixo, a que eu decido para min". Unha verdadeira historia que nos educa sobre a diversidade.
https://www.youtube.com/watch?v=AlPz1JmgjB8
Domingo, 11 no Auditorio ás 19.30 h
CONCERTO CARMELA
Rede de dinamización lingüística
Carmela é un proxecto musical que basea o seu repertorio na música de tradición oral galega, a través do canto e a percusión de man como elementos definitorios. Iniciando o traballo dende informantes e arquivos musicais, o obxectivo do proxecto é trasladar aos palcos a esencia destas melodías acompañadas dunha visión propia e actual, empregando non só criterios estéticos, senón outros vinculados coa análise musical e de contexto da música coa que se traballa, un achegamento que suma a investigación etnomusicolóxica coa interpretación e arranxo musical. Carmela utiliza a tradición como un ente flexible e moldeable que se adapta ao contexto musical actual a través de sons que viaxan dende as percusións ata referencias electrónicas. Un proxecto diferente no seu discurso tanto musical coma extramusical que posiciona a tradición oral e a perspectiva de xénero no centro.
Carmela é a visión musical da tradición oral de Carme López, proxecto que nace no 2022 subíndose aos palcos con diferentes propostas escénicas, e editando en novembro de 2024 o seu primeiro álbum: Vinde todas (editado coa discográfica Microscopi). A presentación deste disco confórmase cun directo en formato trío.
Carme López voz e percusións
Camille Hedouin electrónica e voces
Sara Méndez saxofón
https://www.youtube.com/watch?v=xgCD-daHSWI
https://youtu.be/lvAAwhFo7Io
Luns, 12 no Auditorio Manuel Manuel
ás 18.00 h RECITAL FIN DE GRAO do CMUS
Martes, 13 no Auditorio
ás 10.30 h e ás 12.00 h CAXOTO - UNHA NOITE NO MUÍÑO... (Servizo de Normalización Lingüística)
Público: 3º e 4º de EP
Duración: 60 min.
Sinopse: Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleitas e sementes, a malla, ir ao muíño moer... eran traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.
Neste espectáculo Caxoto fai un percorrido po esas tradicións cóntannos como se divertían as nosas avoas e avós e converte o escenario nun local de baile improvisado onde pasodobre, ... ao son dos nosos instrumentos: gaita, pandeireta, acordeón,... e quen sabe?... cun pouco de sorte incluso aprendamos a bailar unha sinxela muiñeira.
Venres, 16 (lugar e hora pendente de confirmar)
ACTUACIÓN DE PANDERETEIRAS – AS RISCADEIRAS DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO
Venres, 16 no Auditorio
ás 20.00 / 22.30 h VOS CINE – “PARTHENOPE”
(Cineclub O Carballiño)
Domingo, 18 no Auditorio ñas 18 h
TEATRO INFANTIL – COMEDIA (RGTA)
“Máis Saaabor!” de CULTURACTIVA
Público: infantil e familiar
Entrada: 3,50 €
Sinopse: Logo de 200 funcións con Saaabor! chega unha nova proposta cómica dirixida por Avelino González e protagonizada por Félix Rodríguez e Fran Rei sobre o mundo da gastronomía e a alimentación saudable. Máis Saaabor! mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. A nova cociña mundial abre o seu novo establecemento na vosa localidade e ides ter que probalo!
Un menú elaborado en directo coa participación do público digno dos maiores recoñecementos do mundo culinario.
https://www.youtube.com/watch?v=dKPtYXc-3xU
Luns, 19 no Auditorio ás 11.30 h
TEATRO (reaOU - Rede Povincial de Auditorios)
“MADE IN GALICIA” de SARABELA TEATRO
Público: 3º – 4º ESO e 1º BAC / Público en xeral
Entrada: de balde
Sinopse: Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non “resistiría” ningunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será de deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas… Fronte ao “es que no me sale”, “es que no se me da” “MADE IN GALIZA” é un convite á República Independente da nosa lingua. Non imos perdela nin en soños!
A obra de Sende (Padrón, 1972) abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove. O teatro feito emoción, sentimento, plasticidade, e confronto. Cada historia é diferente e está protagonizada por personaxes retranqueiros, combativos, tenros, cómicos e poéticos. Aguerrida defensa da lingua galega.
https://www.youtube.com/watch?v=GzFZIrmYWQ4
21 e 22 desde o anfiteatro da Vera Cruz ás 11.00 h
ROTEIRO MANUEL MARÍA – A.C. AVANTAR
Venres, 23 no Auditorio ás 21.00 h
MONÓLOGO de TOURIÑÁN – AQUÍ TOU! (M2 Producións)
https://vimeo.com/802981921
Sábado, 24 na tenda Ozoco GZ
FOLIADA DE AVANTAR
ás 18.30 h: presentación libro: Cantareiras de Icía Varela e Xosé Manuel Varela e obradoiro de pandeireta
ás 20.30 h: foliada
Sábado, 24 no Auditorio ás 18.30 h
MAXIA – SHADO CLEPTÓMAGO (Pares o Nones)
https://www.youtube.com/watch?v=FnLGr2hOh_8
Domingo, 25
de 10.00 h a 14.00 h
PON UNHA FOTO NA RÚA. LEMBRANZA DOS DECORADOS DO FOTÓGRAFO GABRIEL ALONOS “O POTIÑOS”
(A. C. O Potiños)
Domingo, 25 no Auditorio
ás 19.00 h CINE filmoteca – “PREFIRO CONDENARME”
(Cineclub O Carballiño)
Martes, 27 no Auditorio
a partir das 10.30 h MUSILANDIA. CMUS
Mércores, 28 no Auditorio a partir das 11.30 h
ESPECTÁCULO DAS CANTAREIRAS: “AXÚDAME A CANTAR”
LETRAS GALEGAS 2025. 75 ANIVERSARIO ED. GALAXIA
Duración: 50 minutos
Sinopse: Felisa Segade e Montse Rivera (fundadoras de Leilía, primeiro grupo que dá protagonismo á voz e á pandeireta nun escenario) afondarán neste espectáculo de canto, enfocado á campaña escolar, palabra e toque, no porqué destas cantigas, a súa creación, os momentos en que se cantaban, o papel que xogaban no día a día das nosas antepasadas.
Axudádeme a cantar é un encontro con xente moza que ten como obxectivo fundamental servir de ponte entre antano e hogano, poñendo en valor un patrimonio inmaterial que é parte da nosa historia e que debemos protexer e evitar que esmoreza, que caia no esquecemento.
En 2025 o Día das Letras Galegas está dedicado ao Cancioneiro popular galego e ás mulleres que crearon cantigas que se transmitiron de nais a fillas.
30 e 31 no Auditorio – consultar programa
II FESTIVAL DE PERCUSIÓN – CARBALLIÑO SOA
Entrada: de balde
Outras actividades
- MURAL CONMEMORATIVO “AS CANTAREIRAS E A POESÍA GALEGA ORAL” – LETRAS GALEGAS 2025
- EXPOSICIÓNS FOTOGRÁFICAS – A. F “O POTIÑOS”
POTIEXPO2025 – Casa do Concello
MIRADAS DE E. PARDO BAZAN - Casino
SOMBRAS – Casa Ramón (R/ Principal)
O RIO ARENTEIRO – Asador Veracruz
PREMIOS CONCURSO 2024 – Cafetería Plaza
INSPIRACIONS – Galería Ango
POTIEXPO23 – Manxares (R/ Calvo Sotelo)
OSEIRA – Balneario do Carballiño
FOTOS XOCIVIGA – Cafetería Amelie (Praza de San Ramón)
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »