27, Xullo 2025

O Concello do Carballiño organiza a Semana Grande para pequenos, unha proposta dirixida ao público familiar para desfrutar de actividades lúdicas ao aire libre. O programa, incluído na oferta cultural do verán, arranca este luns 28 de xullo, e remata o vindeiro venres, 1 de agosto.

Cada día, a partir das 18,30 horas, as familias poderán achegarse á Praza da Veracruz para desfrutar dunha divertida variedade de actividades. “Queremos que os nenos e nenas do Carballiño teñan o seu oco dentro da programación cultural do verán”, destaca Diego Fernández, concelleiro de Cultura.

Así, a Semana Grande inclúe inchables, espectáculos de maxia, música, festa da escuma e moitas sorpresas máis, das que desfrutará tanto a veciñanza coma os visitantes. “É unha semana especial pensada para que as familias se acheguen e se divirtan”, engade Fernández.

O concelleiro tamén destaca o lugar escollido para a Semana Grande, que non é outro que un dos puntos máis emblemáticos do Carballiño: a Praza da Veracruz. Por último, Fernández lanza un chamamento a todas as familias: “Que axenden estes días e desfruten da programación, que vai ser moi divertida”.

25, Xullo 2025

Boa Tarde. Son Elsa Martínez, veciña de Figueiroa de Punxín.

O motivo polo que me dirixo a vostedes é dar voz a gran frustación que temos os veciños desta aldea ante o agravante abandono do noso concello con nos. Durante anos, levamos reclamando dous problemas que para esta corporación local resultan parecer insignificantes. Un deles é o grave deterioro da carretera. Prácticamente intransitable debido os numerosos fochancos que cada ano son de maior profundidade e que abarcan dende ó acceso de barxelas a Figueiroa ata o final deste pobo. O que conleva o deterioro dos vehiculos que temos que transitar obrigatoriamente por ela. Algúns deles mesmo nos foxos.

É sabido que nas carreterar rurais, cando coincidimos 2 vehículos temos que poñernos na beira para poderes pasar ambos. Con fuchancos nos foxos ata podemos acabar rodando monte abaixo. Adxunto imaxes que non pensen son repetidas. Son as existentes en todo o tramo da carretera de Figueiroa. Cabe puntualizar que en época de choivas, a situación agrávase cada vez máis.

É tal o abandono de este concello neste lugar, que nunha nota informativa deste, dan a coñecer as melloras que se van facer na carretera nos tramos correspondentes de Vilela a Barxelas, ambos limítrofes con Figueiroa, e que non teñen ningún problema nelas. Nos escritos dirixidos en varias ocasións por este problema aplicouse o silenzo administrativo. Outro dos problems ós que fago referencia. é a existencia dunha colonia felina, tamén posto en coñecemento dende hai dous anos.

Sabemos que unha colonia felina pode propagar e transmitir enfermidades, atraer plagas... esto en canto o relativo a nós os humanos, nunha aldea donde predominamos xente maior. No que respeta ó bienestar animal: impacto na fauna silvestre, atropelos, maltratos, estrés e vulnerabilidade.... a Lei 7/2023 aborda a xestión de colonias felinas e gatos de rúa, recoñecéndoos como seres sentintes e suxeitos a protección. Dita lei establece que os concellos son os responsables da xestión destas colonias. Incluíndo a identificación, esterilización, vacinación e control sanitario dos gatos, mailo control poblacional mediante o método CER. A este segundo reclamo si me responderon... Que non había cartos.

Si esta corporación non ten a capacidade para abordar directamente este problema..non terá que transmitilo a un organismo que si a teña como órgano de goberno que é?. Espero que esta denuncia pública poida servir para darnos voz. Somos veciños dunha pequena aldea, pero pagamos tódolos impostos como calquer veciño dunha gran cidade.

Agradézolles de antemán a atención prestada. Reciban un cordial saúdo. 

P.D.: Exite un erro á hora de adxuntalas imaxes, é unha auténtica mágoa porque así non podedes percibir a gravidade do problema. Pero si me dicen unha dirección de correo electrónico ou whatssap, encantanda as envío. Grazas novamente.

25, Xullo 2025

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, xunto ao alcalde en Funcións Pepe Castro-Gil e o concelleiro de turismo Manolo Dacal, participaron no acto de celebración do Día da Emigración no concello do Carballiño, unha iniciativa enmarcada na programación da Festa do Pulpo e que serve coma homenaxe a un colectivo fundamental no desenvolvemento da nosa terra.

Durante a xornada, e antes do inicio do concerto da artista Lucía Pérez incluído no evento, Miranda fixo entrega dunha placa conmemorativa ao presidente do Centro Galego de México, Alfonso Martínez Lorenzo, en recoñecemento ao labor desta entidade centenaria, fundada inicialmente como Orfeón Galego en 1911, e que conta na actualidade con preto de 1.700 socios e socias, todos de orixe galega ou descendentes.

O secretario xeral puxo en valor o papel fundamental que xogou e segue a xogar a emigración na construción da identidade galega, así como o compromiso do Centro Galego de México na preservación e proxección da cultura propia en terras americanas. Precisamente, nesta aposta por reforzar os vínculos coas colectividades galegas no exterior, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, emprenderá mañá unha viaxe institucional a Arxentina e Chile con motivo da celebración do Día de Galicia co obxectivo de continuar afondando nas relacións con estas comunidades e informar sobre as políticas de retorno que promove a Xunta.

24, Xullo 2025

Aquí podes escoitar o programa emitido neste venres dia 24 de xullo desde o concello de Piñor.

23, Xullo 2025

A Xunta colabora na actuación de humanización de varías rúas do concello de San Cristovo de Cea, que suporá un investimento total de preto de 700.000€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto á directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, vén de asinar en San Caetano o convenio de colaboración co alcalde do concello ourensán, José Luis Valladares, para o financiamento conxuntamente das intervencións.

As obras, que contan cun prazo de execución estimado de 6 meses, teñen como obxectivo acometer o acondicionamento de rúas situadas na parte máis antiga da vila, que se atopan en estado de deterioro. De xeito, as intervencións proxectadas inclúen a demolición da soleira de formigón actual, a renovación do pavimento, a instalación dunha nova rede de saneamento e o soterramento de todo o tendido de cable aéreo das instalacións de electricidade, telecomunicacións e alumeado público.

Estas actuacións contribuirán á mellora da calidade de vida da veciñanza e tamén ao desenvolvemento económico dun núcleo rural do interior de Galicia, o que posibilitará a fixación de poboación.

Ademais, a renovación desta contorna favorecerá o funcionamento do comercio, da hostalaría e reforzará o pulo turístico que xa existe na localidade ao ser atravesada pola Vía da Prata do Camiño de Santiago e pola súa proximidade ao Mosteiro de Oseira.

De acordo ao convenio asinado hoxe, a Xunta asumirá o 70% do custe destas intervencións, O Goberno galego cofinanciará nun 70% estas intervencións, achegando un investimento de máis de 488.000€, contratará e executará as obras. O Concello de San Cristovo de Cea achegará o 30% restante do custe estimado das actuacións, uns 210.000 euros e realizará as xestións para posibilitar a execución das obras, e comprométese á conservación das actuacións que incorporará ao patrimonio público municipal.

23, Xullo 2025

Este armatostre leva 3 meses xa varado na rúa República Arxentina. Certo é que non ocupa praza de aparcamento ao estar diante dun vado pero non é moi saudable nin hixiénico. Estaría ben que o retirasen o antes posible.

22, Xullo 2025

O Concello do Carballiño dá o pistoletazo de saída da intensa programación da Festa do Pulpo 2025 este xoves 24 de xullo. Serán 20 días repletos de actividades culturais, musicais, gastronómicas e de confraternización nos que O Carballiño recibirá a miles de visitantes. A Festa do Pulpo convértese cada ano nunha celebración de encontro da emigración, que nestas datas regresa ás súas casas para desfrutar das vacacións, da familia e da terriña.

O Concello do Carballiño, en colaboración coa Secretaría de Emigración, impulsa este ano o Día do Emigrante, unha xornada de celebración e homenaxe a todos os veciños e veciñas que cruzaron o Atlántico en busca dun futuro mellor sen esquecer nunca as súas raíces. “É un día de agradecemento aos nosos emigrantes, sen os que O Carballiño non sería o que é”, explica Manuel Dacal, concelleiro de Turismo.

A xornada inclúe a entrega dunha placa a Alfonso Martínez, presidente do Centro Gallego de México, en recoñecemento da importante labor desta entidade, impulsada polos galegos emigrados no 1911, hai máis dun século. “A intención é homenaxear cada ano á comunidade emigrante galega dun país distinto”, detalla Dacal.

A celebración tamén conta cun pasarrúas moi especial, en honor á cultura mexicana. Así, os integrantes de Mariachi Juvenil Mi Tierra encherán coa súa alegre música as rúas da vila a partir das 20,00 horas.

O plato forte da xornada é o concerto da eurovisiva galega, Lucía Perez, quen actúa por primeira vez no Carballiño. “Parto das cancións do meu repertorio, pero mesturadas con cancións do folclore galego. É un concerto moi dinámico, estou rodeada de grandes músicos e imos a dalo todo!”, asegura a propia artista. O concerto, que terá lugar na Praza Maior, arranca ás 23,30 horas

22, Xullo 2025

Boas, alguén me podería decir a quen corresponde limpar as silvas e as herbas que saen polas  telas metálicas das fincas privadas  impidindo o paso polas beirarrús?. Xa esta ben de pensar que todo o ten que limpar o concello, hai cousas que son de sentido común, pero é moi doado botarlle a culpa ao Concello. Por favor,  obliguenlle os donos destes cierres a limpar ben .

Hai uns veciños na Avda de Compostela que teñen o cierre da sua finca con setos verdes e cada vez que os cortan,  deixan todo esparcido pola beirarrúa. E que non saben o que é unha vasoira nin un recolledor?. Que me perdonen,  pero eso non ten por  que varrelo o varrendeiro do Concello.

 

POR FAVOR, SOMOS ANIMALES CON CEREBRO , QUE SE NOTE.

 

 

21, Xullo 2025

O Concello do Carballiño colabora co Orfeón do Carballiño no XXXI Festival de Habaneras, unha das citas musicais máis queridas da programación estival. O Auditorio Manuel María acolle este sábado, 26 de xullo, as actuacións musicais de catro agrupacións: Coral Souto da Igrexa de Meirás (Sada), Coral Polifónica A Cañiza, Rondalla Alfaia de Cenlle e o propio Orfeón. O repertorio inclúe cancións habaneras e latinoamericanas, que recordan a música que trouxeron os moitos veciños da comarca que cruzaron o charco en busca dunha vida mellor.

En palabras de Diego Fernández, concelleiro de Cultura, esta data “homenaxea aos emigrantes e a cultura que foi e volveu, e tamén nos permite escoitar músicas doutros lugares sen movernos do Carballiño”. O edil puxo en valor esta mañá, durante a presentación do Festival, o traballo e esforzo levado a cabo polo Orfeón, que cada ano convida ás mellores corais. “Facemos un chamamento aos veciños para que vaian con tempo para poder coller sitio e desfrutar dunha xornada que xa forma parte da programación da Festa do Pulpo”, engadiu.

Pola súa parte, Rogelio Rodríguez, presidente do Orfeón, agradeceu a boa resposta da poboación, que cada ano “enche o auditorio”. Nesta trixésimo primeira edición, a organización homenaxeará ao músico e docente ourensán Carlos Núñez. Christian Casas, director do Orfeón, puxo en valor a traxectoria profesional de Núñez, así como a súa faceta de impulsor de eventos musicais como o Ourencanto.

Casas asegurou que as cancións interpretadas o sábado serán “fermosas” e adiantou que o Orfeón e a Rondalla Alfaia presentarán unha obra “moi especial, bonita e pegadiza”.
A entrada é gratuíta, polo que as entradas se adxudicarán en orde de chegada ao Auditorio.

21, Xullo 2025

Hoxe declara oficialmente e pola radio esa "organización" de tránsfugas de PSOE e enchufados que O Carballiño ten que condenar no pleno as supostas manifestacións racistas e xenófobas que percorren o Estado nestes días. Como bos ignorantes, balbucean que a inmigración é necesaria para manter os servizos públicos (cando só os precariza, inunda, degrada a educación, a sanidade, a seguridade etc) e CON TODA A CARA DO MUNDO afirman que se basean nos datos! 

Obviamente a un partido de enchufados e mediocres non se lle pode pedir capacidade de lectura,

Pero claro, cando a xente se manifesta, son racistas e malvados. 

Pero ademáis, se tanto queredes aos inmigrantes, porqué os condenades a ser os vosos escravos nos vosos negocios, fábricas, campos etc? Porque os queredes como meros servos, malpagados, esfameados, vivindo en infravivendas, como servintes que vos limpen o cú. Decideo claro, non  queredes traballadores, queredes escravos que fagan o que queirades por 4 duros, ese é o motivo real da inmigración tercermundista, e por eso están tanto os socialistas e comunistas a favor de ela como os empresarios, o PP e ata a Igrexa Católica. Queredes escravos, e nin nós  nos merecemos a destrucción da nosa sociedade occidental supostamente desenvolvida nin eles, os inmigrantes merecen ser os servos de preas coma vos que AÍNDA por riba din defendelos!!  

E moitos diredes, ¿Pero sen inmigrantes quen me vai coidar, quen me vai recoller as uvas ou os tomates, quen me vai limpar as rúas? Pois mirade, eso mismo dixeron no sur dos EE.UU. na década de 1860, sen escravos quen me vai recoller o algodón? Pois unha máquina, porque cando deixas a unha sociedade desenvolverse sen empregos PRECARIOS, a investigación e o desenvolvemento das sociedades fai milagres como o foron o tractor, a IA, os robots, as hidrolavadoras etc. Non necesitamos inmigrantes e eles non nos necesitan a nós. Un señor de Mali, de Colombia, da India ou de Burkina Faso non necesita  malvivir nun piso de alquiler con outros 6 inmigrantes máis. 

Xa está ben de ESCLAVISTAS!

 

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS