
O Grupo Provincial Socialista presentou hoxe en Pereiro de Aguiar unha moción a debater este vindeiro venres no pleno da Deputación, na que esixe a elaboración dun plan estratéxico provincial de servizos sociais, reforce o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e inste á Xunta a cumprir coas súas obrigas legais na materia.
O voceiro socialista, Álvaro Vila Araújo, estivo acompañado na presentación por deputados provinciais e concelleiras de Pereiro de Aguiar no Centro de Actividades para Maiores dos Gozos. Durante a presentación, o dirixente socialista denunciou que o SAF constitúe un piar fundamental no sistema de atención á dependencia en Galicia, pero que nos últimos anos “transformouse nunha carga económica insostible para os municipios galegos, nomeadamente para os máis pequenos, que son a maioría na provincia de Ourense”. Segundo a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), os concellos ourensáns asumen case o 30% do custo do SAF con recursos propios, mentres a Xunta de Galicia só cobre pouco máis dun cuarto, malia ter a competencia exclusiva en servizos sociais.
"Fronte a desidia e o desleixo do goberno galego do Partido Popular, os concellos están asumindo custes que non lles corresponden. Cargas económicas impropias que afogan aos concellos para prestar un servizo clave, nunha das provincias máis envellecidas do estado", denunciou o secretario provincial do PSdeG-PSOE. "Transcorridos 16 anos desde a aprobación da Lei de Servizos Sociais de Galicia, a comunidade segue sen contar sequera co seu primeiro plan estratéxico, mentres que outras rexións contan con plans vixentes e actualizados", destacou.
Rol proactivo da Deputación para non quedar atrás
O voceiro socialista fixo fincapé en que “fronte á inacción da Xunta de Galicia, outras deputacións provinciais están a asumir un rol activo na planificación e financiamento dos servizos sociais comunitarios”. Neste senso, lembrou como no país temos os exemplos da Deputación da Coruña elaborou o seu propio Plan de Acción de Servizos Sociais, destinando en 2025 8,7 millóns de euros para financiar máis de 372.000 horas de SAF e contratar 180 profesionais, ou da Deputación de Lugo, que acordou neste pasado exercicio 3,3 millóns de euros ao SAF para municipios.
"É imprescindible que a Deputación de Ourense asuma un papel máis activo e ambicioso na planificación e financiamento dos servizos sociais. Cremos que as boas prácticas doutros entes provinciais no SAF poden servir tamén para a nosa provincia e rematar deste xeito cunha carga cada vez máis insoportable en termos económicos para os concellos da provincia de Ourense", afirmou o voceiro do Grupo Provincial Socialista. “O SAF é esencial e os nosos maiores ben merecen un servizo digno e de calidade", concluíu Vila.

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe ao partido de fútbol Maside-Nogueira de Ramuín (encontro da liga 1ª Galicia Futgal), onde puxo en valor as recentes obras do campo Outeiro Grande, cunha instalación de céspede artificial e unha iluminación renovada, grazas ao investimento de 250.000 euros.
Menor asegurou que o céspede, xunto a reforma de vestiarios, “vai marcar un antes e un despois” para o que no seu momento foi un dos primeiros campos da provincia en ser de herba artificial, o de Maside.
No mesmo acto (na foto) tamén participaron o alcalde de Maside José Manuel Iglesias e o delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo.
Ambientar as calles esta ben, con música tamén, perooo...
Non se podera variar o repertorio en vez de todos os dias o mesmo en bucle. Imos aprender as cancions de memoria, e o peor, acabar tolos de escoitar o mesmo, ainda que, o de sempre o mesmo vai moito coneste concello.
E veña "mi burrito sabanero".... que pouca ilusión polo que se fai...

A Concellería de Cultura do Carballiño propón un menú de teatro, maxia e humor para desfrutar da fin de semana sen saír da vila.
O Nadal Cultural, que arrancou nos primeiros días de decembro, traerá ao Carballiño máis dunha trintena de actividades para maiores e pequenos. Nesta fin de semana, a oferta inclúe a obra teatral “Viaje al profundo norte”, de Teatro del Norte, e o espectáculo “Retranca… e maxia” do mago Luis Boyano. “Animamos á veciñanza da comarca a desfrutar da proposta cultural e a aproveitar para pasear polo Carballiño, desfrutar da nosa hostalaría e facer aquí as súas compras”, convida Diego Fernández, concelleiro de Cultura.
O sábado será a quenda de Teatro del Norte, que presentarán ás 20,00 horas no Auditorio Municipal a peza “Viaje al profundo norte”. Trátase dunha obra creada en 1987 e que neste 2025, cando a compañía cumpre 40 anos, volve aos escenarios cunha renovada proposta. Os personaxes reflexionan sobre o paso do tempo, o pasado que non volverá e os sentimentos que aparecen na vellez, como a soidade ou o medo. A entrada ten un custe de 8 euros e poderase adquirir na taquilla do Auditorio.
O coñecido mago Luis Boyano, pola súa parte, actuará no Auditorio Municipal o domingo, ás 19,00 horas, co seu espectáculo “Retranca… e maxia”, incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios. O artista, moi querido no Carballiño, presenta un show para público de todas as idades onde se misturan a maxia, a sorpresa e o humor para deixar ao público sen fala. As entradas pódense adquirir na taquilla do Auditorio por 5 euros.
Dia da Bici no Carballiño
O Concello do Carballiño impulsa este domingo o XX Día da Bici en colaboración con +Deporte La Región, ximnasio Korpore e club ciclista Carballiño Sobre Rodas. A actividade, gratuíta, está dirixida a poboación de todas as idades co obxectivo de desfrutar dunha xornada familiar, deportiva e divertida, na que haberá agasallos, sorpresas e animación musical.
“Este ano fixemos algúns cambios, temos tres carreiras diferentes por idades, pensadas para os máis pequenos, os rapaces e os adultos”, detalla José Castro, concelleiro de Deportes. As tres probas comezan ás 11,30 horas na Praza da Veracruz.
A carreira dos máis pequenos realizarase dentro do entorno da Veracruz; a dos rapaces (ou adultos que prefiran un percorrido máis curto) é de 4 kilómetros, con volta polo Parque Municipal, e a máis longa, de 8 kilómetros, chega a Mesego e regresa. “Quitamos a subida ao Chamoso e faremos unha volta arredor da Residencia de Tempo Libre”, indicou José Castro.
A inscrición, que permite acceder ao sorteo, pode realizarse a través da páxina Press Club La Región ou na propia Veracruz antes da saída. Porén, a participación é aberta a toda a poboación.

Nova entrega da tertulia dos venres en COPE O Carballiño, a deste 12 de decembro de 2025, desta vez con Fátima Gómez, Manuel Nogueira, Gonzalo Rodríguez e Sebas Lamazares.
Presenta e modera, Xan Pinal. Escóitaa aquí:
Seica os do PP din que o servizo de Correos é precario no Carballiño e resto da comarca. A boas horas se dan conta. No Carballiño so abren a oficina pola mañá. Nos 40 anos que teño de vida non recordo vela aberta polas tardes. Suprimiron fai uns anos a atención os sábados que tanto usabamos os que traballamos para recoller os certificados. Eso no Carballiño. Fora a situación é mais dantesca. En Maside por exemplo so atenden na oficina dúas horas ao día. E noutros concellos da comarca a situación é aínda peor. Deberiamos unirnos todos e reclamar un mellor servizo publico postal.

A Asociación O Carballiño Centro Comercial Aberto (Carballiño CCA) presentou a súa campaña de Nadal máis ambiciosa ata o de agora: “En Nadal Carballiño CCA ten premio!”, que se desenvolverá do 11 ao 30 de decembro. Trátase dunha iniciativa pensada para dinamizar o comercio local, atraer clientes á vila e ofrecer propostas de ocio, diversión e ilusión para todas as idades durante as festas de Nadal.
Segundo explican desde a directiva do CCA, “esta campaña supón un impulso ao comercio de proximidade nun período clave de consumo; apostamos por accións que combinen promoción comercial, participación cidadá e actividades familiares para encher as rúas e escaparates de maxia e vida”.
Sorteo con 4.000 € en vales de compra
Un dos grandes atractivos da campaña será o sorteo de 4.000 € en vales de compra, repartidos da seguinte maneira:
1 premio de 1.000 € 1 premio de 500 2 premios de 250 €
10 premios de 100 € 20 premios de 50 €
Os clientes que realicen as súas compras nos establecementos asociados ao Carballiño CCA recibirán papeletas de participación por cada compra realiada nos establecementos adherisdos á campaña.
O gran sorteo celebrarase o 30 de decembro ás 21:00 h na Praza Maior, nun acto aberto ao público que estará acompañado dunha gran festa de Nadal con chocolatada para todos os asistentes.
Actividades con Papá Noel e dinamización de rúa
Como parte da programación festiva, Carballiño CCA organizou a visita de Papá Noel, que estacionará o seu tranvía na Pista Roxa o 22 de decembro (11:30–13:30 / 17:00–20:30) e posteriormente na Praza Maior os días 23 (11:30–13:30 / 17:00–20:30) e 24 de decembro (11:30–13:30), para recibir as cartas dos máis pequenos e repartir ilusión e sorpresas.
Ademais, todos os establecementos asociados recibirán un elemento decorativo especial para as súas portas, co que se busca crear un ambiente festivo uniforme por toda a vila e felicitar as festas aos clientes que visiten os comercios locais.
Un Nadal cheo de vida e ilusión
O presidente do Carballiño CCA, Julián Garriga, salientou que “o obxectivo desta campaña é enchernos de actividade, de vida nas rúas e apoiar ao noso comercio local nun momento fundamental, como é o período de Nadal, no que as familias e veciños buscan experiencias e produtos únicos no seu entorno máis próximo”.
Pola súa banda, Noelia Mares, xerente da asociación, engadiu que “deseñamos esta campaña para recoñecer a fidelidade de quen aposta polo consumo local, e tamén para ofrecer propostas de lecer e diversión para as familias, facendo destas datas unhas verdadeiras festas en Carballiño”.
Cofinanciación e colaboración
A campaña conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a colaboración do Concello de O Carballiño e coa implicación dos propios establecementos asociados, que fan posible unha programación diversa e participativa para toda a poboación.
O Carballiño CCA anima a todos os veciños e visitantes a participar, desfrutar das actividades e apoiar o comercio de proximidade, facendo que o Nadal na vila sexa un tempo de encontro, ilusión e consumo responsable.

A área de Normalización Lingüística do Concello do Carballiño, en colaboración coa Concellería de Comercio, impulsa este Nadal unha campaña de compras no comercio local a través de frases en galego. Deste xeito, repartiranse entre os establecementos do municipio 2.000 autocolantes con temática de Nadal e cunha inscrición en lingua galega para que os comerciantes os poidan colocar nos paquetes de agasallos das festas.
A campaña pretende impulsar a presenza social do galego, achegándoo a espazos de uso habitual e grande visibilidade como os establecementos comerciais. “É un xeito de normalizar o emprego da lingua en situacións cotiás para que tanto a veciñanza como os visitantes perciban o galego como unha lingua útil, moderna e plenamente incorporada á actividade económica”, detalla Lorena Castro, concelleira de Educación.
“Tamén é unha campaña que apoia ao comercio de proximidade, xa que lle ofrecemos ferramentas atractivas para mellorar a presentación dos seus produtos nunha época de moita actividade como é o Nadal”, explica Diana González, edila de Comercio.
Aqueles comerciantes interesados en sumarse á campaña poden recoller os autocolantes ata fin de existencias nas oficinas de Normalización Lingüística no segundo andar da Casa Consistorial (en horario de 9,00 a 14,00 horas). Os establecementos adheridos ao CCA Carballiño poden solicitarllos á xerencia da entidade comercial, quen se encargará de repartilos entre os asociados.
Os do PP preocupalles agora que non haxa carteiros, non hai nin autobuses e acordanlles agora os carteiros. Vaia trapallada de xente

A primeira hora desta tarde de martes a Garda Civil informou o achádego do cadáver de Manuela Conde, a muller veciña de Casfigueiro no concello de Piñor e de 73 anos de idade, que levaba desaparecida desde o pasado dia 16 de novembro no lugar de Rubillón, no concello de Avión, onde se encontraba de visita familiar.
A Garda Civil de Beariz ven de confirmar que o cadáver encontrado esta mañá é o desta muller. Foi o seu fillo quen a localizou nunha paraxe montañosa nas inmediacións la localidade de Acevedo, no mesmo concello de Avíón.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »