
O salón de actos do Aparthotel Arenteiro do Carballiño acolleu a Xuntanza Galega de Espazo Común, primeira que celebra este ano e coa vista posta no horizonte electoral de 2027, ano no que terán lugar as eleccións municipais e nas que a formación liderada por Pachi Vázquez quere dar batalla na meirande parte dos concellos galegos.
Desde espazo Común destacan a "ampla participación tanto de público como a calidade dos intervintes remataron por compoñer un acto de enorme valor para tentar cumplir cos obxectivos marcados pola dirección do partido: analizar a situación política da Galicia actual e futura, coñecer o punto de vista doutros partidos independentes e facer un diagnóstico sobre o camiño a seguir pola nosa formación".
Abríu a xornada unha intervención do voceiro no Carballiño, Adolfo Nogueira, para continuar cunha mesa na que interviron Xosé Antonio Ventoso (exalcalde de Ribeira), Xosé Mosquera (histórico do galeguismo ourensán, de Cea) José Juan Santos (de Unidade Local), Francisco Lorenzo (de Democracia Ourensana), Manuel Martínez (de Galicia Sempre) e Francisco Fraga (de Espazo Común).
As conclusións "foron altamente positivas e todos coincidiron nas virtudes e necesidade da existencia de formacións que planten cara aos partidos de sempre, que arelan suprimir calquer tentativa de facerlles sombra".
Nunha segunda mesa, representantes de Espazo Común das catro provincias, analizaron a situación actual e a folla de ruta "para chegar cada día a máis galegos e ampliar as fronteiras coa presenza na meirande parte dos concellos de comunidade autónoma nas municipais do 2027".
Para pechar o acto, o presidente do partido, Pachi Vázquez, fixo unha intervención na que animou aos asistentes "a traballar arreo, alonxándose dos modelos tradicionais e desgastados de formacións políticas que non son nin queren ser a resposta ao que a cidadanía precisa".

O presidente do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, pediu aos populares do Carballiño un “compromiso intenso” de traballo que permita sentar as bases dun partido que ofreza “un proxecto político ilusionante” á cidadanía.
Luis Menor trasladou esta mensaxe logo de asistir á constitución da xestora local do PP do Carballiño, que preside desde agora Jaime Pérez, logo da aprobación o pasado martes por parte do Comité Executivo provincial da posta en marcha deste órgano provisorio.
O labor de organización do partido, apuntou o presidente provincial, tamén será beneficioso para o grupo municipal, “porque os máis de 14.000 habitantes do concello, o segundo municipio con maior poboación da provincia, merecen a nosa máxima atención”. Para pilotar esta nova etapa, engadiu Menor, “confiamos o traballo a un home con ampla experiencia no partido, mesmo no labor municipal”, que contará cun numeroso equipo “ao que lle pide apoio absoluto para afianzar a nosas siglas”.
Pola súa bande, Jaime Pérez asume esta nova responsabilidade cun obxectivo ben definido: “Contribuír a que o PP do Carballiño sexa aínda máis forte”. Baixo esta premisa vai procurar a incorporación de máis cidadáns e consolidar o partido.
Cunha traxectoria profesional vinculada ao mundo da empresa, Jaime Pérez Álvarez (O Carballiño, 1975) pertence á agrupación local dos popular desde hai 15 anos, aínda que con anterioridade xa fora concelleiro no mandato 2003-2007.

Seguimos esperando a que ocurra unha desgracia á altura do N°59 da Rúa Curros Enríquez.

Na tertulia de COPE O Carballiño deste venres 25 de abril participan Sebas Lamazares, Fátima Gómez, José Antonio Barge e Manuel Nogueira, xunto a Xan Pinal.
Escóitaa aquí:
Resulta moi chamativo que unha carretera que levan anos e anos sin mirar para ela, tras queixarse a oposicion, do PSOE neste caso, o mércores, o xoves xa se anuncie por parte do goberno do PP que se van a acometer melloras nesa estrada por valor de 72.000€, mediante rego asfaltico, ou o que e o mesmo, botar gravilla, que estas alturas xa se sabe o resultado que ven dando, e mais co que chove na nosa Galicia querida.
Por outra banda, tampouco se sinalan plazos para acometer ditas melloras, polo que seguramente a cousa vai ir para largo, as melloras acabaranse facendo (e menos mal, porque aquelo esta que parece que pasou un bombardeo) pero non vai ser algo rápido, se alguen o pensaba.
Fai unhas semanas a rúa Tomás María Mosquera estaba por completo ás escuras de noite, xa que no había unha soa farola encendida. Seica alguén debeu tomar nota deste despropósito e procederon a arranxar o problema. Este arranxo non foi do todo satisafactorio, pois ao inicio desta rúa (o cruce da rúa Rosalía de Castro coa Praza Maior) hai unha farola que non funciona deixando as escuras o inicio desta céntrica rúa da nosa vila polo que sería necesario que alguén arranxase este problema. Supoño que a cousa non será grave, pois esta farola debe ter a bombilla fundida. Espero que tras esta petición poidan solventar este problema e devolverlle a esta rúa a súa luminosidade.

Sobre as obras da rúa Ourense. En todas as cidades a tendencia é reducir as illas de calor e aquí cambiamos árbores por garabullos con follas.
Tras una conversación telefónica con el Servicio Estatal de Conservación de Carreteras, en el dia de hoy he puesto en conocimento de este departamnto y con la petición de que sea investigado y elevado a las instancias que corresponda, el dudoso servicio que están prestando las empresas privadas a las que se concedió el "mantenimiento de carreteras" y que venimos observando desde el año 2012 cuando suponemos que se privatizó dicho servicio.
Básicamente el problema consiste en que estas empresas han descubierto un filón de negocio vendiendo la madera, frondosas y coníferas, a empresas que negocian con madera para su trituración y transformación en pellets y otras finalidades. El camión que vimos en el día de ayer así lo acredita.
La primera consideración es que, en aras de velar por la seguridad de las carreteras, se debería tener en cuenta que las frondosas no solo detienen lo incendios y dan estabilidad a las laderas, como impiden el crecimiento de sotobosque inflamable y permiten la visión del bosque en el caso de que algún animal esté prestes a cruzar la carretera.
La segunda es que. mientras este servicio dependía del propio ministerio y era realizado por funcionarios, nadie tuvo la "idea" de negociar con árboles que deberían ser talados por motivos de seguridad. Actualmente las empresas contratadas cortan sistemáticamente y cargan directamente en trailers todos los árboles de los margenes excediendo incluso la zona de dominio público. Es decir están priorizando el negocio de vender madera sobre el interés mayor que debería ser la seguridad en las carreteas, seguridad que están perjudicando con estas actuaciones.
La tercera es que esas fincas y los árboles que contienen deberían tener como propietario preferente de sus bienes a los dueños de las fincas que lindan con las carreteras. Con tal motivo, caso fuera realmente "necesario" talar algún árbol (y siempre evitando en lo posible este tipo de intervención por los motivos ya expuestos) se debería avisar al dueño de la finca para que, en un plazo razonable, pueda retirar la madera cortada y caso no lo haga, entonces sí podría ser retirada por la empresa. La tala directa y carga inmediata de estos árboles sin aviso previo y sin dar la oportunidad a los dueños de las fincas que también necesitan dicha madera solo tiende a fomentar un negocio indecente por parte de las empresas concesionarias y que prioricen el negocio de vender esta madera por delante de la seguridad de las carreteras, seguridad que comprometen con estas actuaciones.
Remitimos enlaces con nuestra web y las muestras obscenas de que dicho negocio se está llevando a cabo. Unas intervenciones que nunca se produjeron cuando el servicio era prestado por organismos oficiales. Un negocio que seguramente mueve millones de euros y que ha llevado a la tala indiscriminada de cientos de miles de árboles sanas y centenarias en los muchos kilómetros de carreteras al cargo de estos comerciantes, cuya actuación de manera impune y claramente interesada también siembra dudas sobre quienes, desde los organismos oficiales, deben fiscalizar y verificar sus actuaciones.
Atentamente
Julio Fernández González. Punxín.
Os socialistas de Boborás alertan do cada vez peor estado desta estrada, que adolece
dunha grave falta de mantemento, máis alá de pequenos remendos puntuais que
non solucionan nada.
O malestar dos veciños e grande, chegando en días pasados a realizar numerosas
pintadas nos puntos máis deteriorados, cun dobre obxetivo, advertir a conductores
que circulan pola zona e a súa vez mostrar o seu cansancio polo lamentable estado
do firme, nelas podiase leer, ´´ Esta carretera pide arreglo ¨.
Non e o único lugar do municipio onde as estradas presentan graves deficiencias,
sendo especialmente preocupante o seu estado en Borraxas, así coma na Fenteira,
ambos na parroquia de Feás,ademais da estrada que vai de Saa a Beresmo.
Os socialistas de Boborás consideran que a estrada e un auténtico perigo para os
conductores, que intentan esquivar as innumerables fochancas, ademais de para os
vehículos, que sofren danos nos neumáticos, suspensión ou amortiguadores entre
outros, podendo ter que o Concello asumir a responsabilidade civil subsidiaria polo
mal estado da vía.
Por todo isto dende o PSdeG-PSOE de Boborás demandan unha reparación integral
da vía que dea resposta as demandas da veciñanza e solventen de xeito definitivo
esta problematica, que co paso do tempo non fai mais que agravarse

O Comité Executivo do Partido Popular na provincia de Ourense, baixo a presidencia de Luis Menor, ven de acordar a constitución dunha nova xestora do PP no Carballiño, á fronte da que estará Jaime Pérez Álvarez.
O novo responsable local dos populares, é empresario, e forma parte da agrupación local do PP no Carballiño desde hai 15 anos, e tamén exerceu tempo atrás como concelleiro da Corporación Municipal carballñesa.
Pérez substitúe á fronte dos populares carballiñeses a Argimiro Marnotes, actúal deputado no Parlamento de Galicia.
Na nova xestora do PP do Carballiño, xunto ao novo presidente, figura como secretaria Maria Elvira Torres González, que exerce na actualidade como concelleira de medio ambiente do goberno municipal. Tamén se integran na xestora os outros catro concelleiros que ten o Partido Popular na corporación carballiñesa, Pepe Castro-Gil, Diana González, Lorena Castro e Miguel Fernández.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »